lunes, 16 de febrero de 2026
(1/8) FINAL - COPA DE FERROLTERRA
SITUACIÓN A DÍA DE HOXE DOS PARTIDOS ADIADOS
Como xa se comentou se irá actualizando as datas dos partidos adiados pola RFGF nas xornadas do (23-24) de xaneiro e neste finde a do día (29).
Despóis dunha semana intensa e de que todas partes afectadas fixeran un forte exforzo por poñerse ao día, o nos Club ten só dous partidos pendentes que son os seguintes:
BENXAMÍN "A"
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (do vernes 30)
INFANTILES
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (do vernes 30)
En ambos casos estase negociando unha data para poder xogarse o partido co menos perxuicio para ambas partes.
Seguiremos actualizando...
GO MANIÑOS
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (13-14-15) FEBREIRO
PREBENXAMÍN (-----): SEN PARTIDO
BENXAMÍN "A" (ADIADO): Galicia Caranza - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "B" (ADIADO): Cultural Maniños - Numancia (1)
ALEVINES (ADIADO): Cultural Maniños - CD Cariño (1)
INFANTILES (ADIADO): CD Narón 4 - Cultural Maniños 0
INFANTILES (COPA): CD As Pontes 8 - Cultural Maniños 0
CADETES (COPA): Eume Deportivo 3 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (ADIADO): Racing San Pedro 2 - Cultural Maniños 3
VETERANOS (ADIADO): Cecebre, SD 5 - Cultural Maniños 3 (Ricardo, Javi Pazos e Javi Rico)
FEMININO (X20): Esteirana, SD 2 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X06): Cultural Maniños 1 (Rubén) - SRD Canido 4
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X22): San Tirso, SD 2 - Cultural Maniños 1 (Hugo)
sábado, 14 de febrero de 2026
CARMEN XOGA HOXE COA SUB 13 FEMININA EN MOS
jueves, 12 de febrero de 2026
HOXE XOVES 12 RECUPÉRASE UN NOVO PARTIDO DOS ADIADOS
CD Narón - Cultural Maniños
O Cadaval, 18:30 H.
miércoles, 11 de febrero de 2026
FALECEU D. GERARDO PÉREZ SAS
Na tarde de onte recibimos a mala nova do falecemento de D. Gerardo Pérez Sas, coñecido por "O Queixo".
Gerardo foi unha persoa moi importante no Club dende o seu posto de adestrador, cargo que mantivo moitos anos e en diferentes categorías. Moi implicado e sempre disposto a colaborar. Foi tamén presidente da ACRD O Pote.
Desde aquí mandar un forte abrazo a toda a súa familia, achegados e amigos en xeral, aos que acompañamos no sentimento.
DEP Gerardo
martes, 10 de febrero de 2026
HOXE MARTES 10 RECUPÉRASE UN NOVO PARTIDO DOS ADIADOS
Esta tarde recupérase un novo partidos dos adiados do 23 de xaneiro, neste caso é o seguinte correspondente a Xornada 3 do Grupo1 de Consolación:
BENXAMÍN "B"
Cultural Maniños - ADR Numancia
O Pote, 18:00 H
Xa só quedanos 7 partidos por recuperar!!!
GO MANIÑOS
lunes, 9 de febrero de 2026
AGRIDOCE XORNADA PARA O RESTO DE EQUIPOS
CULTURAL MANIÑOS 2 - 3 S.D. MILAGROSAA mala sorte segue acompañando ao noso Feminino que, despois dun gran partido e dunha entrega sen límites, caeu nos intres finais ante un dos equipos situados na parte alta da táboa.
A lectura é positiva, xa que o equipo competiu a un gran nivel fronte a un rival moi esixente e amosou carácter, compromiso e ambición ata o último minuto.
A seguir loitando!!!
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
Terceira Futgal – Filial
XUVENTUD CABANAS 3 - 1 CULTURAL MANIÑOSO Filial caeu derrotado (3-1) na súa visita á Veiga. Partido complicado ante un rival que semella terlle tomada a medida aos brancos.
A seguir traballando duro!
Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí
Terceira Futgal – Veteranos
S.D.VALDOVIÑO 0 – 1 CULTURAL MANIÑOSOs Veteranos seguen coa súa marcha ascendente tras derrotar ao SD Valdoviño en Mourente.
A seguridade defensiva, cun gran Adrián baixo paus, o traballo e compromiso de todo o equipo xunto coa definición do maestro do gol, Javi Rico, foron dabondo para manter a boa dinámica.
Que non pare!!!
DERROTA DOS MODESTOS ANTE O DUBRA QUE DEIXA AOS BRANCOS MOI TOCADOS
O partido foi igualado e moi trabado, con poucas ocasións claras. A S.D. Dubra aproveitou un corner para marcar o único gol do encontro no minuto 62. Previamente o porteiro Marcos ataxou unha penal favorable ao equipo visitante.
A partir desde momento, a Cultural, seguiu crendo, apertando e buscando o empate, pero non foi quen de xerar perigo con claridade e continuidade.
Toca seguir competindo, recuperar efectivos e mirar cara adiante xornada a xornada.
GO MANIÑOS
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (6-7-8) FEBREIRO
PREBENXAMÍN (2º FASE - X05): Cultural Maniños - Meirás CF (1)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X05): Galicia Mugardos "B" - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X05): Cultural Maniños - CD As Pomtes "B" (1)
ALEVINES (2º FASE - X05): Cultural Maniños - Numancia, ADR (2)
INFANTILES (2º FASE - X05): Cedeira, SD 4 - Cultural Maniños 3
CADETES (1º FASE - X14): CD As Pontes "B" 3 - Cultural Maniños 3
XUVENILES (2º FASE - X05): Numancia, ADR 2 - Cultural Maniños 4
VETERANOS (X16): SD Valdoviño 0 - Cultural Maniños 1 (Javi Rico)
FEMININO (X20): Cultural Maniños 2 (Oli e Lara Gorgullo) - SCD Milagrosa 3
FILIAL - 3ª FUTGAL (X05): Xuventud Cabanas 3 - Cultural Maniños 1 (Pablo Pérez)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X21): Cultural Maniños 0 - SD Dubra 1
jueves, 5 de febrero de 2026
RESULTADOS PARTIDOS RECUPERADOS
Dos 10 partidos inicialmente adiados dos días (23-24) e (30) de xaneiro, xogáronse dous con os seguintes resultados.
PREBENXAMINES
Cultural Maniños - SRD Canido (X)
CADETES
Cultural Maniños 5 - SRD Portuarios "B" 0
A polos 8 restantes...
GO MANIÑOS
martes, 3 de febrero de 2026
lunes, 2 de febrero de 2026
SITUACIÓN DOS PARTIDOS ADIADOS
Como xa se comentou se irá actualizando as datas dos partidos adiados pola RFGF nas xornadas do (23-24) de xaneiro e neste finde a do día (29).
Xa se recuperou o partido da categoría cadetes que está ao día polo que o noso club ten 9 partido que ten que recuperar. Os horarios fijados son os seguintes.
MARTES 3 FEBREIRO
PREBENXAMINES
Cultural Maniños - SRD Canido
O Pote, 18:00 H.
MARTES 10 FEBREIRO
BENXAMÍN "B"
Cultural Maniños - ADR Numancia
O Pote, 18:00 H
MÉRCORES 11 FEBREIRO
BENXAMÍN "A"
Caranza "C" - Cultural Maniños
Caranza, 18:00 H
XOVES 12 FEBREIRO
INFANTILES
CD Narón - Cultural Maniños
O Cadaval, 18:30 H.
E quedan por datar os seguintes partidos:
BENXAMÍN "A"
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (do vernes 30)
ALEVINES
Cultural Maniños - CD Cariño (do sábado 24)
INFANTILES
Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (do vernes 30)
XUVENÍS
Racing San Pedro - Cultural Maniños (do sábado 24)
VETERANOS
Cecebre, SD - Cultural Maniños (do sábado 24)
Seguiremos actualizando...
GO MANIÑOS
BO BALANCE NO RESTO DE EQUIPOS SENIORS DO CLUB
UNIÓN CAMPESTRE 2 - 0 CULTURAL MANIÑOS
Derrota (2-0) nun partido no que, unha vez máis, o equipo acudíu en cadro. As 12 xogadoras defenderon o escudo ata o final. Dous goles na recta final da primeira metade decidiron o encontro. Orgullo e loita.
CULTURAL MANIÑOS 4 - 1 RACING SAN PEDRO
Vitoria (4-1) ante o R. San Pedro que consolida ao equipo na zona alta da táboa. Moito mérito tras ter que remontar o gol inicial dos visitantes. Gran segunda parte dos brancos para darlle a volta ao partido. Goles de Marcos, Gabriel, Miguel e Gianni.
UNHA MALA PRIMEÍRA METADE CONDENOU AOS MODESTOS EN SIGÜEIRO
Tras o descanso, os brancos deron un paso adiante con carácter e fútbol, facéndose donos do partido, sometendo ao rival e xerando ocasións dabondo como para merecer cando menos un punto. O fútbol, ás veces, é inxusto…
Unha bagoa polo resultado, pero tamén a certeza de que cando o Maniños é valente, compite con calquera.
