Non se pode facer máis para gañar un partido salvo matar o partido e sobre todo nun derbi onde cada ocasión é ouro e onde ser eficaz é vital para poder sumar os tres puntos. Polo demáis nada que reprochar aos brancos que o deron todo e xogaron unha primeira parte espectacular, quizais a mellor da tempada nun partido onde se mereceu máis pero o fútbol ten un dogma e e sque "o que perdoa...
O resumo da primeira parte é claro, dominio total do xogo por parte do Maniños con varias ocasións claras de gol. Adiantou Santi aos locais cun gol de dianteiro centro ao aproveitar en boca de gol un perfecto servizo de Pedro. O resto da primeira parte ten unha lectura sinxela que foron ocasións sen réditos, Pedro, Hugo...unha pena porque o partido debeu quedar sentenciado pero non foi e logo pasó factura.
![]() |
Santi anotando o gol blanco |
Na segunda parte o Maniños xa non estivo tan brillante e non xogou coa fluidez da primeira co que os visitantes foron quitándose pouco a pouco o dominio branco. Nese escenario e sen que os brancos fosen capaces de matar o partido aínda que tiveran as súas opcións, a lei non escrita do fútbol impúxose, nunha xogada illada os visitantes lograron poñer as táboas. De aí ao final do partido non pasou nada máis finalizando o partido co coñecido (1-1). ¿Xusto ou inxusto? o fútbol é así.
Cabeza ben alta, bo partido do equipo que non está sacando resultados correspondentes a seu xogo pero esto cambiará porque esta mala dinámica ten que acabar nalgún intre e seguro que non está lonxe. O domingo nova probo de fogo ante un dos mellores equipos da competición como é o Sporting Cambre no seu terreo de xogo. A dalo todo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí