lunes, 13 de marzo de 2023

SE MARCAS 4 GOLES E NON SACAS UN PUNTO....

Pódense facer moitas lecturas do partido pero hai unha que é evidente e é que se marcas 4 goles e non che chega se queira para arrincar un empate é que algo non se fixo ben a nivel defensivo e iso non inclúe só ao porteiro e á defensa, é o equipo enteiro que debe alcanzar un equilibrio entre atacar e defender e se non se logra pode pasar como hoxe, un partido descontrolado e sen dono e que puido caer para calquera lado e neste caso así foi saíndo cruz, decantándose en practicamente a última acción do partido para un equipo visitante que daba por bo o empate.

Os equipos Modestos e prebenxamín posando xuntos
(Foto: Abraham Santos)

Doutra banda reiterando que se perdeu o partido por propios erros hai que sinalar a lamentable actuación dun trio arbitral, porque non se salvou ningún, que non está ao alcance da competición. Hai xente que se cre que está por encima do ben e do mal amparado nunha autoridade mal entendida e que se pensa que son o shériff nunha película do Oeste, pero das malas.
Iago Bértalo, Sergio López e André Ducros. Poderíase falar por extenso dos tres e da súa actuación pero imos focalizar no Sr. Ducros, sempre que vén a Maniños ten problemas, as medias dese equipo ou daquel, isto ou aquilo pero nada relacionado co xogo propiamente. Onte anulou un gol inventándose unha situación que nunca sucedeu, un balón conducido por Ipi que nunca traspasou a liña de gol...nin de lonxe O árbitro máis preto da xogada sabe que a xogada é completamente legal pero o Sr. Ducros, mal colocado (non está situado en liña de fondo) e a unha distancia considerable ten o capricho de anular o gol. É de tanta claridade que a xogada é gol legal que ningún xogador visitante reclama nada. Absolutamente indefendible a actuación deste señor que iso se, para facer indicacións de quen lle dixo algo é un prodixio. Como cambiaba o partido!!!. Un árbitro pode equivocarse nunha decisión? Por suposto...o que non pode facer é inventarse situacións que non existiron.

Miragaya pelexando un balón no medio do campo
(Foto: Abraham Santos)

O partido foi unha ruleta rusa, os visitantes saíron máis enchufados e froito diso puxéronse (0-2) no marcador. O partido foise nivelando e así na recta final da primeira parte
Ipi acurtou distancias para a continuación vir a xogada da polémica e que xa se comentou anteriormente. Tras o descanso de novo Ipi puxo as táboas. Volven adiantar os visitantes tras un cabezazo dun xogador visitante a pracer. Pedro pon as táboas nunha xogada de fe e froito de presionar un balón do porteiro. Pouco durou a alegría local porque de novo os visitantes adiantáronse no marcador froito dun gol en propia.  De novo Pedro pon o empate a 4 nun bo remate tras unha gran xogada colectiva para finalmente os visitantes rematando o partido poñen o quinto e definitivo gol aproveitando un partido que estaba descontrolado.

Ipi anotando o primeiro tanto branco
(Foto: Abraham Santos)

O devandito o futbol é equilibrio defensa- ataque e teñen que ir da man. Non se lle pode reprochar nada ao equipo que se deixou ata a última pinga de suor para gañar o partido pero non puido ser. Cabeza alta esperando a que algún día haxa sorte coas decisións arbitrais, non para que che dean, polo menos que non che quiten. 

O mellor foi a saída ao campo dos dous equipos acompañados do equipo prebenjamín do Club que realizaron en conxunto o habitual saúdo de "xogo limpo". Presente e futuro da man!!!

Cabeza alta e seguimos!!!

Ninguén nos vai a borrar o sorriso !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí