FILIAL
Un partido marcado polo gol temperán de Martín Pérez, que abriu o camiño cara á vitoria. O filial traballou arreo, xerou varias ocasións e amosou unha gran actitude durante todo o encontro. Pablo Pérez puxo a sentenza para certificar o triunfo. O equipo comeza a coller ritmo, a medrar como grupo e a atopar o seu camiño. Un paso máis na boa dirección.
Triunfo importante para seguir soñando na Copa.
Un paso máis, todos xuntos!!!
Seguimos!
GO MANIÑOS
VETERANOS
Nin o gol inicial nin a inferioridade numérica apagaron o espírito dos nosos. O equipo resistiu, pelexou e atopou o empate antes do descanso. Na segunda metade houbo ocasións para cambiar o rumbo, pero o fútbol non sempre premia a quen máis o intenta.O marcador acabou sendo demasiado duro para o visto en O Pote, pero queda a entrega dun grupo q non baixa os brazos.
Lamentable actuación arbitral de Alejandro Fernández Carreira que non deu unha a dereitas en todo o partido. Vaia recital!!!
Seguimos loitando, seguimos sendo familia!
GO MANIÑOS