Derrota sen paliativos do veterano, que foi superado por un
Beat Street Betanzos superior en case todos as fases do partido.
Partido
desafortunado de principio a fin do equipo do Pote, que encaixou o primeiro gol
xa no primeiro minuto e que non foi quen xa de levantarse.
O
partido foi un pesadelo para os locais, e os goles visitantes foron caendo pouco
a pouco mentres os brancos víanse incapaces de ofrecer sequera resistencia. A
desconexión foi importante e o Beat xogou cómodo ante a incredulidade local.
No min 70 un escandaloso 0-7 campaba no marcador.
O Maniños tratou entón, con máis corazón que cabeza, marcar o da honra e tivo ocasións máis que de sobras para marcar 3 ou 4 goles que maquillaran o resultado, pero tan só dous foron os goles obtidos polos brancos; Primeiro Ricardo e despois Karranza foros os autores dos mesmos tras dúas boas xogadas; 2-7.
Dura
realidade a que lle toca aceptar os do Pote, que deberán analizar con
sinceridade os errores cometidos para poder darlle a volta canto antes a unha
situación delicada.
¡ Hai vimbias, hai ganas e hai calidade suficiente para volver
canto antes á senda de vitoria!
¡É o momento de xuntarse
máis que nunca!, ¡É o momento de que o grupo tire do carro!
¡GO
MANIÑOS!