miércoles, 28 de octubre de 2026

CARA E CRUZ DOS OUTROS EQUIPOS SENIOR

FILIAL

Un partido marcado polo gol temperán de Martín Pérez, que abriu o camiño cara á vitoria. O filial traballou arreo, xerou varias ocasións e amosou unha gran actitude durante todo o encontro. Pablo Pérez puxo a sentenza para certificar o triunfo. 
O equipo comeza a coller ritmo, a medrar como grupo e a atopar o seu camiño. Un paso máis na boa dirección. 

Triunfo importante para seguir soñando na Copa. 

Un paso máis, todos xuntos!!!

Seguimos!   

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Manel López en www.radiofusion.gal, preme aquí


VETERANOS

Nin o gol inicial nin a inferioridade numérica apagaron o espírito dos nosos. O equipo resistiu, pelexou e atopou o empate antes do descanso. Na segunda metade houbo ocasións para cambiar o rumbo, pero o fútbol non sempre premia a quen máis o intenta.
O marcador acabou sendo demasiado duro para o visto en O Pote, pero queda a entrega dun grupo q non baixa os brazos. 

Lamentable actuación arbitral de Alejandro Fernández Carreira que non deu unha a dereitas en todo o partido. Vaia recital!!!

Seguimos loitando, seguimos sendo familia! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí