Non se contaba no Pote con este revés en forma de derrota coa visita do Ural Español CF nun partido marcado pola polémica actuación do trio arbitral Maseda - Vilaro - Vilaro. É difícil ver unha arbitraxe tan desastrosa, perxudicando ao fútbol, aos futbolistas e aos afeccionados. É difícil facelo tan mal... Sorprendeu o Ural para ben pois a pesar de que visitaba Maniños con derrotas en todas as súas saídas e no penúltimo posto clasificatorio o seu fútbol, ilusión e compromiso levou á vitoria. O Maniños foi de menos a más cunha moi mala primeira parte que foi onde se fraguou a vitoria coruñesa.
Christian lesionouse na primeira metade (Foto: Ahitor Regueiro) |
Un gol a balón parado nos instantes iniciais do partido cambiou o mesmo, un gol moi parecido a un dos encaixados a semana anterior en Pontedeume. Os brancos non se atoparon cómodos en ningún momento e a proba diso é que non fixeron ningunha ocasión e non probaron ao meta visitante nesta primeira parte. pola súa banda o Ural facía o seu fútbol, correr e combinar con perigo aparente pero non na práctica pois Marcos aínda que tivo que intervir non foi a disparos con excesiva complicación. Con (0-1) chegouse ao descanso. Tocaba buscar solucións.
Miragaya nunha acción do partido (Foto: Ahitor Regueiro) |
Quedou Rober no vestiario e entrou Miguel Segura para dar un pouco máis de saída de balón. Nesta segunda parte o equipo foi a máis ante un Ural que se defendeu con uñas e dentes. Recital de chifre de Maseda e Cia pitando todo ao revés, mesmo bandas ou saques de esquina moi claros pero o colmo dos colmos foi aproximadamente no meridiano desta parte cando un balón é rematado á portería do Ural e é sacado de dentro e coa man!!! por un defensor coruñés ante o estupor, sorpresa e indignación de todos os alí presentes, Maseda non concede nada do sucedido. O equipo visitante recoñeceu desde o segundo un o terrible erro de Maseda e os seus dous ¿axudantes? que deixou seguir o xogo. Unha xogada sen ningún tipo de dúbida que marcou o partido. Hai que lembrar que Maseda nun partido de hai dúas tempadas e na mesma portería facendo labores de linier sinalou un penalti e indicou ao árbitro a expulsión de Ángel por mans nunha xogada que o colexiado sinalara corner. Nada pode sorprender xa. Hai que contactar urxentemente con Iker Jiménez. No Pote con esta Colexiada hai un misterio para resolver... Ten que vir a nave do misterio.
Si, posteriormente Maseda pitou un penalti a Santi pero tan sumamente claro que ninguén puido discutilo e aí Miragaya non estivo acertado tirándoo por encima do traveseiro. De aí ao final acoso total pero a falta de acerto e a boa actuación do meta visitante fixo o resto. Derrota por (0-1) ante un Ural que celebrou o triunfo coma se gañase unha liga. A súa complicada posición na táboa xustificábao.
O peor a lesión de Christian no ombreiro. Desexamoslle unha pronta pero sobre todo, total recuperación.
Derrota dolorosa pero a diferenza das outras dúas que se sufriu antes, este partido foi condicionado por factores externos que prexudicaron gravemente aos brancos. Felicitar ao Ural pola súa vitoria e agora a preparar o partido de Copa o vindeiro mércores en Valdoviño. O domingo volta á liga co Orillamar en Visma. Isto non para...
Ninguén nos borrará o sorriso...
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí