O filial afrontou o partido ante un complicado ADC Moeche con seriedade, orde e vontade de competir, mantendo as súas opcións durante boa parte do encontro. Nunha tarde esixente, os brancos non baixaron os brazos e seguiron buscando o seu momento.
VETERANOS
Os veteranos dominaron o partido e foron superiores ao seu rival durante boa parte dos minutos. A pesar deste dominio, custoulle aos do Pote xerar ocasións claras; un Vioño sempre batallador e as reducidas dimensións do campo dificultaron os ataques brancos.



