lunes, 7 de septiembre de 2026

OS VETERANOS CAEN NA COPA CORUÑA

Derrota dos Veteranos ante o CD Narón na Copa A Coruña, nun partido no que o resultado final foi máis contundente do que reflectiu a loita do equipo durante boa parte do encontro.

O Narón foi superior en diferentes fases do partido e tivo máis control do xogo, pero os nosos mantivéronse competitivos e dentro do encontro ata os últimos minutos. Os nosos chegaron ao tramo final con opcións, pero no minuto 80 o Narón conseguiu ampliar a súa vantaxe. O 3º tanto, xa nos últimos compases, pechou definitivamente o encontro.

Cómpre seguir mellorando, especialmente á hora de xerar máis perigo na área rival, pero tamén poñer en valor o traballo, o compromiso e a capacidade do equipo para competir e loitar ata o final. 

Seguimos, familia!!! 

O bo empeza para a semana !!! 

GO MANIÑOS 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí