martes, 14 de mayo de 2024

VICTORIA MOI CARA DOS VETERANOS

Último partido da tempada empañado pola grave e dolorosa lesión do noso xogador Ricardo que foi trasladado en ambulancia ao Hospital Cardona onde se lle diagnosticou rotura de clavícula. O demás é secundario! 

No aspecto deportivo o partido finalizou no minuto 79 por decisión dos capitáns de ambos equipos e que contou co beneplácito do Colexiado quen por certo fixo unha gran xestión da situación. O resultado nese momento era de (1-3) con dous tantos iniciais dos brancos por mediación de Karranza, o propio Ricardo. Acortaron distancias os locáis por mediación dun penalti para finalmente Caste poñer o resultado definitivo pois por desgracia non houbo tempo para máis.

Mato pelexando un balón
(Foto: SANDY LÓPEZ)

Ánimo Ricardo e a recuperarse ben!!! 
Unha forte aperta!!!

Fin de tempada. É momento de facer balances e analizar a tempada do equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí (NON DISPONIBLE POLO MOMENTO)