Derrota abultada en O Conco para os de O Pote 😔
A primeira metade foi costa arriba para o Maniños, incapaz de controlar o ritmo e o balón. O Dumbría estivo máis acertado e puxo un 3-0 antes do descanso, deixando o partido moi comprometido.
Tras o paso polos vestiarios, os brancos fixeron axustes e mostraron unha mellor versión 💪
O xogo foi moito máis igualado, xerando accións de perigo que puideron meter os do Pote no encontro, pero a falta de acerto e o 4-0 no 71’ acabaron coas opcións de puntuar.
A pesar diso, o equipo nunca baixou os brazos e seguiu competindo ata o final. O gol da honra chegou no 88’, obra de Santi. ⚽️
Toca seguir sumando adestramentos, partidos e experiencias para ser máis consistentes durante os 90 minutos, crave para sumar puntos.
A segunda parte debe ser o camiño a seguir.
Porque cando non se gaña… apréndese 🙌
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
