martes, 28 de enero de 2025

FORTE DERROTA DOS VETERANOS ANTE O LÍDER

    Frustrante derrota do Maniños fronte o SPM por 1 a 7. Ambos equipos presentábanse no partido con obxectivos diferentes: SPM buscaba asegurar o seu posto na cima, mentres Maniños pretendía dar a sorpresa e cambiar a dinámica.

    Dende o asubío inicial, o Maniños defendeu con coraxe e determinación. Con dúas liñas moi xuntas, resistiron valentemente as acometidas de SPM. 

    Non obstante, co paso dos minutos, o cansazo foise notando. O SPM aproveitou a situación, e cun xogo combinativo, foi quen de facer que os goles foran caendo. Xusto antes do descanso, Ricardo atopou a rede nunha boa xogada dos brancos, dándolle un breve raio de esperanza ao seu equipo

    O resultado ao descanso foi de 1-3 a favor de SPM.

    Na segunda metade, o dominio de SPM incrementouse, e o resultado foi aumentado co paso dos minutos.  Non se rendiron nunca os do Pote, que con coraxe trataron de seguir no partido.

    O resultado final foi un contundente 1-7 a favor de SPM.

    Aínda que Maniños comezou con forza defensiva, non puido manter o ritmo e acabou sucumbindo ante un rival superior.

    A pesar da derrota víronse brotes verdes, sobre todo no inicio do partido ¿Será a primeira pedra para reparar un camiño, ata o de agora tortuoso, polo que circulan os do Pote?

FRASE DO DÍA:

"O éxito non é definitivo, o fracaso non é fatal: o que conta é o valor para continuar."
Winston Churchil

 
¡Go Maniños!"