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (30-31) XANEIRO E (1) FEBREIRO
PREBENXAMÍN (2º FASE - X04): SD Valdoviño - Cultural Maniños (X)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X04): Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (ADIADO)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X04): Galicia Caranza - Cultural Maniños (1)
ALEVINES (2º FASE - X04): SD Libunca - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2º FASE - X04): Cultural Maniños - CMI Club Campo "B" (ADIADO)
CADETES (1º FASE - X13): Cultural Maniños 5 - SD Portuarios "B" 0
XUVENILES (2º FASE - X04): Cultural Maniños 1 - AD Miño 3
VETERANOS (X15): Cultural Maniños 4 (Juan, Kevin e Javi Rico (2)) - SD Mercurio "B" 1
FEMININO (X19): Unión Campestre CF 2 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X04): Cultural Maniños 4 (Marcos, Gabri, Miguel e Gianni) - Racing San Pedro 1
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X19): Sigüeiro FC 3 - Cultural Maniños 2 (Caio e Adri Valdés)
jueves, 29 de enero de 2026
NOVAS DATAS DOS PARTIDOS ADIADOS POLA SUSPENSIÓN DO (23-24) XANEIRO
Xa empezamos a ter datas dos 8 partidos adiados da xornada do (23-24) de xaneiro.
Como ben sabedes foron no caso do noso club 8 partidos adiados e xa temos duas datas marcadas.
CADETES
Aproveitando que neste fin de seman non había xornada se recupera integramente a mesma, entón os nosos recibiran ao SD Portuarios "B" o próximo sábado 31 as 12:30 H no Pote.
PREBENXAMÍNS
A data fixada para recuperar o encontro será o próximo martes 3 de febreiro as 18:00 H no Pote e os nosos rapaces recibirán aos seús amigos da SDR Canido.
Seguiremos informando...
GO MANIÑOS
lunes, 26 de enero de 2026
RECOÑECEMENTO E APOIO A ÁNGEL NO PARTIDO FRENTE O CIDADE DE RIBEIRA
CARA E CRUZ PARA OS EQUIPOS SENIOR DO CLUB QUE PUIDERON XOGAR
Segunda División – Feminino
Desprazamento complicado para a Cultural Maniños Feminino nun campo sempre esixente. O equipo tentou competir, manter a orde e non perder a cara ao partido, pero o Corme CF estivo máis acertado nas áreas.
Toca aprender, seguir traballando xuntas e non baixar os brazos. Este equipo ten futuro e camiño por diante.
Gran partido do filial da Cultural Maniños a domicilio. Equipo serio, sólido atrás e moi efectivo en ataque para dominar o encontro de principio a fin.
TRES PUNTOS BALSÁMICOS DOS MODESTOS ANTE O CIDADE DE RIBEIRA
Antes do inicio do encontro, O Pote viviu un momento moi especial. O equipo e a afección quixeron render homenaxe a Ángel, lesionado recentemente, enviándolle todo o ánimo e forza posible. Moito máis que fútbol. Volverás máis forte, Ángel.
O partido comezou cun Cidade de Ribeira decidido a mandar e impor o seu ritmo desde o primeiro minuto, pero a Cultural Maniños, ben colocada e paciente, soubo aguantar e esperar o seu momento. Co paso dos minutos, especialmente a partir do 20’, os de O Pote foron gañando terreo e controlando o xogo, volcándoo cara ao campo rival e sorprendendo a un Ribeira que empezaba a sufrir. E así no minuto 35 Julian Pardo abre o marcador tras un córner sacado por Miragaya e prolongado por Agras o segundo pau. Pouco despóis cae o (2-0), De novo Julian Pardo, culminando unha gran xogada pola dereita de Santi. Centro ao segundo pau donde Marcos cede ao medio da área e Julian empurra á rede.
Chegábase ao descanso cun (2-0) no marcador e moi boas sensacións. O equipo estaba cómodo, serio e con todo de cara.
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (23-24-25) XANEIRO
FEMININO (X18): Corme CF 4 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X03): CD Estrella A Solaina 0 - Cultural Maniños 4 (Mathias (2), Gianni e Marcos)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X19): Cultural Maniños 2 (Julián (2)) - Cidade Ribeira CF 1
NOTA:
RESTO DE PARTIDOS ADIADOS POLA RFGF POLAS ADVERSAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS
martes, 20 de enero de 2026
NOVA CONVOCATORIA NAS SUB 13 CON NOVEDADES
lunes, 19 de enero de 2026
DUAS VICTORIAS E UNA DERROTA COMO BALANCE DO RESTO DE EQUIPOS SENIORS DO CLUB
Segunda División – Feminino
Cultural Maniños 0 – 2 S.D.C. San Lázaro
As nosas competiron con orde e intensidade durante boa parte do encontro, pero o San Lázaro aproveitou mellor as súas ocasións . Resultado que a pesar do negativo non empaña o traballo nin a actitude dun equipo que segue medrando xornada a xornada.
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
Cultural Maniños 3 – 2 A.D.C. Moeche
Cultural Maniños 4 – 1 Hércules S.D.
Bo partido do conxunto veterano, serio e efectivo. A pesar de recibir un gol no minuto 1, o equipo marcou non perdeu o foco e soubo xestionar o encontro con bo xogo e contundencia, sumando tres puntos con autoridade.
DERROTA POLA MÍNIMA EN ÓRDENES NUN PARTIDO MOI IGUALADO
A partir de aí, a Cultural Maniños soubo recompoñerse e co paso dos minutos foi equilibrando o xogo, medrando co balón e convertendo o encontro nun duelo de ti a ti.
Nos últimos minutos, co choque máis roto, o Maniños tivo as súas opcións para lograr o empate, chegando con perigo e obrigando aos locais a defenderse con todo. Neses tramos finais quedou a sensación de que, en partidos así, ás veces as derrotas chegan máis pola dinámica do momento ca polo propio xogo, e que o empate podería ter sido un resultado xusto.
Derrota mínima para os brancos, que deixan boas sensacións competitivas e confirman que o equipo segue crendo e traballando.
GO MANIÑOS
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (16-17-18) XANEIRO
PREBENXAMÍN (2º FASE - X02): Cultural Maniños - CD As Pontes "B" (1)
BENXAMÍN "A" (2º FASE - X02): CCRD Perlío - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (2º FASE - X02): Cultural Maniños - CMI Club Campo "D" (1)
ALEVINES (2º FASE - X02): SD Portuarios "B" - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2º FASE - X02): AD Miño 7 - Cultural Maniños 1
CADETES (1º FASE - X12): Cultural Maniños 2 - SD Libunca 1
XUVENILES (2º FASE - X02): Cultural Maniños 4 - CD Narón "B" 0
VETERANOS (X13): Cultural Maniños 4 (Juan (2), Javi Rico e Mato) - Hércules, SD 1
FEMININO (X17): Cultural Maniños 0 - SD San Lázaro 2
FILIAL - 3ª FUTGAL (X02): Cultural Maniños 3 (Pablo P., Marcos e Miguel) - ADC Moeche 2
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X18): SDC Órdenes 1 - Cultural Maniños 0
viernes, 16 de enero de 2026
martes, 13 de enero de 2026
CARMEN E EIMY CONVOCADAS POLA SUB 13 FERROLANA
Carmen Bermúdez e Eimy Fernández foron convocadas pola Selección de Ferrol SUB 13 para unha sesión de adestramento este mércores 14 as 16:00 H no Municipal Sinde B (O Val) as órdenes das seleccionadoras da Delegación, Natalia Prieto e Marta Rodríguez.
A disfrutar da experiencia!!!
MAL COMENZO DA COSTA DE XANEIRO DOS EQUIPOS SENIORS DO CLUB
Feminino | Segunda División
O equipo feminino soubo competir e resistiu con solvencia as acometidas rivais durante toda a primeira parte

. Tras o descanso, e unha vez encaixado o primeiro gol, o partido entrou nunha dinámica adversa que castigou en exceso ás brancas. Resultado duro para o visto no campo, pero que non empaña o esforzo nin a loita do equipo 

Filial | Terceira Futgal
. O empate do Monfero no minuto 72 cambiou a dinámica do partido
. O golpe sentou mal aos de O Pote, que acabaron encaixando o tanto da derrota no minuto 90, nun final cruel tras un partido moi traballado 
VeteranosOs veteranos víronse superados por un rival con moitos recursos ofensivos
. Os de O Pote trataron de levar o peso do encontro
, pero as transicións rápidas e as contras do Olímpico acabaron sendo decisivas, e decantaron demasiado pronto o encontro, castigando en exceso aos brancos
, que a pesar diso, nunca deixaron de creer. Pudieron acercar o resultado o brancos, pero unhas veces a mala sorte e outras o porteiro local o impediron. Hay máis fútbol nos veteráns do que reflicte o resultado, toca seguir axustando.




%20XORNADA_SUSPENDIDA.jpg)

























