lunes, 17 de enero de 2022

VITORIA ANTE O MONFERO NUN PARTIDO MOI TRABADO

Non foi nada fácil a vitoria dos brancos ante o Monfero CF que vendeu moi cara a súa derrota na matinal do domingo en O Pote. Os brancos levaban un mes sen competir desde a súa derrota en Os Calzados ente o ADC A Capela, ao non participar na Copa de Ferrolterra e aprazarse o partido por casos Covid o seu partido da semana ante o Xuventud de Cabanas. Así que o Maniños mostrou unha manifesta falta de ritmo e estivo moi espeso na circulación de balón o que facilitou os labores defensivos dos visitantes que doutra banda non inquietaron en ningún momento a portería local defendida nesta ocasión por Carlos Merino.

Mario pechou o marcador

O partido transcorría moi trabado sen grandes ocasións de gol e todo o perigo local era abortado pola defensa e o meta visitante Jorge que sen dúbida foi así como na ida, o mellor xogador do seu equipo. Non obstante as sensacións eran de que era cuestión de tempo e que en calquera momento abriríase o ferrollo e así foi cando o partido achegábase ao fío do descanso, Marcos puxo o (1-0) e con ese gol levou ao tempo de lecer.

A segunda parte moi trabada, con moi pouco ritmo, continuas interrupcións e moita falta no medio do campo o que impediu ao Maniños estar cómodo e aínda que a vitoria parecía non correr perigo, o partido podíase catalogar de feo con algunha ocasión illada por exemplo un lanzamento de falta de Alex Feal ao traveseiro así como outras opcións de Álvaro ou Berto ben resoltas polo meta visitante. Faltando un cuarto de hora, Alex Feal rematando unha gran xogada combinativa do equipo local puxo o (2-0) e xa na recta final Mario asinou o tanto que ao cabo foi o definitivo e co que finalizou o partido de (3-0).

Vitoria traballada e xusta do Maniños que debe mellorar moito en próximos partidos para poder engancharse aos postos de privilexio da clasificación. Agora toca seguir recuperando xente para a causa e que os adestradores dispoñan do maior número de efectivos posibles. Ao Monfero CF desexarlle moita sorte no que queda de tempada.

Seguimos na pelexa!!!

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí

Manel Freire en www.radiofusion.eu, preme aquí