martes, 25 de abril de 2023

OS VETERANOS EMPATAN NUN PARTIDO QUE NON SOUPERON CERRAR

Empate dos veteranos ante o Ural Español CF Volta Xentes "B" que deixou un sabor agridoce aos brancos que non souberon pechar o partido cando parecía que estaba gañado. E non é a primeira vez que se ten esa sensación de derrota aínda que non sexa ese o resultado (o anterior partido ante o Cambre por exemplo). E é que se está comprobando que unha vez que se fixo o máis difícil como foi darlle a volta ao marcador o equipo segue igual de alegre, mirando para adiante cando o que hai que facer preferentemente é coidarse as costas. E aínda que é moi bonito atacar para gañar partidos o primeiro é defender e non dar opcións ao rival. E isto non é unha crítica senón unha reflexión e o que está a suceder nos últimos partidos en O Pote

Ahitor a punto de detener el penalti favorable al Ural
(Foto: Mercedes Lamas)

O partido comezou con claro dominio branco que non foi capaz de adiantarse no marcador aproveitando os coruñeses un rigoroso penalti que estivo a piques de deter Ahitor. A pesar dos numerosos esforzos por neutralizar o gol visitante non foi ata a última xogada da primeira parte cando Marcos Sánchez desde moi lonxe superou ao meta herculino. (1-1) e partido ao descanso. A segunda parte comezou cun golazo do equipo visitante, espectacular xogada individual de Ambrosio que despois de desfacerse de varios defensas superou a Ahitor por baixo. Golazo e (1-2). Faltando 20 minutos o máis pequeno, Mon, dun certeiro cabezazo en boca de gol puxo as táboas para pouco despois Iván nunha preciosa xogada puxo o (3-2). Xa na recta final os visitantes aproveitáronse do descontrol do partido e dunha clara falta a Iván que foi empuxado por un atacante do Ural ante a cegueira habitual de Abol que é un Colexiado que nin está nin se espera.

Iván anotando o terceiro gol dos brancos
(Foto: Mercedes Lamas)

Tampouco hai que facer un drama disto. Isto é un xogo para divertirse. Gañar está ben pero non é o máis importante. O importante é gozar do fútbol e do terceiro tempo con compañeiros e rivais...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí