martes, 14 de mayo de 2024

DERROTA NO DERRADEIRO PARTIDO DA TEMPADA

Partido intrascendente o xogado na matinal do domingo en Mourente ante a SD Valdoviño outro equipo cos deberes feitos e que fixo unha gran tempada competindo sempre pese as terrible circunstancias que sufriu nun momento da tempada e cun plantel de xogadores escasos en número en moitas ocasións que probablememte non lle permiteu aspirar a algo máis. Pola súa banda o Maniños chegou moi mermado de efectivos por diferentes motivos e sin poder contar con xogadores do B que a misma hora tiñan un partido moi importante na súa pelexa pola salvación.

Do partido pouco que falar con moi poca intensidade é onde simplemente se deixou pasar os minutos sin máis. O aproveitamento dos erros dos riváis e a incomprensiblemente nefasta actuación arbitral cunhas decisións dignas de estudo nun partido de guante branco. Anotaron
Christian e Pedro.

Finalizou a tempada dado que o derradeiro partido dos brancos sería frente a o retirado Laracha CF, polo tanto cun sabor agridulce termina un curso donde se cumpriron moi sobrados os obxetivos.

A desconectar e recuperar forzas para a tempada próxima que se presenta apaixoante.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí