lunes, 10 de noviembre de 2025

PÉSIMA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS SENIOR

❌  FEMININO

Cultural Maniños 0 – 4 S.D. Tordoia


🔎 Derrota ante o líder imbatido da categoría.
💪 Bo primeiro tempo das brancas, aguantando con oficio as embestidas das visitantes.
⚔️ Na segunda metade o partido fíxose máis costa arriba e o Tordoia acabou ampliando a vantaxe.
🔜 Toca seguir! O camiño faise paso a paso…

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


❌ FILIAL

Cultural Maniños 0 – 1 Racing San Pedro


🔎 Derrota pola mínima dos nosos nun partido moi igualado e decidido por detalles.
🤏 O Filial fixo méritos para sumar, pero o gol visitante fixo a diferenza.
🔜 A seguir traballando, que este é o camiño!
💙 Cabeza alta, rapaces! 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico
en www.radiofusion.gal, preme aquí

❌ VETERAN

Vioño C.F. 4 – 1 Cultural Maniños


🔎 O Veterano caeu en Vioño nun encontro complicado.Os locais estiveron máis finos nos momentos clave e levaron o partido con solvencia.
✅ O gol branco levou a sinatura de Jose, que recortou distancias, pero non foi suficiente.
📈 Toca seguir! Hai marxe de mellora e queda moita liga!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS