lunes, 17 de febrero de 2025

VITAL VICTORIA DO FEMININO NA GRELA

Victoria moi importante, case se podría decir vital, do noso feminino na súa visita a Grela para enfrentarse ao Silva, SD. Un gol na 1ª metade de Lucía Calvo sirveu para sumar os 3 puntos non sin sufrimento ata o final. Destacar o gran partido da porteira branca, Lara Fonte, sen dbida a mellor do partido.

Intre do partido na Grela

O peor as lesións, Laura, Cris, Sofía, Nora, Lucía Calvo, Oli... nun partido de guante branco. O fútbol é así !!!. Moitos ánimos as mancadas e a recuperarse ben! 

De momento sáese do descenso e síguese na loita!

Parabéns! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras en www.radiofusion.eu, preme aquí

O FILIAL VOLVE A SENDA DO TRIUNFO NA GÁNDARA

Victoria do Filial na súa visita A Gándara ante un rival directo ferrolán, o Libunca, SD ao que superou despóis dunha primeira metade na que non se moveu o marcador pese a que os brancos mereceron moito máis e unha segunda metade chea de alternativas onde o Maniños tivo que remontar inicialmente para finalmente nunha boa recta final do partido, sumar os tres puntos. Victoria sen dúbida, xusta e merecida.

 Anotaron Iker, Marco, Aitor e Adrián Valdés. 

Parabéns! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

UN EFICAZ MANIÑOS DERROTA NA TORRE AO CD MARTE

Vitoria de moito valor do Maniños ante un moi bo equipo como é o CD Marte que vendeu moi cara a súa derrota do mesmo xeito que no partido de ida en O Pote. Dominio territorial local pero con pouca efectividade de fronte ao gol. 

Intre do partido na Torre 1

Empezou ben o Maniños con varios achegamentos incluído un remate de chilena de Santi á saída dun córner  e pronto se abriría o marcador cun gran pase de Adri a Santi que cun gran disparo adiantaba aos brancos. Gran asistencia e gran definición. Pouco despóis gran oportunidade para os locáis, falta ao bordo da área fantasticamente executada por Andrés e gran parada de Mateo. Nova ocasión local cun tiro cruzado dun xogador local que saíu rozando o porte esquerdo da portería defendida por Mateo. E cando o partido parecía que se ía ao descanso co coñecido (0-1) un balón maxistralmente filtrado ao capitán Óscar que encara a Mateo ao que supera por baixo. (1-1) e partido ao descanso. O empate local facía xustiza ao visto nos primeiros 45 minutos. 

A segunda parte comezou cun Marte intenso que forzou nestes minutos varios saques de esquina ben defendidos polos visitantes. Nesa dinámica de partido e cando o Maniños se sacudiu o dominio, forzou un saque de esquina e no lanzamento agarrón a Santi e o colexiado sinala penalti que transforma Miragaya. (1-2) e aínda moito tempo por diante. E si, o CD Marte buscou o empate con afán pero con pouco acerto. De feito, Mateo apenas tivo que intervir para resolver xogadas de perigo real. Eran máis sensacións que outra cousa. Aínda así o equipo soubo sufrir incluso contando con algunha ocasión clara de gol pero tampouco se estivo acertado na definición sobre todo nunha de Álvaro tras pase filtrado de Raúl que inmellorable posición golpeou coas dúas pernas malgastando a ocasión. Neste escenario o partido finalizou co coñecido (1-2) final que permite aos brancos sumar tres importantes puntos.

Non foi o mellor día do Maniños pero en todo momento foi un equipo solidario e moi eficaz nas áreas resolvendo con acerto as acometidas locais e aproveitando as súas opcións aínda que tamén é certo que tivo un par de ocasións para matar o partido e non sufrir tanto. Tres puntos que saben moi ben polo nivel do rival. 

E agora a preparar ben o seguinte partido ante outro bo equipo da cidade da Coruña como é o Torre, SD. Será o domingo en O Pote á 17.00 H.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (14-15-16) FEBREIRO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X05):  CD Narón - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X05): Estrella Solaina - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X05): Cultural Maniños - CD As Pontes (2)
ALEVINES (2ª Fase - X05): Cultural Maniños - AD Miño (1)
INFANTILES (2ªF - X09): ADR Numancia 1 - Cultural Maniños 5
CADETES (2ªF - X09): EF Ortigueira "B" 1 - Cultural Maniños 0
XUVENILES (2ªF - X06):  SCRD Narón O Freixo "B" 1 - Cultural Maniños 1
FEMININO (X20): Silva, SD 0 - Cultural Maniños 1 (Lucia Calvo)
VETERANOS (X20): Sporting Coruñés 3 - Cultural Maniños 2 (Javi Rico e David Coira)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X21): Libunca, SD 2 - Cultural Maniños 4 (Iker, Marco, Aitor e Adrián Valdés)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X22): CD Marte 1 - Cultural Maniños 2 (Santi e Miragaya)