Hoxe mércores a partir das 17:30 H xoga o noso cadete o partido aplazado do fin de semana pasado ante o SD Portuarios "B".
GO MANIÑOS
Blog do Cultural Maniños, SD equipo de 1ª Galicia e que na tempada 2022/23 ten 9 categorías e 11 equipos de fútbol: Aficionados A y B, Feminino, Xuvenís, Cadetes, Infantiles, Alevíns A y B, Benxamines, Prebenxamines e Veteranos.
Hoxe mércores a partir das 17:30 H xoga o noso cadete o partido aplazado do fin de semana pasado ante o SD Portuarios "B".
GO MANIÑOS
Partido moi difícil o que lle tocaba disputar aos brancos no sempre complicado Complexo Municipal de Vilaboa ante o Olímpico CF que sen dúbida está a acabar coa flechita para arriba demostrando o que en ningún momento dubidouse de que é un dos mellores equipos da competición.
O partido é de fácil resumo polo cual non se vai a profundar moito, os brancos adiantáronse no primeiro minuto por mediación de Pedro. A continuación outra de Pedro que detivo o meta local e aí como quen di acabouse a capacidade de producir do Maniños que non estivo cómodo e cometeu erros defensivos que lles custaron o partido. Dous cabezazos un na primeira parte e outro comezando a segunda tras un erro de marca nun córner ditaron sentenza. Máis e mellores ocasións dos locais que estiveron mellor e moito máis intensos. Vitoria xusta e sen nada que obxectar do Olímpico que nesta ocasión foi mellor.
![]() |
Intre do partido no Complexo Municipal de Vilaboa |
Agradecer a moitísima xente do Maniños que desprazouse a Vilaboa para apoiar ao equipo. Gracias!!!
Mañana volve a saír o sol !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
PREBENXAMINES (2ª Fase - X13): SD O Val Blanco "B" - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X13): CD Narón - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (2ª Fase - X13): Cultural Maniños - SCRD Narón Freixo (1)
ALEVINES (2ª Fase - X13): Cultural Maniños - Meirás CF (1)
INFANTILES (2ªF - X17): Cultural Maniños 0 - SD Portuarios 12
CADETES (2ªF - X17): Cultural Maniños - SD Portuarios "B" (Xógase o mércores 30 as 17:30 H)
XUVENILES (2ªF - X13): DESCANSA
FEMININO (X28): Sporting Burgo 1 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (Copa 3ª - X04): DESCANSA
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X30): CF Mandiá 4 - Cultural Maniños 1 (Adrián López)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X32): Olímpico CF 2 - Cultural Maniños 1 (Pedro)
![]() |
Selección SUB 13 de Ferrolterra (Foto: RFGF) |
Os equipos de F8 do Club participaron nos torneos organizados polo Galicia de Mugardos e o Olímpico de Rutis.
Os Prebenxamines participaron no Torneo organizado polo Galicia de Mugardos o jueves17 mentres que os Alevíns e Benxamines participaron xoves 17 e venres 18 respectivamente no Torneo organizado polo Olímpico CF.
Non se vai a comentar o aspecto deportivo porque nestes torneos non se trata diso onde o que ten que prevalecer é a convivencia entre todos e o gozar dunha xornada diferente.
Agradecer ao Galicia de Mugardos e ao Olímpico CF de Rutis pola súa invitación e felicitalos pola excelente organización dos seus respectivos torneos.
Ata o ano que vén !!!
Partido que levantou moitas expectativas porque enfrontaba en O Pote ao líder co terceiro clasificado co recordo da primeira volta onde o Orillamar infrinxiu unha dura derrota aos brancos no que se entendeu como un accidente deportivo pero visto o visto neste partido de volta, é evidente que os coruñeses lle teñen collida a medida aos brancos.
![]() |
Intre do partido |
Derrota dura que demostra a complexidade e igualde da liga. Agora xa pasou, hai que lamerse as feridas e preparar psicolóxicamente o partido do próximo finde ante o potente Olímpico CF de Rutis no Complexo Municipal de Vilaboa.
Agradecer ao numeroso público que acudiu a O Pote polo incondicional apoio e que o equipo se levantará despóis deste duro revés. Que ninguén o dubide...
Ánimo equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
XOVES 17 ABRIL
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X19): Sporting Cambre 0 - Cultural Maniños 2 (Santi e Pedro)
DOMINGO 20 ABRIL
FEMININO (SEMIFINAIS COPA): CCRD Perlío 0 - Cultural Maniños 0 (Clasificado CCRD Perlío en penaltis)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X18): Cultural Maniños 3 (Víctor (3)) - Sporting Cambre "B" 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X31): Cultural Maniños 2 (Hugo (2)) - Orillamar, SD 3
Partido chave o deste Xoves Santo nunha dura semana que tras as dúas primeiras probas e pendentes dunha terceira que será o domingo ante o potente Orillamar. E de momento a cousa vai ben pois superar ao Sporting Cambre a domicilio non está ao alcance de calquera pola calidade deste equipo.
![]() |
Intre do partido no "Dani Mallo" |
A segunda parte empezou cun Cambre que deu un paso á fronte e empezou a controlar o partido dispoñendo de achegamentos sen definición por falta de acerto ou malas decisións. E cando mellor estaban os locais e cando máis sufría o Maniños, xogada entre Angel e Adri, que levan o balón a Julián que filtra maxistralmente o balón a Santi que se planta só diante do meta local ao que supera por baixo. (0-1) e o partido poníase de fronte. Notou o gol en contra os locais que baixaron no seu empeño e ahí produciuse a xogada decisiva, roubo de Pedro que se vai só a portería e é derrubado ao bordo da área coa consecuente expulsión do defensor local. A falta é lanzada e transformada polo mesmo Pedro. E de aí ao final clama por ambos os equipos que deixaron pasar os minutos co coñecido resultado de (0-2) que permite aos brancos dar un forte impulso na clasificación.
Importantes puntos e agora a afrontar o partido contra o Orillamar cos deberes feitos noutra final. Será no Pote o domingo a partir do 17.00 H.
Parabéns !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
O Estadio Torre Nº 3 foi testemuña dun enfrontamento que deixou emocións mesturadas entre os afeccionados. A pesar de que A Do Cuñado Novo Mesoiro levou o triunfo cun 4-3, a historia do partido estivo marcada polo esforzo titánico do S.D. Cultural Maniños, a mala fortuna e un desenlace cruel para os visitantes.
Durante a primeira metade e gran parte da segunda, o Maniños
amosou a súa mellor versión cun xogo combinativo brillante. Desde atrás e
con rápidas combinacións no medio do campo, os de O Pote lograron
xerar ocasións con frecuencia e dominaron o ritmo do partido. A súa entrega era
evidente, pero a sorte volveu serlles esquiva, con goles inverosímiles
que minaron a súa vantaxe e deixaron o marcador parello.
A primeira parte rematou cun 2 a 2, onde Rubén e Ricardo
foron os goleadores visitantes.
O desgaste físico comezou a notarse nos maniñeses a medida que avanzaba a segunda parte. Nun momento decisivo, unha entrada forte por detrás dun xogador local provocou a lesión de Rubén, un dos pilares do equipo visitante, sacándoo do partido e deixando ao equipo moi tocado emocionalmente.
![]() |
Cris nunha acción do partido (Foto:@Bisbarraenxogo) |
Gran vitoria dous modestos na Grela nunha partido "trampa" ante un rival que superou os brancos na primeira volta e que creou unha ferida que tardou en curar. A clasificación pola zona media baixa da táboa dos locais engana porque son bastante mellores que o que a táboa parece indica. O Ural Español CF é un equipo que se caracteriza pola súa mocidade e o seu bo trato co balón, así que o Maniños sabía que se enfrontaba a un rival un tanto imprevisible.
![]() |
Intre do partido |
A segunda parte foi de dominio local cun Maniños esperando a súa oportunidade para ampliar diferenzas e os locais tentando reducir distancias para meterse no partido cousa que non sucedeu aínda que oportunidades claras se tiveron como un cabezazo case sen ángulo ao poste ou un remate a bocaxarro que non colleu portería. O Maniños pola súa banda puido e debeu ampliar o seu marcador tras un centro de Santi que cabecea Josiño ao fondo das redes que o Colexiado anula por un suposto fóra de xogo cando Josiño entra claramente en posición correcta aínda que afortunadamente nesta ocasión non foi transcendente para o resultado dada á vantaxe adquirida na primeira metade. Sen moito máis a engadir finalizou o partido co resultado de (0-3) que permite aos brancos seguir sumando e cumprindo partido a partido.
Tres puntos moi importantes e agora a preparar ben a semana para poder competir nas mellores condicións ante dúas equipazos como son o Sporting Cambre e o Orillamar o xoves e domingo respectivamente. Como bos "cholistas" partido a partido.
Parabéns!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
PREBENXAMINES (2ª Fase - X12): Cultural Maniños - CD Narón (2)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X12): Cultural Maniños - Estrella A Solaina (2)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X12): CD As Pontes - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (2ª Fase - X12): AD Miño "A" - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2ªF - X16): Cedeira, SD 1 - Cultural Maniños 2
CADETES (2ªF - X16): Racing San Pedro 5 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (2ªF - X11): Numancia 3 - Cultural Maniños 1
FEMININO (X27): Cultural Maniños 1 (Lucía Calvo) - SCD Pastoriza 3
VETERANOS (Copa 3ª - X03): AC Do Cuñado Novo Mesoiro 4 - Cultural Maniños 3 (Rubén, Ricardo e Sergio)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X29): Cultural Maniños 1 (propia puerta) - CD Obrero 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X30): Ural Español CF 0 - Cultural Maniños 3 (Miragaya, pp e Caio)
![]() |
Intre do gol de Raúl |
![]() |
Actos de inaguración previos ao partido |
PREBENXAMINES (2ª Fase - X11): Cedeira, SD "B" - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X11): Galicia Mugardos - Cultural Maniños (2)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X11): Cultural Maniños - Galicia Mugardos "B" (X)
ALEVINES (2ª Fase - X11): Cultural Maniños - Racing San Pedro (X)
INFANTILES (2ªF - X15): Cultural Maniños 1 - Meirás CF 4
CADETES (2ªF - X15): Cultural Maniños 3 - Galicia Caranza "C" 0
XUVENILES (2ªF - X11): Cultural Maniños 2 - Libunca, SD "B" 3
FEMININO (X26): Sporting Meicende 0 - Cultural Maniños 1 (Andrea)
VETERANOS (Copa 3ª - X02): Cultural Maniños 2 (Rico, Mato e Ricardo) - Mercurio, SD 3
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X28): Carnoedo, SD 5 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X29): Cultural Maniños 2 (Agras e Raúl) - Eume 1