miércoles, 9 de agosto de 2023

PRIMEIRO EQUIPO - BAIXAS

Neste caso toca despedir a dous ilustres que abandonan ou Club esta tempada:

Alex Grueiro

Pertenceu ao Club en dúas etapas, a primeira (2013-2015) e na segundo desde (2018-2023) con pandemia polo medio. "O profesor" deu moito ao Maniños  nas súas 6 tempadas de branco. 

Xogador de gran calidade e visión de xogo, pasou tamén vestido de branco por unha grave lesión de xeonllo. 

Darlle a grazas a Grueiro por todo o achegado ao Club e desexarlle toda a sorte do mundo para o futuro.

Alex Grueiro

Juan Luis Amigo Ferreiro "Juanito"

Sen dúbida o xogador con mellor currículum que pasou polo Cultural Maniños nos seus 60 anos de historia (Compos, Depor, Betis, Levante,...). 

Un pracer e un orgullo ser o décimo e último (de momento) equipo da súa longa traxectoria. 

Ten un récord difícil de igualar como é de de xogar cos seus dous fillos, Óscar e Ipi esta última tempada en Primeira Galicia e defendiendo as cores do Maniños.

Pouco máis se pode engadir...

Grazas por todo Juanito e moita sorte no futuro!!!

Juanito Amigo

GO MANIÑOS