Blog do Cultural Maniños, SD equipo de 1ª Galicia e que na tempada 2022/23 ten 9 categorías e 11 equipos de fútbol: Aficionados A y B, Feminino, Xuvenís, Cadetes, Infantiles, Alevíns A y B, Benxamines, Prebenxamines e Veteranos.
jueves, 4 de julio de 2024
JULIÁN PARDO CREATIVIDAD AO SERVIZO DO MANIÑOS
JUANJO CEBOLO PECHA A SÚA ETAPA EN MANIÑOS
Juanjo Cebolo |
martes, 2 de julio de 2024
MARCOS PIÑEIRO, NOVO INQUILINO NA BANDA ESQUERDA BRANCA
Marcos Piñeiro |
Marcos entrou en categoría de biberóns na SDR Neda onde desenvolveu toda a súa traxectoria futbolística subindo polas diferentes categorías de base do club ata no seu segundo ano de xuvenís onde cambiou de aires asinando polo Racing de Ferrol "B" que competía en Liga Galega e que estaba dirixido polo ex adestrador branco Manel Freire que durante varias tempadas dirixiu ao xuvenil e ao filial do Maniños. Ao acabar esta tempada, ascenso ao primeiro equipo xuvenil do Racing as órdenes de Nacho García onde como se comentou anteriormente competiu en Liga Nacional onde xogou 18 partidos. Ao finalizar a tempada súmase ao Cultural Maniños para competir na esixente Primeira Galicia.
Xogador de banda, rápido, potente e con chegada, fichado inicialmente para xogar en posicións máis adiantadas en ambas as bandas, foi Manel Freire quen o situou en posicións de banda máis defensivas e onde Marcos se atopo cómodo xogando. Por tanto un bo reforzo para a banda esquerda cunha certa polivalencia pero reconvertido nun lateral esquerdo ao uso con bo recorrido.
Moita sorte nesta nova etapa !!!
MARCOS, BENVIDO A MANIÑOS
GO MANIÑOS
ABRAHAM SANTOS, RETIRASE UN DOS GRANDES DE FERROLTERRA
Abraham, un dos nosos!!! |
E é sen dúbida un orgullo que o último Club que defendeu fóra o noso. Abraham chegou ao Maniños procdente do Atlético Coruña Montañeros no comezo da tempada 2018/19 (pincha aquí) da man de Pablo Mesa para cubrir a baixa de Iñaki Paz que fichaba polo Galicia de Mugardos e como se presumía foi un recambio de primeiro nivel como xogador e como persoa. Desde aquel entón e ata esta tempada bos anos cun amargo descenso, volta a primeira coa histórica tempada do subcampeonato de liga e copa 2021/22 con pandemia polo medio. Moitos partidos e moitas vivencias brancas. Ademáis e mentras o traballo se o permiteu adestar aos porteiros da base do noso Club.
Un orgullo para o Cultural Maniños o feito de que defendeses as nosas cores. Moita sorte para o futuro e se algunha vez pícache o gusanillo xa sabes onde estamos!!!
Abraham, un dos nosos!!!
O Pote sempre será a túa casa!!!
PABLO MESA CONTINÚA COMO DIRECTOR DEPORTIVO DO CLUB
Pablo Mesa |
Pablo que estivo de adestrador do Primeiro equipo nunha prolongada etapa (2017-2023) con a pandemia polo medio. logrou dous ascensos (2017/18 - 2020/21), un duro descenso (2018/19) con recuperación da categoría unha tempada despóis e coa mellor clasificación histórica do Club (2021/22). tamén se foi finalista da Copa de Ferrolterra (2021/22).
Aínda que xa levaba tempo controlando o desenvolvemento e progresión dos nenos do Club, desde a tempada pasada, coordina e dirixe toda a canteira da entidade que mellora cada tempada en cantidade e calidade.
Grazas Pablo por apostar por nos e por suposto por todo o que achegas ao Club e sobre todo por estar aí cando algo se torce ou se necesita.
Un luxo contar contigo!!!GO MANIÑOS
lunes, 1 de julio de 2024
MÁIS RENOVACIÓNS NO PRIMEIRO EQUIPO
RENOVACIÓNS DO PRIMEIRO EQUIPO
ADRIÁN MARTÍNEZ SEGUIRÁ UNHA TEMPORADA MÁIS AO FRENTE DO PRIMEIRO EQUIPO
Adrián Martínez |
Ao seu carón unha tempada máis estará Juan Carlos González "Charly", sempre nun segundo plano facendo un traballo fundamental para que todo funcione axeitadamente.
Grazas Adrián e Charly polo voso desexo de seguir á fronte dos brancos e lembrar que a vosa sorte será a do noso Club.
GO MANIÑOS