martes, 5 de mayo de 2026

HOXE XOGÁSE O DERRADEIRO PARTIDO DA XORNADA PASADA

Tras acordo entre Clubs o partido do Grupo 4 de Consolación de benxamines a disputar entre o Cultural Maniños, SD e o CD Estrella A Solaina "B" xogarase no día de hoxe a partir das 18:15 H no Pote.

De este xeito queda finiquitada esta longa xornada na que o partido de Cadetes foi adiado para o próximo fin de semana.

GO MANIÑOS

DOS CARAS E UNA INXUSTA E POLÉMICA CRUZ DOS SENIORS DO CLUB

Segunda División – Feminino

Cultural Maniños 4 - 2 S.D.C. Órdenes
Vitoria clave nun partido de vida ou morte!

O Feminino afrontaba un encontro decisivo pola permanencia… e respondeu como había que facelo Dende o inicio, o equipo foi claramente superior, dominando o ritmo do partido e xerando ocasións con continuidade.

Co paso dos minutos, esa superioridade transformouse en goles, abrindo unha vantaxe que facía xustiza ao visto no campo. Aínda que o rival conseguiu achegarse no marcador na recta final, o Maniños soubo sufrir e manter a calma para pechar un triunfo fundamental.

Partido serio, completo e cun equipo que deu un paso adiante cando máis o necesitaba.

Tres puntos de ouro para seguir loitando!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

Cultural Maniños B 1 - 2 S.D.C. Narón O Freixo
Derrota cruel nun partido moi igualado

O filial disputou un encontro moi competido, no que ningún dos dous equipos logrou imporse con claridade. O Maniños B fixo un partido serio, ordenado e con boas fases de xogo, competindo de ti a ti durante os 90 minutos.

O empate parecía o resultado máis xusto… pero no tempo engadido chegou o golpe definitivo. No minuto 97, tras anunciarse 5 de desconto, o rival anotou o 1-2 nunha xogada moi protestada por posible fóra de xogo, con varios xogadores implicados na acción.

Sen entrar en polémicas excesivas, queremos expresar o noso malestar coa decisión arbitral nun momento tan determinante do partido. Un desenlace que deixa unha sensación amarga para un equipo que, como mínimo, fixera méritos para sumar.

Toca levantarse e seguir.

Seguimos, máis unidos ca nunca

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

Cultural Maniños 3 - 2 A.D.C. Aranga
Vitoria sufrida dos veteranos nun partido que puido quedar resolto moito antes O encontro comezou cun Cultural Maniños dominador, levando o peso do xogo e xerando ocasións máis que suficientes para abrir o marcador con claridade.

Non entanto, entre a falta de acerto e algún punto de mala sorte, o equipo non foi quen de reflectir esa superioridade no resultado antes do descanso e tan só marchaba cun 1 a 0 perigoso ao descanso, con gol de Javi Pazos.

E xa se sabe… cando se perdoa, toca sufrir. Nunha xogada illada, o Aranga conseguiu igualar o partido nos primeiros compases da segunda parte, o que provocou que o equipo perdese algo de control e non amosara o seu mellor fútbol durante a segunda parte.

A pesar diso, apareceu Javi Rico cun dobrete que puxo terra de por medio no marcador para colocar o 3-1 que parecía definitivo.

O encontro aínda gardaba emoción… Nunha acción moi dubidosa por posible fóra de xogo, o Aranga recortou distancias co 3-2, levando a incerteza ata o final.

Finalmente, os tres puntos quedaron na casa, aínda que cunha sensación algo agridoce: o equipo foi superior, pero deixou escapar a oportunidade de pechar o partido moito antes.

O equipo segue con pé firme na competición cun 6 de 6.

Seguimos!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS

DURA DERROTA DOS MODESTOS ANTE O POTENTE SD NEGREIRA

Derrota abultada para o Maniños nun encontro que se complicou moi cedo. Un penalti dubidoso por man abriu o marcador e puxo o partido costa arriba desde os primeiros minutos.
A pesar do golpe inicial, o equipo non lle perdeu a cara ao encontro. O Maniños competiu, intentou ter balón e por momentos o partido estivo máis igualado do que reflicte o marcador. De feito, ata ben avanzada a primeira metade o resultado mantíñase relativamente axustado.

O equipo local mostrou boa intención con balón, pero faltou acerto nos últimos metros para transformar as chegadas en ocasións claras. Pola contra, o Negreira soubo xogar moi ben as transicións ofensivas, aproveitando os espazos que foron deixando os locais e sendo moi efectivo.

Co paso dos minutos e co resultado en contra, o Maniños foise desordenando, e xa no tramo final chegaron varios goles consecutivos que acabaron por ampliar demasiado a diferenza.

Un resultado duro, pero enganoso polo visto no campo: o equipo competiu durante moitas fases e mostrou actitude. Toca seguir traballando e pensar no seguinte partido.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (1-2-3) MAIO

PREBENXAMÍN (2º FASE - X14): CMI Club Campo "C" - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X14): Cultural Maniños - Estrella A Solaina "B" (1)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X14): Cedeira, SD - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (2º FASE - X14): Cultural Maniños - Eume "B" (1)
INFANTILES (2º FASE - X15): Numancia, SDR 4 - Cultural Maniños 4
CADETES (FASE ASCENSO - X09): Aplazouse a xornada para o finde (8-9-10)
XUVENILES (2º FASE - X17): Cultural Maniños 4 - FC Ortigueira 3
VETERANOS (COPA - X02):  Cultural Maniños 3 (Javi Rico (3)) -  ADC Aranga 3
FEMININO (X30): Cultural Maniños 4 (Gorgullo (2), Lore e Andrea) - SDC Órdenes 2
FILIAL - 3ª FUTGAL (X16): Cultural Maniños 1 (Gabri) - Narón Freixo 2
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X32): Cultural Maniños 0 - SD Negreira 6