lunes, 3 de abril de 2023

DERROTA DO FEMININO ANTE O LÍDER

Derrota do feminino no partido deste domingo ante numeroso público que se "enganchou" despois do dos modestos e que animou e apoiou ao equipo nos momentos complicados que non foron poucos e ante posiblemente o mellor equipo da competición como é o Atlético San Pedro que soubo sufrir cando lle tocou e golpear ás brancas ao bordo do descanso para logo rematar o partido na segunda metade.

Empezou ben o
Maniños, con moita orde e con acerto de fronte o gol xa que Mishelle poñía o (1-0) bordeando o minuto 20.  As visitantes a pesar de que tiñan chegada non eran capaces de superar a unha Uxía moi segura. Tivo que dar todo de se as de San Pedro de Nós para poder superar o armazón defensivo das brancas e así antes do descanso lograban voltear o marcador.

As brancas na segunda parte non lle perderon a cara ao partido en ningún momento aínda que antes do primeiro cuarto de hora da continuación e ao transformar un penalti poñer o (1-3) que deu tranquilidade a un líder que seguiu atacando aínda que sen desguarnecer a defensa e deixar pasar o tempo que transcorreu sen ningún cambio máis no marcador finalizando co coñecido (1-3).

Derrota que entraba dentro do esperado, felicitar ao rival e desexarlle sorte na súa carreira para a consecución do título e agora centrarse nos próximos partidos de carácter local empezando polo derbi fenés ante o Perlío

A seguir traballando e aprendendo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí

#peixeria_mares
#pinturas_mar