O Filial visitaba Mourente nun novo compromiso. O encontro comezou costa arriba para os brancos, que encaixaron un tanto aos seis minutos. Lonxe de baixar os brazos, o equipo buscou a reacción e atopou o premio xusto antes do descanso, cando Leo Allegue igualaba o marcador.
Na segunda metade, os locais amosáronse acertados ampliando a súa vantaxe ata deixar o encontro moi complicado para os nosos. Xa no último suspiro, Pablo Pérez recortou distancias deixando o definitivo (5-2). Seguimos sumando experiencia e traballo nesta competición.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Manel López en www.radiofusion.gal, preme aquí