![]() |
| Foto @SadMoody241 |
A verdadeira vitoria foi a gran festa do fútbol que vivimos, un ambiente espectacular e preto dun milleiro de afeccionados enchendo as bancadas.
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Racing Club Ferrol e ao Bergantiños F.C. por aceptar a nosa invitación e formar parte desta xornada tan especial.
Un agradecemento especial ao Racing Club Ferrol polo seu trato excepcional coa nosa afección, especialmente cos máis pequenos, dedicando tempo a fotografías, sinaturas e facendo que moitos nenos e nenas levasen un recordo inesquecible.
Grazas tamén aos voluntarios, colaboradores, patrocinadores, especialmente ao Concello de Fene e a todas as persoas q traballaron para que todo saíse á perfección.
E, por suposto, grazas a todos os afeccionados que enchestes O Pote e fixestes posible unha tarde para o recordo.
