lunes, 27 de octubre de 2025

OS VETERANOS SALVARON A XORNADA DO DOMINGO

FEMININO (Segunda División):
CULTURAL MANIÑOS 0 - 8 MUXÍA C.F.


Partido complicado para as nosas, que non conseguiron atopar o seu xogo ante un rival moi acertado. 

Toca aprender e seguir coa ilusión e compromiso de sempre.

O esforzo e a entrega tamén contan, e deste equipo iso nunca falta!

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

VETERANOS (Terceira Futgal):
CULTURAL MANIÑOS 4 - 2 S.D. VALDOVIÑO


Goles: Juan, Ricardo, Javi Rico (2)

Gran vitoria dos veteranos brancos! Nun partido disputado e con bo fútbol, o Maniños impuxo o seu ritmo e quedou cos tres puntos.

O grupo segue medrando e demostrando que o orgullo branco non entende de idades.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

DURA DERROTA DOS MODESTOS NA GRELA

Partido complicado para os do Pote. O encontro torceuse moi cedo e o equipo non foi quen de atopar o seu lugar no campo.


Non saíu nada, pero nin nas derrotas se perde a identidade. O Maniños non apareceu na Grela.

Ás veces gáñase, e outras apréndese. E hoxe tocou aprender… a resistir, a manterse en pé e a crer no que somos.

O Cultural cae, pero sempre volve erguerse.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (24-25-26) OUTUBRO

PREBENXAMÍN (1º FASE - X03): Cultural Maniños - CD Narón (2)
BENXAMÍN "A" (1º FASE - X03): CD Estrella Solaina "B" - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "B" (1º FASE - X03): Cultural Maniños - CMI Club Campo (2)
ALEVINES (1º FASE - X03): Meirás CF "B" - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (1º FASE - X07): Cultural Maniños 0 - CD As Pontes 9
CADETES (1º FASE - X05):  DESCANSAN
XUVENILES (1º FASE - X06):  AD Miño 6 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X05):  Cultural Maniños 4 (-----, Ricardo e Javi Rico (2)) - SD Valdoviño 2
FEMININO (X06):  Cultural Maniños 0 - Muxía CF 8
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X05): DESCANSAN
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X08): Victoria CF 4 - Cultural Maniños 0 

SORTEO DA XXV EDICIÓN DA COPA DE FERROL

O pasado xoves 16 celebrouse na sede da Delegación de la RFGF en Ferrol o sorteo da XXV Copa de Ferrol

Como nas duas derradeiras tempadas enfrentamonos coa SD Valdoviño en fechas navideñas aún por determinar. Aunque o principal é a Liga, a Copa sempre mola... 

GO MANIÑOS

lunes, 20 de octubre de 2025

CARA E CRUZ PARA O FILIAL E OS VETERANOS

Gran xornada para o noso Filial!. Os Veteranos loitaron ata o final nun partido de moitos goles!

FILIAL (Terceira Futgal):
C.D. ESTRELLA A SOLAINA 0 - 1 CULTURAL MANIÑOS
 

Gol: Gabri
Tres puntos de ouro e vitoria a domicilio!. O equipo segue sumando e demostrando a súa solidez. 
 
Partidazo e a seguir coa boa dinámica! 
 
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
 
Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí
  
VETERANO (Terceira Futgal):
MERCURIO S.D. "B" 7 - 5 CULTURAL MANIÑOS
 

Goles: Jose, Javi Rico (3), Javi Pedreiras
Partido tolo e con demasiados goles! Os nosos veteranos nunca deixaron de loitar e demostraron o seu olfacto goleador, destacando o hat-trick de Rico. Toca mellorar!
 
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí 
 
E POBRE DO QUE QUEIRA QUITARMOS A ILUSIÓN!
 
GO MANIÑOS 

OS MODESTOS CAERON POLA MÍNIMA ANTE O UD PAIOSACO

O partido comezou cun Paiosaco que buscou ser protagonista, xerando as primeiras ocasións. O Maniños tratou de asentarse no partido, pero os verdes impuxéronse nos primeiros minutos.

