viernes, 24 de julio de 2026

RENOVACIÓNS VETERANO TEMPADA 2026/2027

A Cultural Maniños Veteranos segue dando forma ao seu proxecto mantendo unha das súas grandes fortalezas: un grupo unido, comprometido e con moitas ganas de seguir desfrutando do fútbol.

Unha tempada máis, a familia branca conta coa continuidade dun amplo grupo de xogadores que achegan calidade, experiencia, traballo e ese espírito de equipo que define ao vestiario.

viernes, 19 de junio de 2026

DÍA DA FAMILIA BLANCA

MÁIS QUE UN PARTIDO, UN RECORDO PARA SEMPRE

O pasado venres 12 vivimos no Pote unha desas tardes que quedan gardadas na memoria. O xa mítico Día da Familia Blanca, xeracións compartindo céspede, risas, goles, piques sanos e moito sentimento blanco.
A xornada foi todo un éxito de afluencia e, a pesar do calor, o bo ambiente e as risas estiveron máis que aseguradas durante toda a tarde. Porque o fútbol non é só competir. É crear lembranzas, fortalecer lazos e compartir a paixón polos nosos colores dentro e fóra do campo.

Grazas a todos os pais, nais, nenos e nenas que fixestes posible esta xornada tan especial. O resultado era o de menos... aínda que seguro que cada un conta unha versión diferente do marcador! ​ Un día para recordar. Un club para sentir.

 GO MANIÑOS

martes, 16 de junio de 2026

NON PUDO SER E O ASCENSO A 2ª FUTGAL VAISE PARA CANIDO

Non puido ser...
O Cultural Maniños "B" viu como a final se lle escapaba ante un SRD Canido que foi superior e soubo xestionar mellor os momentos clave do encontro. Durante a primeira metade o equipo competiu e mantívose vivo no partido, pero un gol no minuto 43 supuxo un duro golpe anímico xusto antes do descanso.

Ese tanto psicolóxico obrigou aos nosos a remar contracorrente na segunda metade. Co marcador en contra e coa presión propia dunha final, as pernas pesaron máis do habitual. O Canido mostrou máis soltura co balón, xerou máis perigo e acabou ampliando a vantaxe para sentenciar o encontro.

Toca recoñecer a superioridade do rival e felicitar ao SDR Canido polo ascenso a 2ª FUTGAL, logrado con todo merecemento.

Pola nosa parte, queda a tristeza do momento, pero tamén o orgullo dunha tempada na que este grupo levou o nome do Maniños ata a última batalla. Grazas aos xogadores, corpo técnico e directiva por facer posible este camiño.

Mención especial para a nosa afección, que unha vez máis estivo á altura do escudo. Desprazamento masivo para acompañar ao equipo nesta final tinguindo de branco as bancadas, creando un ambiente espectacular desde moito antes do asubío inicial ata o derradeiro minuto. O resultado non foi o desexado, pero o voso apoio foi unha auténtica demostración de sentimento, orgullo e compromiso cunha camiseta. Grazas por estar sempre aí. Este club tamén é voso. 

Perdemos unha final, pero non a ilusión. Volveremos.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Älvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (12-13-14) XUÑO

FILIAL (Final - Playoff ascenso 2ª Futgal): SRD Canido 2 - Cultural Maniños 0

miércoles, 10 de junio de 2026

A GRAN FINAL

O domingo xógase a final do Playoff de ascenso a 2ª Futgal no Campo Municipal de Neda ante un Club histórico e compañeiro de batallas durante moitos anos dos nosos como é o SRD Canido que está traballando moi ben tanto na base como no Primeiro Equipo. 
A dalo todo! 

Moita sorte! 

GO MANIÑOS

#osoñomasivivoquenunca

lunes, 8 de junio de 2026

O FILIAL NA FINAL DO PLAYOFF DE ASCENSO A 2ª FUTGAL

ESTAMOS NA FINAL!!!

Hai días que quedan gravados para sempre na memoria dun club, e este é un deles.
O Cultural Maniños conseguiu o pase á gran final do ascenso tras superar ao Xuventud Cabanas nun derbi intenso, igualado e cargado de emoción ata o último suspiro.

Despois da derrota pola mínima na ida, os de Chiki sabían que tocaba remar contra corrente, e fixérono coa personalidade, a entrega e o corazón que caracterizan a este grupo.

Nun O Pote ateigado e empurrando dende o primeiro minuto, o equipo buscou o gol con fe, paciencia e convencemento. A recompensa chegou no segundo tempo cando Hugo Lorenzo abriu o marcador e fixo estoupar de ledicia a bancada.
Co empate na eliminatoria, todo se decidiu dende os once metros...

E alí apareceu a fortaleza mental dun equipo que nunca deixa de crer. Un a un, os lanzamentos foron achegando ao Maniños ao seu obxectivo ata que o 4-3 definitivo desatou a tolemia. Mención especial para o xuvenil Rodrigo que salindo do banco foi decisivo na tanda de penaltis.

Abrazos, bágoas de felicidade, sorrisos e unha afección entregada celebrando xunto aos seus.

Agora só queda un paso... Un último esforzo. Un último partido. Un último reto.

Porque os soños están para perseguilos... e este equipo está máis vivo ca nunca.

E pobre do que queira quitarnos a ilusión.

A POR TODAS NA FINAL, RAPACES!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (5-6-7) XUÑO

XUVENILES (2º FASE - X20): Cultural Maniños 0 - Meirás CF 3
FILIAL (Semifinal - Playoff ascenso 2ª Futgal - VUELTA): Cultural Maniños 1 - Xuventud Cabanas 0 (4-3 penaltis)

martes, 2 de junio de 2026

DERROTA POLA MÍNIMA DO FILIAL NA IDA DO PLAYOFF DE ASCENSO A 2ª FUTGAL

Derrota pola mínima dos rapaces de Chiqui Dopico que foron superados na primeira metade e mereceron máis na segunda metade onde foron domindores do xogo con grandes ocasións desbaratas polo bo traballo do meta local e o pao. Pero e de xustiza recoñecer a boa primeira metade dos locáis que a base de centros e balóns parados xeneraron moitas situacións complicadas aos brancos.
A eliminatoria decidirase en O Pote na que se prevé moita igualdade polo que no se desbota calqueira resultado aunque coa esperanza de que os brancos volteen a eliminatora na que se houbera igualdade no resultado da volta (victoria por un gol do Maniños) habería prórroga e penaltis.

A preparar ben a volta!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí 

DERROTA DO FEMININO NO ÚLTIMO PARTIDO NO POTE

Derrota intrascendente no derradeiro partido de Liga para o noso Feminino que xa tiña os deberes feiros dende a xornada anterior ao caer o AD Nicrariense no seu partido e descansar nesta última.
A bagoa foi que cando o partido parecía encaminado a as taboas un gol cormelán nos intres finais permiteu as visitantes sumar os tres puntos. Anotaron para as brancas Cris e Lore.

Agora a esperar a resolución sobre o partido adiado da xormada 33 ante o SD San Lázaro para poder descansar e reflexionar e facer autocrítica sun ano moi difícil.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí 

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (29-30-31) MAIO

JUVENILES (2º FASE - X19): CD As Pontes "B" 1 - Cultural Maniños 2
FEMININO (X34): Cultural Maniños 2 (Cris e Lore) - Corme CF 3
FILIAL (Semifinal - Playoff ascenso 2ª Futgal - IDA): Xuventud Cabanas 1 - Cultural Maniños 0

viernes, 29 de mayo de 2026

XORNADAS DE CONVIVENCIA

Este sábado 30 xogaranse as distintas xornadas de convivencia das categorías de F8 base Prebenxamín, Benxamín e Alevín en diferentes sedes. 
O Pote será a sede da categoría Benxamín grupo título - Consolación 1 onde participará o noso Benxamín B.

Os nosos Prebenxamines desprazaranse A Piscina de San Sadurniño. O Bexamín A cruzará As Pías para xogar en Caranza en xornada dobre (venres e sábado) e os Alevíns marchan a Gallamonde (Miño).

A disfrutar das xornadas !!!

GO MANIÑOS

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (29-30-31) MAIO

 

martes, 26 de mayo de 2026

O EQUIPO VETERANO QUEDA ELIMINADO NO ÚLTIMO PARTIDO DA FASE DE GRUPOS

O equipo veterano viuse superado nos primeiros compases do encontro, onde os nervios atenazaron aos brancos. Tres goles nos primeiros dez minutos supuxeron un castigo demasiado duro para os nosos.
A pesar diso, o equipo non deixou de loitar nin de intentalo ata o asubío final, chegando a competir e a recortar diferenzas, pero a lousa inicial foi demasiado grande.

Unha mágoa despedirse da competición deste xeito, nun contexto marcado tamén por un resultado máis que estraño, co outro encontro entre CD Ciudad e o Mercurio, SD "B" resolto cun contundente (9-0), o que levou a eliminación tanto de Maniños como do outro contendente o Beat Street Betanzos

Punto e final a tempada da cal hai que facer balance pero de entrada positiva en todolos sensos.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

ADIOUSE O PARTIDO DO FEMININO QUE CELEBRA A PERMANENCIA

O Feminino, a pesar de non disputar o seu partido en Lugo e ante o SDC San Lázaro por alerta meteorolóxica, deu a boa nova da fin de semana ao acadar a permanencia matemática na categoría. 
A derrota do A. D. Nicraeriense fai que xa non poidan superar ás brancas na clasificación acadando a permanencia matemática un ano máis na segunda división galega.

Noraboa, equipo!

GO MANIÑOS

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí

lunes, 25 de mayo de 2026

UN DÍA TRISTE PARA O MANIÑOS, FALECERON DOUS GRANDES , ISMAEL ANTÓN E PIÑO AMADO

O Cultural Maniños está de loito polo pasamento no día de hoxe do ex presidente do Club nos anos 80 e 90, D. Ismael Antón Blanco. 

Tamén faleceu o ex xogador D. José Fernández Amado "Piño" que xogou na metade dos anos 70. 

O noso mais sentido pésame a familiares, amigos e achegados dos falecidos. 

DEP

NON PUDO SER, A COPA MARCHA PARA SINDE

O primeiro equipo viuse superado por unha SD O Val con máis intensidade, e non foi quen de atopar o seu xogo durante o encontro. Un penalti, canto menos dubidoso, puxo de cara o partido para o conxunto visitante, que xa estaba a ser superior nos primeiros compases.

A partir dese momento, os do Pote intentaron dar un paso ao fronte, pero a pesar do esforzo e de competir ata o final, non conseguiron xerar o perigo suficiente sobre a portería rival.
Un erro no minuto 61, ben aproveitado polo Val, acabou por romper definitivamente a resistencia branca. De aí ata o final quero e non podo dos brancos que non estiveron ben ni cómodos en ningún momento do partido.

Parabéns a SD O Val, xusto vencedor!

Toca seguir traballando e aprender desta experiencia para volver máis fortes.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí