miércoles, 29 de enero de 2025

DATAS PARTIDOS APRAZADOS DO FIN DE SEMANA (24-25-26) XANEIRO

 Agora toca aos clubs ponerse dacordo para fixar datas para recuperar os partidos adiados do fin de semana que son:

PREBENXAMINES
Galicia Mugardos - Cultural Maniños
NOVA DATA: A Pedreira, martes 4 febreiro, 17:45 H.

INFANTILES
SD Portuarios - Cultural Maniños

FILIAL
Cultural Maniños - Sporting Cambre "B"

MODESTOS
Sporting Cambre - Cultural Maniños
NOVA DATA: Dani Mallo, xoves 17 abril, hora sen determinar

martes, 28 de enero de 2025

HORARIOS DO FIN DE SEMANA (31) XANEIRO - (1-2) FEBREIRO

FORTE DERROTA DOS VETERANOS ANTE O LÍDER

    Frustrante derrota do Maniños fronte o SPM por 1 a 7. Ambos equipos presentábanse no partido con obxectivos diferentes: SPM buscaba asegurar o seu posto na cima, mentres Maniños pretendía dar a sorpresa e cambiar a dinámica.

    Dende o asubío inicial, o Maniños defendeu con coraxe e determinación. Con dúas liñas moi xuntas, resistiron valentemente as acometidas de SPM. 

    Non obstante, co paso dos minutos, o cansazo foise notando. O SPM aproveitou a situación, e cun xogo combinativo, foi quen de facer que os goles foran caendo. Xusto antes do descanso, Ricardo atopou a rede nunha boa xogada dos brancos, dándolle un breve raio de esperanza ao seu equipo

    O resultado ao descanso foi de 1-3 a favor de SPM.

lunes, 27 de enero de 2025

CONFÍRMASE A GRAVE LESIÓN DA NOSA "CAPI"

Lucía Seoane
Lamentablemente confirmase a grave lesión da nosa querida xogadora Lucía Seoane que foi trasladada en ambulancia desde o Campo da Fontenla de Santa Comba ata o Hospital HM Rosaleda de Santiago de Compostela onde foi diagnosticada con a rotura de tibia e peroné quedando ingresada no centro hospitalario pois precisa ciruxia que se prevé para fináis da presente semana.

A nosa Capi mancouse nunha xogada fortuita, de pura mala sorte...

Agradecer o excelente comportamento do Xallas CF e do Colegiado do partido axudando dende o primeiro instante.

 Agora toca recuperarse ao 100%. 

Informaremos puntualmente da súa evolución por as nosas RRSS.

Moitos ánimos Lucía, todo o Maniños está contigo!!!

DERROTA POLA MÍNIMA DO FEMININO NUN PARTIDO MARCADO POLA GRAVE LESIÓN DA NOSA CAPI

Derrota pola mínima dos feminino en Santa Comba e ante o Xallas CF nun partido ensombrecido pola grave lesión de "Capi" Lucía que foi trasladada a un hospital de Santiago para evaluar o alcance da mesma. 

O partido quedou nun segundo plano sendo finalizado o mesmo no minuto 75 por non encontrarse o Maniños ni ninguén de los alí presentes en condicións de seguir xogando.

O que durou o partido, as brancas plantaron cara a un Xallas, un dos mellores equipos da competición. Un gol na primeira metade foi determinante para o devenir do partido ensombrecido por tan triste final.

Moitos ánimos Lucía!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (24-25-26) XANEIRO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X03): Galicia de Mugardos - Cultural Maniños (SUSPENDIDO)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X03): CMI Club Campo "D" - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X03): Cultural Maniños - Galicia Caranza (2)
ALEVINES (2ª Fase - X03): Cultural Maniños - EF Irmandiños (2)
INFANTILES (2ªF - X06): SD Portuarios - Cultural Maniños (SUSPENDIDO)
CADETES (2ªF - X06): Cultural Maniños 2 - EF Irmandiños 0
XUVENILES (2ªF - X04): DESCANSAN
FEMININO (X17): Xallas CF 1 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X17): Cultural Maniños 1 - SPM 7
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X18): Cultural Maniños - Sporting Cambre "B" (SUSPENDIDO)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X19): Sporting Cambre - Cultural Maniños (SUSPENDIDO)

SUSPENSIÓN DA XORNADA DO VENRES E DOMINGO POR ALERTA LARANXA

Por orde da Xunta de Galicia suspendeuse toda actividade ao aire libre o venres 24 pola alerta laranxa a consecuencia da borrasca Herminia

O sábado a xornada sacouse adiante con máis o menos dificultade e o domingo ante os cerres de diferentes concellos a RFGF decideu con bo criterio supender todolos partidos das competicións dentro do ámbito de influencia da borrasca.

Agora toca aos Clubs chegar a acordos para recuperar os partidos.

lunes, 20 de enero de 2025

DURA DERROTA DOS VETERANOS EN ELVIÑA

Os veteranos seguen na súa travesía no deserto. Derrota por (6-0) na sua visita a Elviña Grande onde foi goleado polo CD Ciudad

Partido ao que se acudeu moi xusto de xogadores e incluso algúns mermados físicamente. 

As cosas non están saindo...

Ata o final !!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

TRES PUNTOS PARA O FILIAL ANTE O ONCE CABALLEROS

Triunfo para a esperanza do Filial que superou ao Once Caballeros "B" dunha maneira folgada pero con máis dificultades das que se podría deducir polo marcador. 

O primeiro gol dos brancos (por certo golazo de Hugo) marcou o devenir do partido. O noso filial defendeu con acerto e deixou por primeira vez no ano a portería a cero o cal e a base para acadar bos resultados.

Debut de Junior na portería branca que ven a cubrir as baixas de Joel e Xabi Pichón lesionados.

 Anotaron Hugo, Aitor e Alex

A manter esta dinámica. 

Parabéns!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

VICTORIA BALSÁMICA DO FEMININO

Victoria importante do Feminino ante o SD Brexo Lema (equipo que goleou as nosas na primeira volta) que permitelle dar un paso de xillante na taboa. A recuperación das xogadoras está sendo fundamental para mellorar o rendimento tanto en xogo como en resultados do equipo.

A salvación esta a un punto e toda a volta por diante, e o que é mellor, xogando ben e gañando con solvencia. 

Anotaron Lucía Calvo (2) e Tensi. 

A seguir así equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noelia Leiras en www.radiofusion.gal, preme aquí

TABOAS NO DERBI FENÉS

Non se pode facer máis para gañar un partido salvo matar o partido e sobre todo nun derbi onde cada ocasión é ouro e onde ser eficaz é vital para poder sumar os tres puntos. Polo demáis nada que reprochar aos brancos que o deron todo e xogaron unha primeira parte espectacular, quizais a mellor da tempada nun partido onde se mereceu máis pero o fútbol ten un dogma e e sque "o que perdoa...

O resumo da primeira parte é claro, dominio total do xogo por parte do Maniños con varias ocasións claras de gol. Adiantou Santi aos locais cun gol de dianteiro centro ao aproveitar en boca de gol un perfecto servizo de Pedro. O resto da primeira parte ten unha lectura sinxela que foron ocasións sen réditos, Pedro, Hugo...unha pena porque o partido debeu quedar sentenciado pero non foi e logo pasó factura.

Santi anotando o gol blanco

Na segunda parte o Maniños xa non estivo tan brillante e non xogou coa fluidez da primeira co que os visitantes foron quitándose pouco a pouco o dominio branco. Nese escenario e sen que os brancos fosen capaces de matar o partido aínda que tiveran as súas opcións, a lei non escrita do fútbol impúxose, nunha xogada illada os visitantes lograron poñer as táboas. De aí ao final do partido non pasou nada máis finalizando o partido co coñecido (1-1).  ¿Xusto ou inxusto? o fútbol é así.

Cabeza ben alta, bo partido do equipo que non está sacando resultados correspondentes a seu xogo pero esto cambiará porque esta mala dinámica ten que acabar nalgún intre e seguro que non está lonxe. O domingo nova probo de fogo ante un dos mellores equipos da competición como é o Sporting Cambre no seu terreo de xogo. A dalo todo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (17-18-19) XANEIRO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X02): Cultural Maniños - Narón Freixo (2)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X02): Cultural Maniños - Estrella Solaina "B" (2)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X02): Meirás CF - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (2ª Fase - X02): Eume - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2ªF - X05): Cultural Maniños 1 - Cedeira, SD 6
CADETES (2ªF - X05): Narón Freixo 1 - Cultural Maniños 6
XUVENILES (2ªF - X04): Cedeira, SD 2 - Cultural Maniños 3
FEMININO (X16): Cultural Maniños 3 (Lucía Calvo (2)  e Tensi) - Brexo Lema, SD 1
VETERANOS (X16): CD Ciudad 6 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X17): Cultural Maniños 3 (Hugo, Aitor, Alex) - Once Caballeros "B" 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X18): Cultural Maniños 1 (Santi) - CCRD Perlío 1

lunes, 13 de enero de 2025

OS VETERANOS CAEN POLA MÍNIMA ANTE O PASTORIZA

Nun vibrante encontro celebrado a pasada fin de semana, o Pastoriza impúxose por 1-2 ante o Maniños nun partido cheo de emocións e momentos destacados.