Sen embargo, foron os do Pote os que atoparon porteria no minuto 23. Froito dunha gran combinación local, Santi marcou un golazo dende a frontal no minuto 23, poñendo o 1 a 0 no marcador (1-0).

Atopouse mellor o equipo que, a través das sensacións que aportou o gol, tomou as rendas do xogo. O Paiosaco non se rendeu e, a pesar de pasar polos peores momentos do primeiro tempo, foi quen de empatar cun disparo dende a frontal no minuto 32, unha magoa (1-1). Veuse arriba o Paiosaco, que dispuxo dalgunha ocasión máis, pero un Mateo imperial levantou o muro blanco, permitindo chegar ao descanso co empate no electrónico.

A segunda metade
 foi un exercicio de loita e sacrificio. Ambos equipos batallaron cada balón e apenas houbo ocasións claras. Cando o partido parecía camiñar cara ao empate, un gol visitante no minuto 60 puxo o 1-2 definitivo nunha xogada desafortunada para os do Pote.

Non puido ser, pero a loita e a entrega foron innegables.

 💪 Toca traballar duro para a próxima cita.
 🤍 A ilusión e a fe neste equipo son inquebrantables.

GO MANIÑOS
 
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
 
Adri Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (17-18-19) OUTUBRO

PREBENXAMÍN (1º FASE): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (1º FASE): DESCANSAN
BENXAMÍN "B" (1º FASE): DESCANSAN
ALEVINES (1º FASE - X02): Cultural Maniños - EF Irmandiños (X)
INFANTILES (1º FASE - X06): SD Barallobre 0 - Cultural Maniños 9
CADETES (1º FASE - X04):  CD Narón "C" 2 - Cultural Maniños 7
XUVENILES (1º FASE - X05):  Cultural Maniños 3 - Racing San Pedro 0
VETERANOS (X03): Mercurio, SD "B" 7 - Cultural Maniños 5 (Jose, Javi Rico (3) e Javi Pedreira)
FEMININO (X05):  DESCANSAN
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X04): CD Estrella A Solaina 0 - Cultural Maniños 1 (Gabri)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X07): Cultural Maniños 1 (Santi) - UD Paiosaco 2

viernes, 17 de octubre de 2025

CAMPAÑA SOLIDARIA DA RFGF CONTRA O CANCRO DE MAMA

Outubro é un mes moi especial para a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), que quere sumar o seu gran de area na loita contra o cancro de mama. A Real Federación Galega de Fútbol, dentro do seu marco de Responsabilidade Social Corporativa, pon en marcha dúas accións solidarias co obxectivo de apoiar á Asociación Española contra o cancro (AECC).

Xornada de goles solidarios:

Esta é unha iniciativa da que queremos facer partícipes aos clubs dunha serie de categorías co fin de que colaboren coa Federación na axuda contra o cancro de mama.

Fútbol masculino: Terceira Federación, Preferente Futgal e Primeira Futgal
Fútbol feminino: Terceira Federación, Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP
Fútbol Sala masculino: Terceira Federación e Preferente
Fútbol Sala feminino: Preferente

Na xornada do 18 e 19 de outubro cada gol marcado nestas competicións convertirase en 1€ que a  Real Federación Galega de Fútbol doará á AECC.

Unha maneira simbólica e emocionante de transformar cada gol nun xesto de esperanza.

Con estas iniciativas, a RFGF quere implicar a todo o fútbol galego (clubs, xogadores/as, árbitros/as e afección) nunha causa común, dar visibilidade, apoio e recursos á investigación e á loita contra esta enfermidade.

Na medida do posible gustaríamos que deades difusión a esta iniciativa da que tamén sodes partícipes con cada gol.

Camisola Solidaria

Ademais temos dispoñible na nosa tenda online unha camisola especial de “Terra Galega” de cor rosa, para apoiar a loita contra esta enfermidade, xa que o 100% dos beneficios obtidos coa súa venda irán destinados á Asociación Española contra o cancro.

As camisolas xa están á venda na nosa tenda oficial tenda.futgal.es onde poderán mercarse ata o vindeiro 31 de outubro

Animemos con todas as forzas aos nosos equipos para que nesta xornada marquen máis goles que nunca!

💗 Porque cando o fútbol galego se une marcamos o gol máis importante: o da solidariedade.

lunes, 13 de octubre de 2025

BOA XORNADA PARA OS EQUIPOS SENIORS DO CLUB

Gran fin de semana para os nosos equipos senior! 🤩

FEMININO (Segunda División):

ORILLAMAR S.D. 0 - 1 CULTURAL MANIÑOS


⚽ Gol: Cristina

Tres puntos importantísimos a domicilio! A seguir loitando e sumando!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí


FILIAL (Terceira Futgal):

CULTURAL MANIÑOS 5 - 0 A.D.C. MOECHE


⚽ Goles: Gabriel, Daniel, Marcos (2), Diego

Que goleada! O equipo non para de darnos alegrías! A seguir!

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


VETERANO (Terceira Futgal):

CULTURAL MANIÑOS 4 - 5 CECEBRE S.D.


⚽ Goles: Rober Moreda, Ricardo, Javi Pedreiras, Michu

Partido tolo con moitos goles no que os veteranos loitaron ata o final! A próxima será a nosa!

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí


E POBRE DO QUE QUEIRA QUITARMOS A ILUSIÓN!


GO MANIÑOS

UN PUNTO DE MOITO VALOR DOS MODESTOS EN POL

Campo complicado, boas sensacións.


O encontro comezou co Pol dominando os primeiros minutos, imprimindo ritmo  e xerando as primeiras ocasións de perigo. 
Pouco a pouco, o Maniños foi asentándose no partido, gañando presenza e controlando mellor o balón.

Nos minutos finais da primeira metade, o xogo equilibróuse completamente, con ambos equipos buscando o gol pero sen acerto de cara á portería.

Tralo descanso, mantívose a mesma tónica: partido moi igualado e con intensidade en cada duelo.
O Maniños atopou espazos ao contragolpe e dispuxo de dúas ou tres ocasións moi claras que puideron romper o empate, pero faltou sorte nos metros finais.

A solidez defensiva e o traballo colectivo permitiron sumar un punto valioso nun campo difícil e seguir sumando boas sensacións.

Bo traballo, boa imaxe e a seguir mirando cara adiante.

Cada punto conta, cada partido suma.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (10-11-12) OUTUBRO

PREBENXAMÍN (1º FASE - X01): CD Cariño - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "A" (1º FASE - X02): Cultural Maniños - CD As Pontes (2)
BENXAMÍN "B" (1º FASE - X02): EF Irmandiños - Cultural Maniños "B" (2)
ALEVINES (1º FASE - X02): DESCANSAN
INFANTILES (1º FASE - X05): Cultural Maniños 15 - Galicia Caranza "C" 0
CADETES (1º FASE - X03):  DESCANSAN
XUVENILES (1º FASE - X04):  SDR Ánimas 4 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X03): Cultural Maniños 4 (Rober, Ricardo, Javi Pedreira e Michu) - Cecebre, SD 5
FEMININO (X04):  Orillamar, SD 0 - Cultural Maniños 1 (Cris)
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X03): Cultural Maniños 5 (Gabri, Dani Casdelo, Marcos (2) e Diego Filgueiras) - ADC Moeche 0
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X06): SD Pol 0 - Cultural Maniños 0 

martes, 7 de octubre de 2025

O MELLOR DO FINDE, VICTORIA DOS VETERANOS EN ANIDO

Por fin chegou a tan agardada vitoria dos veteranos do Maniños.

Nun campo de area onde o balón pesa o dobre e o fútbol deixa paso á loita, o equipo branco soubo sufrir, competir e gañar cun orgullo digno da súa camiseta.

O encontro comezou con forza e moi pronto chegaría o primeiro golpe: boa combinación no medio campo que Javi Rico culminaría cunha vaselina precisa para poñer o 0-1 e adiantar aos nosos. O Maniños mantivo o tipo e chegou ao descanso por diante, con oficio e moita solidariedade.

Nada máis comezar a segunda metade, o Hércules atopou o empate nun balón longo que pillou os do Pote descolocados. Lonxe de virse abaixo, os veteranos responderon con carácter, apretando os dentes e resistindo cada embite do rival.

Cando o tempo xa se esgotaba e o empate parecía inamovible, Kevin sacou un zapatazo dende fóra da área que entrou directo á escuadra, selando unha vitoria sufrida e merecida.

Triunfo de corazón, de orgullo e de fe. Un resultado que reforza as cabezas e recorda que cando este grupo cre, é capaz de todo.

Dende aquí desexar sorte o Hércules, SD na tempada!!!

GO MANIÑOS
 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA POLÉMICA DO FILIAL ANTE O CANIDO

Derrota do noso Filial ante o histórico SRD Canido que volveu con moitos folgos a competición esperando que este retorno sexa o punto de inflexión para outros Clubs dos que se botan de menos e se animen a volver a competir.


No estrictamente deportivo derrota dolorosa porque a xuizo dos brancos foi inxusta porque a efectividade local foi total. No obstante é un tempo de aprendizaxe e toca tomar nota para non volver a cometer os mesmos erros. Anotou o gol blanco
Rubén dun gran testarazo.

Non quedaron contentos os blancos coa actuación do colexiado Thiago Manso decisivo nas súas decisións cun primeiro gol local moi polémico por unha mano é finalizando o partido expulsando a dous xogadores blancos (Martín e Keven).

A seguir traballando e recuperado xente !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

MERECIDO RECOÑECEMENTO DO COMITÉ DE ADESTRADORES AO NOSO ADRIÁN MARTÍNEZ

O noso adestrador Adrián Martínez foi distinguido pola Real Federación Galega de Fútbol a través do Comité de adestradores,  como adestrador destacado da Primeira Futgal no acto celebrado no Auditorio de Ferrol o pasado sábado en recoñecemento ao gran traballo realizado durante o ascenso do equipo. 



Máis que merecido!!!

Parabéns Adri!!!

SEGUE A MALA DINÁMICA DO FEMININO

Non están saíndo as cousas para o noso equipo feminino. Todo o que pode suceder en contra sucede.


Só hai un antídoto ante tanta adversidade: traballo, traballo e traballo.

Só se pode ir a mellor !!!

Ánimo equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí

lunes, 6 de octubre de 2025

DERROTA CONTUNDENTE DOS MODESTOS ANTE EL POTENTE SAN TIRSO

Partido duro ante un rival de moito nivel. O marcador final non reflicte o visto sobre o céspede: o Maniños competiu, loitou cada balón e tivo momentos nos que fixo dubidar ao San Tirso.


Os dous goles nos instantes finais fixeron o resultado máis amplo do que merecía o esforzo dos nosos. Pero nin o coraxe nin a ilusión se miden en goles e os brancos tiveron ata duas moi claras e non acertou.

O San Tirso amosou por que se atopa nos postos altos da taboa e porque xogou a tempada pasada a Copa do Rei, e o Cultural demostrou que este equipo ten orgullo, compromiso e corazón para seguir medrando xornada a xornada.

Seguimos camiñando xuntos, con fe no que somos e no que queremos chegar a ser.

GO MANIÑOS


Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (03-04-05) OUTUBRO

BENXAMÍN "A" (1º FASE - X01): Club Campo "C" - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (1º FASE - X01): Cultural Maniños "B" - Galicia Mugardos "B" (1)
ALEVINES (1º FASE - X01): Eume Deportivo "C" - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (1º FASE - X04): CD Narón "A" 3 - Cultural Maniños 3
CADETES (1º FASE - X02):  Cultural Maniños 8 - SCRD Narón O Freixo "C" 0
XUVENILES (1º FASE - X03):  Cultural Maniños 0 - Galicia Mugardos 4
VETERANOS (X02):   Hércules, SD 1 - Cultural Maniños 2 (Javi Rico e Kevin) 
FEMININO (X03):  Cultural Maniños 1 (Lara Gorgullo) - SCD Esteirana 4
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X02): SRD Canido 2 - Cultural Maniños 1 (Rubén)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X05): Cultural Maniños 0 - San Tirso, SD 4

miércoles, 1 de octubre de 2025

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (03-04-05) OUTUBRO

 

DERROTA DO VETERANO CON BOAS SENSACIÓNS

Partido competido de principio a fin 💪, onde o Maniños levou sempre o control do xogo ⚽, pero faltou acerto no último pase ❌.


O Olímpico aproveitou as súas oportunidades e marcou dous goles que afastaban aos blancos do resultado desexado ⏱️. Non se renderon os do Pote ⚪, e antes do descanso chegou a reacción: Javi Rico 🔥 recortou distancias e puxo o 1-2 ⚽, coa que se chegou ao intermedio ⏳.

Na segunda metade, os visitantes ampliaron a vantaxe ata o 1-4  en dúas chegadas separadas por apenas dous minutos ⏱️. O Cultural acusou o golpe 😓, pero xamais baixou os brazos ✊. Outro gol de Javi Rico ⚽ e o tanto de Javi Pedreiras de falta ⚽ fixeron que o marcador quedase en 3-4 🔥, mantendo a emoción ata o final. 

Houbo ocasións para sumar un puntiño 🍀, pero a sorte estivo esquiva.

Gran esforzo e orgullo dos veteranos 🤍, que mereceron máis 👏.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA DO FEMININO NO SEU DESPRAZAMENTO A LUGO

No puido ser e o feminino veuse de valeiro sa dúa salida ao Luis Gorgoso de Lugo tras remontar e ser remontado polo equipo local da SCD Milagrosa


Tras encaixar un gol nos intres iniciais as de
Xurxo remontaron con goles de Antía Meis e Cris de penalti. Con ese resultado foise ao tempo de lecer. A segunda parte xa foi outra historia e nun minuto as locais voltearon o marcador. Na recta final firmaron os dous goles que xa dictaron a sentencia ao partido.

Non hai que baixar os brazos, hai que seguir traballando que os resultados chegarán.

Ánimo equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

VICTORIA DO FILIAL NO COMENZO DA COPA

Victoria do Filial no seu debut copeiro (que no ligueiro) ante o histórico SD Libunca nun partido que se puso en contra na primeira metade cun gol visitante para nunha segunda parte moi efectiva os de Chiqui voltearon o marcador con goles de Mathias, Marquitos e Alex.


Lamentar as lesións do porteiro local Yerai e especialmente a de Raúl que tivo un problema serio no hombro que se complicou cunha forte contusión nunha ril que obligoulle a pasra a noite no Hospital. O luns xa marchou para súa casa coa alta médica. Moitos ánimos e a recuperarse rápido pero ben.

A seguir traballando e a preparar a conciencia o seguinte partido ante o histórico SRD Canido que volve a competir despóis de moito tempo. O partido será en Aneiros o domingo as 18:00 H.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

PUNTIÑO VALIOSO NA SALIDA A DUBRA

Empate nun campo sempre difícil, xogouse un encontro de forza e resistencia.  As defensas impuxéronse, as ocasións chegaron a conta gotas, e cada balón disputouse como se fose o último.  
O Maniños respondeu con oficio, carácter e solidariedade, traballando xuntos, ata o derradeiro minuto. Poucas ocasións, unha por equipo, na primeira parte Brais tivo a máis clara e nos derradeiros minutos Marcos respondeu perfectamente a un testarazo local.  

Non houbo goles, pero houbo orgullo e constancia.  

Un punto máis no camiño, un paso máis que nos mantén firmes  e coa ilusión intacta!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.futgal.es, preme aquí