miércoles, 28 de junio de 2023

ADRIÁN MARTÍNEZ NOVO ADESTRADOR DO PRIMEIRO EQUIPO

Adrián Martínez
Adrián Martínez Amador (Ferrol, 1988) será o adestrador do primeiro equipo do Cultural Maniños para a esixente tempada 2023/24. Adrián compatibilizou as facetas de xogador do primeiro equipo do Galicia de Mugardos coa de adestrador do seu filial. Co remate da presente tempada, Adrián aposta por colga-las botas e centrarse só na tarefa de adestrador cambiando de Club para dirixir aos brancos na Primeira Galicia.

A súa traxectoria deportiva comeza desde moi pequeno cando entra a formar parte do desaparecido Narón Balompé Piñeiros. Vai ascendendo nas súas diferentes categorías ata Cadetes de 2.º ano para da-lo salto á liga Galega da man do Meirás CF onde permanece tamén na súa etapa xuvenil combinando Liga Galega con liga Local e xa entrando nalgunhas convocatorias en modestos. Segue no Meirás CF xa en modestos sendo no seu primeiro ano senior campión de liga de 2.ª Galicia. Descenso na seguinte tempada a 2.ª e un meritorio 4.º posto en 2.ª Galicia na súa última tempada cos verdes do Misael PrietoSalto a Preferente na seguinte tempada asinando co Galicia de Mugardos onde permanece 1 tempada marchando á SD O Val durante 2 tempadas para posteriomente voltar ás orixes asinando co Narón Balompé Piñeiros.  En 2014 volta ao Galicia de Mugardos onde permaneceu ata esta tempada 2022/23 e onde competiu en Preferente, cun par de anos en Primeira Galicia facendo historia cos mugardeses co ascenso a Terceira División (2014/15) e competindo cos verdes no que hoxe é 3.ª Federación na 2015/16. Nas derradeiras tempadas Adrián foi o Capitán do Galicia de Mugardos.

O aspecto de adestrador vénlle de lonxe xa que en 2010 xa era posuidor do Nivel 1 (dende 2017 ten o Nivel 3). A súa primeira experiencia nos bancos foi na tempada 2015/16 nos alevíns do Galicia de Mugardos para as seguintes 3 tempadas dirixir ao xuvenil verde (2016/17 -2017/18 - 2018/19), un ano sen adestrar (2019/20), chegou a pandemia e á volta faise cargo do filial dos mugardeses (2021/22 e 2022/23) onde nesta última tempada clasifícase para a fase de ascenso a Primeira Galicia e é eliminado en semifinais polo equipo que a fin e ao cabo logrou o ascenso como é o Sporting Meicende. Unha traxectoria plenamente vinculada ao equipo da Pedreira.

E agora chega ao Cultural Maniños a achega-los seus coñecementos e traballar na consolidación do equipo en Primeira Galicia. Un adestrador novo e con moitas ganas de seguir dando pasos na súa carreira de adestrador.

Adrián benvido a Maniños!!!

GO MANIÑOS