Non foi o mellor partido dos brancos que non tiveron o seu mellor día en canto ao seu xogo pero onde foron capaces de impoñerse a un serio e ordenado Relámpago, SD de Elviña que nunca perdeu a cara ao partido e que mesmo cando quedou con 10 xogadores pola expulsión do seu porteiro por unha man fóra da área cortando unha xogada moi prometedora dos locais, nunca se foi do partido competindo ata o final.
David foi o autor do único gol na matinal do domingo |
O partido estivo moi atascado desde o principio cun Relámpago moi defensivo, pechado atrás e cedendo o balón aos locais que non circularon coa suficente rapidez o balón, ademáis os constantes refachos de vento dificultaban o xogo. Con todo dúas oportunidades na primeira parte puideron cambiar o signo do partido, un cabezazo de Pedro ao traveseiro e unha ocasión de David tras un balón parado que non puido aproveitar dentro da área pequena. A expulsión do meta visitante tras golpear coa man fóra da área un autopase de Javi Miragaya que lle tivese permitido plantarse só e sen porteiro parecía que abría unha nova vía. Pero o Relámpago encaixou ben o golpe e reforzando aínda máis a súa liña defensiva aguantou os achegamentos locais ata o descanso ao que se llegó co resultado inicial de (0-0).
A segunda parte foi pouco máis ou menos o mesmo, un Maniños incómodo e impreciso, espeso na creación do xogo non daba coa tecla para superar a tea de araña visitante. Foi un balón parado cabeceado por David cando faltaban 15 minutos o que permitiu aos brancos adiantarse e xa controlar o partido ata o final coas lóxicas precaucións pola estreiteza do marcador. Cunha última oportunidade para Santi que tentou sorprender ao meta visitante cun disparo desde o medio do campo ao estar adiantado que non colleu portería finalizou o partido co coñecido (1-0). Victoria de equipo con oficio e con poso na categoría.
Tres puntos de ouro que permite aos brancos empolicarse ao primeiro posto da clasificación dunha maneira circunstancial posto que estamos na xornada 7 pero que demostra que ata o momento se están facendo ben as cousas. A seguir traballando aínda máis duro para seguir consolidándose na parte alta da táboa. Sen presión pero con moita ilusión.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí