jueves, 29 de enero de 2026

NOVAS DATAS DOS PARTIDOS ADIADOS POLA SUSPENSIÓN DO (23-24) XANEIRO

Xa empezamos a ter datas dos 8 partidos adiados da xornada do (23-24) de xaneiro. 

Como ben sabedes foron no caso do noso club 8 partidos adiados e xa temos duas datas marcadas.

CADETES
Aproveitando que neste fin de seman non había xornada se recupera integramente a mesma, entón os nosos recibiran ao SD Portuarios "B" o próximo sábado 31 as 12:30 H no Pote.

PREBENXAMÍNS
A data fixada para recuperar o encontro será o próximo martes 3 de febreiro as 18:00 H no Pote e os nosos rapaces recibirán aos seús amigos da SDR Canido.

Seguiremos informando...

GO MANIÑOS

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (30-31) XANEIRO E (1) FEBREIRO

 

lunes, 26 de enero de 2026

RECOÑECEMENTO E APOIO A ÁNGEL NO PARTIDO FRENTE O CIDADE DE RIBEIRA

Antes do inicio do encontro, O Pote viviu un momento moi especial. O equipo e a afección quixeron render homenaxe a nuestro Ángel, lesionado recentemente, enviándolle todo o ánimo e forza posible. 
Moito máis que fútbol, Agardamos por ti!!! 

Volverás máis forte, Ángel !!! 

CARA E CRUZ PARA OS EQUIPOS SENIOR DO CLUB QUE PUIDERON XOGAR

Segunda División – Feminino

Corme CF 4 – 0 Cultural Maniños


Desprazamento complicado para a
Cultural Maniños Feminino nun campo sempre esixente. O equipo tentou competir, manter a orde e non perder a cara ao partido, pero o Corme CF estivo máis acertado nas áreas.

Toca aprender, seguir traballando xuntas e non baixar os brazos. Este equipo ten futuro e camiño por diante.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www,radiofusion,gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

C.D. Estrella Solaina 0 – 4 Cultural Maniños


Gran partido do filial da
Cultural Maniños a domicilio. Equipo serio, sólido atrás e moi efectivo en ataque para dominar o encontro de principio a fin. 

Vitoria clara, traballada e moi merecida que reforza a confianza e o bo camiño do grupo.

Seguimos xuntos, seguimos traballando, seguimos crendo.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www,radiofusion,gal, preme aquí

GO MANIÑOS

TRES PUNTOS BALSÁMICOS DOS MODESTOS ANTE O CIDADE DE RIBEIRA

Antes do inicio do encontro, O Pote viviu un momento moi especial. O equipo e a afección quixeron render homenaxe a Ángel, lesionado recentemente, enviándolle todo o ánimo e forza posible. Moito máis que fútbol. Volverás máis forte, Ángel.

O partido comezou cun Cidade de Ribeira decidido a mandar e impor o seu ritmo desde o primeiro minuto, pero a Cultural Maniños, ben colocada e paciente, soubo aguantar e esperar o seu momento. Co paso dos minutos, especialmente a partir do 20’, os de O Pote foron gañando terreo e controlando o xogo, volcándoo cara ao campo rival e sorprendendo a un Ribeira que empezaba a sufrir. E así no minuto 35 Julian Pardo abre o marcador tras un córner sacado por Miragaya e prolongado por Agras o segundo pau. Pouco despóis cae o (2-0), De novo Julian Pardo, culminando unha gran xogada pola dereita de Santi. Centro ao segundo pau donde Marcos cede ao medio da área e Julian empurra á rede.


Chegábase ao descanso cun (2-0) no marcador e moi boas sensacións
. O equipo estaba cómodo, serio e con todo de cara.

A segunda metade comezou torcida para os de casa coa expulsión, moi rigorosa, de Miragaya. Tocou reordenarse e sufrir. O Ribeira aproveitou a superioridade numérica e deu un paso adiante, metendo atrás aos maniñeses e chegou no minuto 62 o (2-1). O conxunto visitante recortaba distancias e o partido entraba nun tramo de máxima tensión. A partir de aí, defensa numantina, solidariedade colectiva e un Mateo decisivo baixo paus permitiron á Cultural resistir ata o asubío final.

Tres puntos de ouro para seguir crendo...

O Pote volveu empuxar...

Seguimos!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (23-24-25) XANEIRO

FEMININO (X18): Corme CF 4 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X03): CD Estrella A Solaina 0 - Cultural Maniños 4 (Mathias (2), Gianni e Marcos)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X19):  Cultural Maniños 2 (Julián (2)) - Cidade Ribeira CF 1

NOTA:
RESTO DE PARTIDOS ADIADOS POLA RFGF POLAS ADVERSAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS

martes, 20 de enero de 2026

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (23-24-25) XANEIRO

NOVA CONVOCATORIA NAS SUB 13 CON NOVEDADES

A semana pasada falábamos de Carmen Bermúdez e Eimy Fernández foran convocadas pola Selección SUB 13, nesta ocasíon súmase aos adestramentos da másculina, Ángel Mesa. Un moi merecido recoñocemento para o noso porteiro de infantís.

A disfrutalo !!!

lunes, 19 de enero de 2026

DUAS VICTORIAS E UNA DERROTA COMO BALANCE DO RESTO DE EQUIPOS SENIORS DO CLUB

Segunda División – Feminino

Cultural Maniños 0 – 2 S.D.C. San Lázaro


As nosas competiron con orde e intensidade durante boa parte do encontro, pero o San Lázaro aproveitou mellor as súas ocasións . Resultado que a pesar do negativo non empaña o traballo nin a actitude dun equipo que segue medrando xornada a xornada.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

Cultural Maniños 3 – 2 A.D.C. Moeche


Partido moi igualado e de moita intensidade. O filial soubo manter a calma nos momentos clave e amosou carácter para pechar unha vitoria importante nun encontro esixente ata o final.
 
 Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
 
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
  

Terceira Futgal – Veteranos

Cultural Maniños 4 – 1 Hércules S.D.


Bo partido do conxunto veterano, serio e efectivo. A pesar de recibir un gol no minuto 1, o equipo marcou non perdeu o foco e soubo xestionar o encontro con bo xogo e contundencia, sumando tres puntos con autoridade.

Seguimos competindo con ilusión. 
 
 Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí 

GO MANIÑOS

DERROTA POLA MÍNIMA EN ÓRDENES NUN PARTIDO MOI IGUALADO

Partido moi igualado o disputado en Órdes, deses encontros nos que, máis alá do xogo, a dinámica acaba sendo decisiva.

O equipo local iniciou mellor o choque, levando a iniciativa nos primeiros compases e achegándose con algo máis de presenza ofensiva, aínda que sen xerar ocasións excesivamente claras. Nunha acción da primeira metade, os de Ordes conseguiron adiantarse no marcador por medio de Pablo Mouriño (29’).

A partir de aí, a Cultural Maniños soubo recompoñerse e co paso dos minutos foi equilibrando o xogo, medrando co balón e convertendo o encontro nun duelo de ti a ti.

Tras o descanso, o ritmo aumentou e o partido entrou nunha fase máis esixente no plano físico.


Nos últimos minutos, co choque máis roto, o
Maniños tivo as súas opcións para lograr o empate, chegando con perigo e obrigando aos locais a defenderse con todoNeses tramos finais quedou a sensación de que, en partidos así, ás veces as derrotas chegan máis pola dinámica do momento ca polo propio xogo, e que o empate podería ter sido un resultado xusto.

Derrota mínima para os brancos, que deixan boas sensacións competitivas e confirman que o equipo segue crendo e traballando.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (16-17-18) XANEIRO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X02): Cultural Maniños - CD As Pontes "B" (1)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X02):  CCRD Perlío - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X02): Cultural Maniños - CMI Club Campo "D" (1)
ALEVINES (2º FASE - X02): SD Portuarios "B" - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2º FASE - X02): AD Miño 7 - Cultural Maniños 1
CADETES (1º FASE - X12):  Cultural Maniños 2 - SD Libunca 1
XUVENILES (2º FASE - X02): Cultural Maniños 4 - CD Narón "B" 0
VETERANOS (X13): Cultural Maniños 4 (Juan (2), Javi Rico e Mato) - Hércules, SD 1
FEMININO (X17): Cultural Maniños 0 - SD San Lázaro 2
FILIAL - 3ª FUTGAL (X02): Cultural Maniños 3 (Pablo P., Marcos e Miguel) - ADC Moeche 2
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X18):  SDC Órdenes 1 - Cultural Maniños 0

martes, 13 de enero de 2026

CARMEN E EIMY CONVOCADAS POLA SUB 13 FERROLANA

Carmen Bermúdez e Eimy Fernández foron convocadas pola Selección de Ferrol SUB 13 para unha sesión de adestramento este mércores 14 as 16:00 H no Municipal Sinde B (O Val) as órdenes das seleccionadoras da Delegación, Natalia Prieto e Marta Rodríguez.

A disfrutar da experiencia!!!

MAL COMENZO DA COSTA DE XANEIRO DOS EQUIPOS SENIORS DO CLUB

❌Feminino | Segunda División

U.C. Cee 4 – 0 Cultural Maniños


O equipo feminino soubo competir e resistiu con solvencia as acometidas rivais durante toda a primeira parte 
🛡️⚽. Tras o descanso, e unha vez encaixado o primeiro gol, o partido entrou nunha dinámica adversa que castigou en exceso ás brancas. Resultado duro para o visto no campo, pero que non empaña o esforzo nin a loita do equipo 💪🤍

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
 
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


❌Filial | Terceira Futgal

C.F. Monfero 2 – 1 Cultural Maniños


O filial golpeou primeiro e mostrou determinación e personalidade durante boa parte do encontro 🔥⚽. O empate do Monfero no minuto 72 cambiou a dinámica do partido ⏱️. O golpe sentou mal aos de O Pote, que acabaron encaixando o tanto da derrota no minuto 90, nun final cruel tras un partido moi traballado 😔⚽ 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
 
Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


❌Veteranos

Olímpico C.F. B 6 - 1 Cultural Maniños


Os veteranos víronse superados por un rival con moitos recursos ofensivos 
⚡. Os de O Pote trataron de levar o peso do encontro ⚽, pero as transicións rápidas e as contras do Olímpico acabaron sendo decisivas, e decantaron demasiado pronto o encontro, castigando en exceso aos brancos 🎯, que a pesar diso, nunca deixaron de creer. Pudieron acercar o resultado o brancos, pero unhas veces a mala sorte e outras o porteiro local o impediron. Hay máis fútbol nos veteráns do que reflicte o resultado, toca seguir axustando.
 
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
 
GO MANIÑOS

DERROTA NA RECTA FINAL DO PARTIDO DOS MODESTOS EN SOFÁN

Partido moi igualado o disputado en O Carral, cun desenvolvemento marcado polo equilibrio e pola escaseza de ocasións claras durante gran parte do encontro. Ambos conxuntos ofreceron un duelo pechado, intenso e con alternancias, que semellaba encamiñarse cara a un empate sen goles. As dimensións reducidas do terreo de xogo condicionaron o plan de partido e deron especial relevancia ás accións a balón parado, que tiveron un peso determinante no desenvolvemento do encontro.
O primeiro tanto chegou no minuto 78 tras un saque de esquina. Despois de varios despejes acertados por parte do Maniños, produciuse un pequeno desaxuste defensivo que foi aproveitado polo Sofán para romper a igualdade no marcador.

Ese gol chegou nun momento no que o partido estaba completamente aberto e exemplifica como, en determinados tramos da tempada, os encontros poden decidirse máis pola dinámica que polo que sucede realmente sobre o céspede. Nun partido tan pechado, un detalle pode inclinar a balanza e cambiar o escenario por completo.

O Maniños tentou reaccionar tras o gol, pero xa na recta final, nunha acción desafortunada condicionada polo forte vento, chegou o segundo tanto que pechou definitivamente o partido.

Máis alá do resultado, o equipo amosou unha boa versión competitiva, mantendo orde, intensidade e compromiso durante a maior parte do encontro. Hai partidos que se gañan ou se perden pola dinámica do momento. Toca seguir traballando con convicción, paciencia e confianza no camiño marcado.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

lunes, 12 de enero de 2026

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (9-10-11) XANEIRO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X01): Galicia Mugardos - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X01):  Cultural Maniños - Libunca, SD (2)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X01): SD O Val - Cultural Maniños (X)
ALEVINES (2º FASE - X01): Cultural Maniños - AD Miño "A" (2)
INFANTILES (2º FASE - X01): Cultural Maniños 1 - Meirás CF 2 
CADETES (1º FASE - X11):  DESCANSAN
XUVENILES (2º FASE - X01): Galicia Caranza "B" 2 - Cultural Maniños 1
VETERANOS (X12): Olímpico "B" 6 - Cultural Maniños 1 (Javi Pazos)
FEMININO (X16):  Unión Club Cee 4 - Cultural Maniños 0 
FILIAL - 3ª FUTGAL (X01): Monfero CF 2 - Cultural Maniños 1 (Gianni)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X17):  SD Sofán 2 - Cultural Maniños 0

lunes, 5 de enero de 2026

UN DOMINGO COPEIRO CUN BALANCE NEGATIVO

A xornada copeira do domingo tivo de todo pero cun balance en liñas xeráis negativo.


Empezou a mañá coa sorpresa positiva dos xuvenís empatando (2-2) co potente
SD Ánimas aunq quedando fora na sorte dos penals. Non tivo sorte o equipo que sufreu o empate nos últimos intres do partido e logo xa se sabe, é unha lotería. Anotaron Unai e o debutante Rodri.

Despóis os Modestos firmaron su pase a (1/8) tras derrotar SD Valdoviño en Mourente por (0-3) nun partido no que os blanco se impuxeron de principio a fin. Anotaron Agras, Julián e Raúl. Na próxima eliminatoria toca o histórico SRD Canido

A cruz foi o feminino...pouco que comentar. Derrota por (0-2) no Pote ante o filial da SD O Val.

Sen dúbida unha bagoa pero o se recupera efectivos e ilusión o non se poderá competir con ninguen... 

GO MANIÑOS