O marcador abriuse no minuto 30, cando o Pastoriza logrou adiantarse cun gol que sorprendeu á defensa do Maniños. A pesar do golpe inicial, o equipo local non se rendeu e continuou buscando o empate con intensidade.

O esforzo do Maniños deu os seus froitos no minuto 41. Tras un córner e varios rexeites na área, Rubén atopou a oportunidade perfecta para enviar o balón ao fondo da rede, igualando o marcador xusto antes do descanso.


Na segunda metade, o Maniños mantivo a súa seriedade e consistencia no xogo, pero non foi suficiente para impoñerse. O Pastoriza desequilibrou a balanza ao seu favor no minuto 61 cun gol que resultou ser decisivo.

Aínda que foi un bo partido do Maniños, cheo de dignidade e esforzo, o encontro estivo marcado por demasiadas interrupcións, o que rompeu o ritmo do xogo. 

O Maniños intentou reaccionar, pero non puido atopar o camiño para volver empatar. Con este resultado, o Pastoriza levou os tres puntos nun partido moi disputado, deixando aos afeccionados un sabor agridulce.

Nota negativa: Durante os últimos 15 minutos do partido, o árbitro non permitiu realizar cambios a ningún dos equipos, facendo referencia a unha norma que xa non existe nas ligas de veteranos. Dende aquí gustaríanos deixalo reflectido e que calquera equipo que poida verse afectado saiba que esta norma non está vixente.

O FEMININO SEN OPCIÓNS ANTE O POTENTE CARRAL

Derrota clara e contundente do feminino ante un potente UD Carral que demostrou a súa posición na taboa. Pouco máis se pode engadir nun partido sen historia.

Non hai tempo para lamentarse, esto non para... A recuperar xente e a pola segunda volta!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

O FILIAL CAE NOS INTRES FINÁIS NA LAVANDEIRA

Derrota do Filial ante un bo Sporting Burgo quen foi quen de voltear o marcador. Un gol de Raúl ao comenzo da segunda metade alimentou as ilusión dos brancos pero o forte dominio local posibilitou a remontada. 

Felicitar ao equipo polo esforzo especialmente a Hugo polo seu grande traballo baixo paos. A partir sa semana próxima poderá volver a súa posición no terreo de xogo coa incorporación de Junior que completará a portería branca tras las baixas de Joel e Xabi por lesión. Lamentar a expulsión de Martín por doble cartón amarelo. 

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

OS MODESTOS SEN SORTE CAEN ANTE O OZA JUVENIL

O fútbol é cuestión de dinámicas pero tamén de acerto e na tarde deste domingo iso foi precisamente o que lle faltou aos brancos, merecedores dun mellor resultado, mellores en moitas das facetas do xogo salvo nas áreas tanto na propia como na allea onde o rival tivo máis eficacia o que decantou que os tres puntos fósense para a Coruña

O partido tivo un guión, balón para os brancos que monopolizaron o mesmo cun Oza esperando atrás e buscando as súas bazas ofensivas con rápidas contras aproveitando a velocidade dos seus xogadores. O Maniños empezou ben con varias ocasións onde o meta visitante estivo acertado tanto parando como dominando o xogo aéreo. Pero foron os coruñeses os que marcaron primeiro ao aproveitar unha indecisión defensiva local. (0-1) e tocaba unha vez máis remar. E aí o equipo non se descompuxo contando en varias ocasións moi claras como unha vaselina de Julián que non colleu portería como un cabezazo a bocaxarro de David que con todo a favor non acertou cos tres paus. Con esa sensación de xerar perigo continuamente e que se podía ser optimista para a segunda metade o partido chegou ao descanso.

A segunda metade empezou mellor imposible para os intereses brancos, balón en profundidade a Christian que supera en carreira á zaga visitante superando ao meta coruñés cunha vaselina. (1-1) e o partido volvía empezar. Pero aí estivo a clave do partido porque 1 minuto despois e tras un saque de esquina cabezazo dun dianteiro visitante e o balón morto chega ao mesmo xogador rodeado dunha maraña de xogadores locais poñendo o rexeite no fondo das redes (1-2) e duro golpe para os brancos. O equipo levantouse e xerou numerosas ocasións de gol que se fallaron unha detrás doutra incluso algunha se pode dicir sen explicación, sen porteiro e co balón controlado ao bordo da área pequena. Estaba a cousa de non e o balón non quixo entrar. É certo que co Maniños envorcado na área visitante os coruñeses montaron contras para matar a partido cousa que tampouco lograron finalizando o aprtido co inxusto (1-2) que supuxo un paso atrás nas aspiracións brancas de consolidarse na zona de privilexio da táboa.

Non puido ser pero a diferenza doutros partidos o único que faltou nesta ocasión foi acerto, o que hoxe non entrou farao noutra ocasión pero isto é o que ten o fútbol e que o fai tan grande e é que 2   2 non sempre é 4. A levantarse e a seguir que queda moito camiño por diante. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (10-11-12) XANEIRO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X01): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X01): SD O Val Blanco "B" - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X01): Cultural Maniños - Eume "B" (2)
ALEVINES (2ª Fase - X01): Cultural Maniños - AD Miño (1)
INFANTILES (2ªF - X04): Meirás CF 2 - Cultural Maniños 1
CADETES (2ªF - X04): Cultural Maniños 0 - AD Miño 1
XUVENILES (2ªF - X03): Cultural Maniños 5 - SD Libunca 0
FEMININO (X15): Cultural Maniños 0 - UD Carral 6
VETERANOS (X15): Cultural Maniños 1 (Rubén) - SCD Pastoriza 2
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X16): Sporting Burgo 2 - Cultural Maniños 1 (Raúl)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X17): Cultural Maniños 1 (Christian) - Oza Juvenil 2

miércoles, 8 de enero de 2025

CARA E CRUZ DOS VETERANOS NOS PARTIDOS ADIADOS

Os veteranos recuperaron os dous partidos pendentes, adiados no seu día pola folga nas instalacións deportiva na cidade da Coruña.

No primeiro partido xogado o día 29 de decembro na Lamadosa derrota ante o Vioño CF por (4-1) e no segundo xogado o día 4 de xaneiro na Grela, triunfo por (0-5) ante o Galicia Gaiteira.

Acta do partido ante o Vioño CF en www.futgal.es, preme aquí

Acta do partido ante o Galicia Gaiteira en www.futgal.es, preme aquí

O FEMININO AVANZA NA COPA CON PASO FIRME

A primeira ronda copeira foi propicia para o noso feminino pois acadou as semifinais da Copa de Ferrolterra tras derrotar ao Galicia de Caranza no seu feudo por (0-5) cunha primeira media hora para enmarcar con 4 goles para as brancas que cerraron o marcador na segunda metade. 

Nora nunha acción do partido en Caranza
(Foto: @Bisbarraenxogo)

Anotaron Lara Gorgullo, Cris, Nora, Antía e Manuela. Agora a darle dura a competición ligueira sen descuidar a copa cando toque.

Parabéns!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

OS MODESTOS CAEN PO LA MÍNIMA NUN PARTIDO IGUALADO

Non puideron os modestos meterse nas semifinales de copa al caer pola mínima (0-1) ante o Galicia Mugardos da Preferente. Nun partido igualado e cerrado un gol na recta final do partido decideu o pase. 

Intre do partido copeiro
(Foto: @Bisbarraenxogo)

Repítese a historia do ano pasado, mesma eliminatoria resultado e categoría do rival. Unha bagoa... 

A centrarse na liga.

Moita sorte ao Galicia de Mugardos!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (04-05) XANEIRO

FEMININO (1/4 FINAL COPA FERROLTERRA): Galicia Caranza 0 - Cultural Maniños 5 (Lara Gorgullo, Cris, Nora, Antía e Manuela) 
VETERANOS (X12): Galicia Gaiteira 0 - Cultural Maniños 5 (Javi Rico (2) e Karranza (3))
AFICIONADOS  (1/4 FINAL COPA FERROLTERRA): Cultural Maniños 0 - Galicia Mugardos 1