miércoles, 28 de mayo de 2025

ADRIÁN MARTÍNEZ RENOVA POLO MANIÑOS

Adrián Martínez seguirá ao timón do Cultural Maniños en Preferente. 


Tras unha tempada histórica que culminou cun ascenso inesquecible, temos a enorme alegría de anunciar que Adri continuará un ano máis como adestrador do Maniños.

O seu compromiso, a súa paixón e o seu liderado foron fundamentais para facer realidade un soño que parecía lonxano. Adrián representa os valores do club e o espírito dunha parroquia enteira que loita unida.

O capitán do barco segue a bordo, coa mirada posta en novos retos e coa mesma forza de sempre para seguir facendo historia. 

Seguimos remando xuntos!!!

GO MANIÑOS

lunes, 26 de mayo de 2025

O CADETE A FINAL DE COPA CONSOLACIÓN DELEGACIÓN DE FERROL

Boas novas para o cadete que derrotou a domicilio ao CD Cariño, equipo que gañou o grupo 2 e que foi rival directo dos brancos nesta loita. Nesta ocasión foi o Maniños o que se levou o gato a auga derrotando aos de Ortegal por (1-4) con goles de Diego, Dani (2) e Aarón clasificando para a final da Copa Consolación que o enfrentará ao Racing San Pedro no Municipal de Neda o próximo fin de semana en horario aún por determinar.


Parabéns ao Corpo Técnico e plantel de xogadores!!!

GO MANIÑOS

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (23-24-25) MAIO

INFANTILES (2ªF - X21): Libunca, SD 1 - Cultural Maniños 2
CADETES (COPA CONS - SEMIFINALES): CD Cariño 1 - Cultural Maniños 4 

DEBUT DOS NOSOS BIBERONES NO PABELLÓN DE MIÑO

Nunha xornada de hermanamiento os biberones que pacentemente adestraron durante toda a tempada cos prebenxamíns se desprazaron o pasado venres 24 ao Pabellón Municipal de Miño para ter unha xornada de hermanamiento cos seus amigos deo Xario FS.

O "partido" foi un éxito de convivencia onde os máis pequenos dos respectivos clubs pasaron unha tarde moi divertida.

Agora habrá "revancha", neste caso no Campo do Pote onde volverán a verse as caras ambos equipos para estrechar máis as xa boas relación existentes.

Gracias pola invitación amigos do Xario FS !!!

domingo, 25 de mayo de 2025

MOITOS ÁNIMO PARA OS NOSOS CADETES NAS SEMIFINAIS DA COPA DE CONSOLACIÓN

Este domingo os nosos cadetes xogan un partido moi importante pois xogan a partir das 12:00 H. en Cariño as semifinais do Torneo da Copa de Consolación da Delegación de Ferrol e ante o CD Cariño a partido único. 

Todos a Cariño! Hai que apoialos! 

Moita sorte rapaces! 


GO MANIÑOS

miércoles, 21 de mayo de 2025

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (16-17-18) MAIO

INFANTILES (2ªF - X20): Cultural Maniños 3 - Numancia 1
CADETES (COPA CONS - (1/4) FINAL): Cultural Maniños 3 - CD As Pontes "B" 1
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X34): Once Caballeros "B" 3 - Cultural Maniños 2 (Víctor e Raúl)

viernes, 16 de mayo de 2025

HORARIOS DO FIN DE SEMANA (16-17-18) MAIO

 

OUTRAS NOVAS DO FIN DE SEMANA

Tres partidos intrascendentes clasificatoriamente falando para os outros tres equipos seniors do club. 

O Feminino caia derrotado por (5-0) no Castro ante a UD Carral en partido con horario unificado por la posibilidad de que as locáis puidesen xogar o playoff de ascenso a Primeira Galicia cousa que non sucedeu. Noraboa ao Xallas CF polo título de Liga.

Fin de tempada e permanencia no peto. Obxetivo cumprido.

Parabéns !!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noelia Leiras en www.radiofusion.gal, preme aquí

Pola súa banda o Filial caeu ante o equipo que ocupa o coliderato, o Sporting Burgo que demostrou o seu bo nivel gañando no Pote con total xustiza nun partido marcado pola festa no campo polo ascenso acadado esa misma mañana do primeiro equipo branco a Preferente Galicia.

Fin de tempada e o obxetivo de retorno a Segunda Galicia non se cumpleu. Toca periodo de reflexión e autocrítica.

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.galpreme aquí

Por último os Veteranos acabaron ao grande goleando sen piedade ao Ural Español CF Vuelta Xentes "B" nun partido sen historia e de guante branco. 

Mala tempada pois o equipo estivo moi por debaixo das expectativas xeneradas ao principio da tempada. Como no Filial periodo de reflexión e autocrítica.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS

jueves, 15 de mayo de 2025

IMAXES PARA O RECORDO NA GRELA

Moitas imaxes para lembrar unha xornada inolvidable a do pasado domingo na Grela. É dificil seleccionar pero vamos a ver unhas poucas...




PARABÉNS !!!

GO MANIÑOS

OS GOLES DO ASCENSO NA GRELA

Dous goles de Hugo Cociña na segunda metade sentenciaron o partido na Grela e permitiron tras a derrota do Victoria CF no Complexo Municipal de Vilaboa proclamarse aos brancos Campión de Liga de Primeira Futgal - Grupo 1, tempada 2024/25.

(1-0) Hugo


(2-0) Hugo


GO MANIÑOS

UN SONO FEITO REALIDADE SOMOS DE PREFERENTE !!!

Como reza o titular, un soño feito realidade, o Cultural Maniños, SD despóis de case 63 anos de existencia disputará a próxima campaña en Preferente despois de superar este domingo 11 de maio do 2025 no Campo da Grela ao Oza Juvenil por (0-2) proclamándose Campión de Liga da sempre esixente Primeira Galicia. 

SOMOS DE PREFERENTE!!!

Moitas xeracións de xogadores, adestradores, directivos durante moitos anos permitiron chegar a este domingo porque non podemos esquecer que non hai un presente sen un pasado por iso é conveniente e necesario lembralos porque unha parte deste éxito tamén é seu. 

Do partido comentar que se decidiu por dous goles na segunda parte obra de Hugo que quitou os nervios aos brancos en relación ao seu partido e pendente do Olímpico vs Vitoria que se resolveu pola mínima para os locais que permitiu aos brancos levarse o gato á auga. 

Felicitar aos 18 equipos que conformaron a competición que foi da máis emocionantes dos últimos tempos, sen un claro dominador e con moita igualdade onde calquera lle podía gañar a calquera. Desexar moita sorte ao Victoria CF e ao Olímpico CF na fase de ascenso e dar moitos ánimos aos amigos do Galicia de Caranza, Numancia e SD Valdoviño e que en nada están de volta.

Sen palabras para describir o estado de emoción no que se atopa a familia do Maniños nunha nube da que non se quere espertar. A gozalo brancos!!!.

Agradecer o incondicional apoio da afección branca que se desprazou a Coruña para animar e apoiar incondicionalmente o equipo!!!

PARABÉNS!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Clasificación Final 1ª GALICIA - GRUPO 1, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

Reseña en Diario de Ferrol, preme aquí

lunes, 12 de mayo de 2025

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (9-10-11) MAIO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X14): Cultural Maniños - Numancia (2)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X14): Cultural Maniños - SD Libunca (2)
BENXAMÍN "B" (2ª Fase - X14): Club Campo - Cultural Maniños (1)
ALEVINES (2ª Fase - X14): SD Portuarios "B" - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2ªF - X19): CD Narón 7 - Cultural Maniños 0
CADETES (COPA CONS - (1/8) FINAL): Cultural Maniños 3 - EF Irmandiños
XUVENILES (COPA CONS - (1/8) FINAL):Cultural Maniños 4 - CD Narón 5 
FEMININO (X30):  UD Carral 5 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (Copa 3ª - X06):  Cultural Maniños 9 (Javi Rico (3), Ricardo (4), Javi Pedreiras y Sergio) - Ural "B" 1 
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X33): Cultural Maniños 1 (Ayoub) - Sporting Burgo 6
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X34): Oza Juvenil 0 - Cultural Maniños 2 (Hugo (2))

SOMOS DE PREFERENTE !!!

 

viernes, 9 de mayo de 2025

CARA E CRUZ PARA OS VETERANOS NUNCA SEMANA DE DOUS PARTIDOS

📌 Marcador final: S.D. Cultural Maniños 0-4 C.D. Cidade 

 📌 Árbitro: Caruncho Paz, Fernando 

 📌 Goleadores: ⚽ 0-1 (3') González Cabanas, Daniel ⚽ 0-2 (48') León Martínez, Francisco, ⚽ 0-3 (69') González Cabanas, Daniel, ⚽ 0-4 (80') González Díez, Omar.

    O C.D. Cidade impúxose con autoridade no  "O Pote", dominando o encontro dende o primeiro minuto. González Cabanas marcou ben cedo, no minuto 3, establecendo o ritmo do partido. Na segunda metade, a ofensiva foi imparable, selando a vitoria con claridade. 

O Maniños nunca foi quen de atopar ritmo no partido e sufriu demasiado.

Consulta aquí a acta do partido

----------------------------------------------------------------------------------------

📌 Marcador final: S.C.D. Pastoriza 4-4 S.D. Cultural Maniños

📌 Árbitro: Rivas Rodríguez, Rubén

📌 Goleadores: ⚽ 1-0 (26') Abelenda Sánchez, David ⚽ 1-1 (27') Fernández Pereira, José R ⚽ 2-1 (33') Abelenda Sánchez, David ⚽ 3-1 (37') Abelenda Sánchez, David ⚽ 3-2 (40') Fernández Chacón, Ricardo ⚽ 3-3 (45') Pedreiras Pardo, Javier ⚽ 4-3 (78') Abelenda Sánchez, David ⚽ 4-4 (90') Pedreiras Pardo, Javier

  O Campo de Fútbol Municipal de Pastoriza - Arteixo foi testemuña dun partido memorable, cheo de intensidade, goles e emoción ata o último segundo. O S.C.D. Pastoriza e o S.D. Cultural Maniños brindaron aos afeccionados un espectáculo futbolístico digno de recordar, cun empate 4-4 que quedará gravado na memoria dos presentes.

Dende o asubío inicial, ambos equipos demostraron que ían por todas. O Pastoriza golpeou primeiro con Abelenda Sánchez no minuto 26, pero a resposta do Maniños foi inmediata: Javi Rico igualaba o marcador só un minuto despois. A intensidade non diminuíu, e no minuto 33 Abelenda Sánchez volvía poñer aos locais por diante, ampliando a vantaxe no 37 cun segundo gol que parecía encamiñar a vitoria. 3-1

Lonxe de renderse, o Maniños reaccionou antes do descanso. Primeiro, Ricardo achegaba ao seu equipo no minuto 40, e logo, sobre a bocina da primeira metade, Javi Pedreiras empataba o encontro, devolvendo a esperanza aos visitantes.

A segunda parte mantivo a mesma intensidade. O Pastoriza parecía levarse o triunfo cando Abelenda Sánchez, anotaba o 4-3 no minuto 78. Pero o fútbol sempre ten espazo para a épica, e así o demostrou Javi Pedreiras, quen no minuto 90 apareceu de novo para marcar o gol do empate, desatando a euforia do Maniños e selando un partido que tivo de todo: goles, emoción e un final electrizante.

Un punto para creer.

Consulta aquí a acta do partido

miércoles, 7 de mayo de 2025

HORARIOS DO FIN DE SEMANA (9-10-11) MAIO

 

HOMENAXE A NOSA CAPI LUCÍA SEOANE

Unha máis que merecida homenaxe!!! 


Gracias polo teu compromiso, bondad e lealtad. 

Gracias polo teu carisma e forma de ser. 

Sempre dando a cara e poñendo sentido común as cousas. 

Exemplo para tod@s!!! 

Líder!!! 

Gracias Capi !!! 


Gracias Lucía, sempre branca!!!

lunes, 5 de mayo de 2025

DERROTA INTRASCENDENTE DO FEMININO

Derrota intrascendente do Feminino no Pote ante o Unión Club Cee ya que na mañana do domingo confirmouse a permanencia do equipo tras o empate do Juvenil de Almeiras ante o Dumbría. Desta forma serán o Silva, Sporting Meicende e Almeiras los tres equipos que perdan a categoría. 

O feminino e todo o Club homenaxea a nuestra "capi" Lucía

O partido con pouca historia e que decideuse na última media hora de partido con tres goles. 

O mellor foi o homenaxe de despedida a "Capi" Lucía que deixa o fútbol e que estivo arropada polo Club, compañeiras, ex compañeiras, adestradores, afición...Un exemplo de compromiso, esforzo e liderazgo que botaremos moito de menos. Grande Capi! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA POLA MÍNIMA DO FILIAL

Tras o bo sabor de boca do xoves coa victoria plácida ante o Santa Cruz CF por (5-1) e con boas sensacións, tocou cruz nesta ocasión coa derrota pola mínima do Filial (2-1) ante o Unión Campestre CF. Partido marcado polas lesións de varios xogadores brancos donde incluso tivo que acabar no portería un xogador de campo. O peor parado foi o xuvenil Unai que tivo que acudir a Mutua por problemas no nocello dereito.

O Filial o pasado xoves no Pote ante o Santa Cruz CF

Anotou o xuvenil Samu o que supuso o momentáneo empate.

Quedan duas xornadas, a por elas!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

VICTORIA SUFRIDA DOS MODESTOS ANTE O CEDEIRA

Partido fundamental o disputado este domingo entre o Maniños, doído polas dúas últimas derrotas e un Cedeira necesitado de puntos para consolidar matematicamente a súa salvación. Dous equipos necesitados cada cun obxectivo claramente marcado e tres puntos demasiado valiosos para deixalos escapar.   

Ángel conducindo un balón nun intre do partido

O comezo foi moi parecido ao dos últimos partidos, un Maniños titubeante e un Cedeira que inicialmente xeraba inquietude a balón parado pero sen chegar a xerar perigo claro. Con todo foi o Maniños o que se adiantou, perfecto centro desde a banda dereita de Adri que aproveitou Julián no segundo pau para poñer o (1-0). O partido seguiu moi nivelado sen un claro dominador por ningunha das dúas partes chegándose ao descanso sen moito máis que apuntar. (1-0) e pouco máis. 

A segunda parte o Maniños fíxose dono do balón controlando o partido incluso xerando algunha ocasión clara como unha que Ángel en inmellorable posición botou fóra da portería. O Cedeira foi baixando e case non chegaba xa ás inmediacións de Mateo e cando mellor estaban os brancos un aparentemente inofensivo disparo raso desde o pico da área de Balbás sorprendeu a Mateo poñendo as táboas no marcador. Golpe anímico para os brancos que nesta ocasión se souberon superar e así un balón que chegou a Ángel en banda dereita segundo ataque branco, superou cun simulacro ao seu defensa para meterse a toda velocidade na área visitante, centrar raso e forte e aí un defensor do Cedeira tentando cortar meteu o balón na súa propia portería. (2-1) que facía xustiza. De aí ao final con 6 minutos e medio de desconto, control branco co medo a un balón parado onde os visitantes podían poñer as táboas pero non en xogo posto que case non chegaban ás inmediacións da portería de Mateo. Con sufrimento polo apretado do resultado o partido chegou ao seu fin ante a explosión de alegría da fiel afección branca. 

Tres puntos de ouro que confirman o playoff aos brancos que o vindeiro domingo as 12:00 H en horario unificado, xogará o derradeiro partido de liga en San Pedro de Visma e ante o Oza Xuvenil co único obxectivo de sumar os tres puntos. A partir desta premisa, ver que pasa no Complexo Municipal de Vilaboa no partido entre Olímpico CF e Victoria CF para confirmar a posición final que se ocupe. Pero o único importante para os brancos é o seu partido e tentar como en calquera outro, gañalo. O único que está nas súas mans.

Así que se fai desde estas liñas faise un chamamento á afección branca para que se desprace a San Pedro de Visma o vindeiro domingo ao 12 Horas, para animar e apoiar o equipo e que se sinta arroupado en todo momento. 

A por todas equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (2-3-4) MAIO

INFANTILES (2ªF - X18): Cultural Maniños 3 - AD Miño 3
FEMININO (X29):  Cultural Maniños 0 - Unión Club Cee 3
VETERANOS (Copa 3ª - X06):  SCD Pastoriza 4 - Cultural Maniños 4 (Rico, Ricardo e Javi Pedreiras (2))
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X32): Unión Campestre CF 2 - Cultural Maniños 1 (Samu)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X33): Cultural Maniños 2 (Jujián y pp) - Cedeira, SD 1

viernes, 2 de mayo de 2025

HORARIOS DO FIN DE SEMANA (2-3-4) MAIO

 

RESULTADOS DA XORNADA DO MÉRCORES E XOVES

Mércores 30
CADETES: Cultural Maniños 1 - SD Portuarios "B" 0

Xoves 1
VETERANOS 
(Copa 3ª - X05): Cultural Maniños 0 - CD Ciudad 4
FILIAL (X31): Cultural Maniños 5 (Raúl, Alex (2) e Víctor (2)) - Santa Cruz CF 1