viernes, 21 de agosto de 2026

NOVO TEST DE PRETEMPADA SUPERADO

Os Modestos continúan dando pasos adiante nesta pretempada cunha vitoria ante un bo rival, nun encontro no q o equipo mostrou unha versión máis sólida, ordenada e eficaz. 


Os brancos, cada vez mellor asentados, no terreo de xogo conseguiron controlar o encontro en diferentes fases, grazas ao traballo dun equipo comprometido e disposto a deixar cada gota de suor no campo. 

A Cultural estivo acertada e soubo aproveitar as ocasións das que dispuxo. 

Grazas á UD Cebarca pola visita. Moita sorte nesta tempada e felicidades polo seu 50 aniversario.

Seguimos!!!

GO MANIÑOS