lunes, 10 de febrero de 2025

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (7-8-9) FEBREIRO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X04): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X04): DESCANSAN
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X04): DESCANSAN
ALEVINES (2ª Fase - X04): DESCANSAN
INFANTILES (2ªF - X08): Cultural Maniños 1 - CD Narón "A" 3 
CADETES (2ªF - X08): Cultural Maniños 5 - Racing San Pedro 0
XUVENILES (2ªF - X05): DESCANSAN
FEMININO (X19): Cultural Maniños 1 - EM Friol "B" 0
VETERANOS (X19): Carnoedo CF 6 - Cultural Maniños 3 (Ramón (2) e Javi Rico)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X20): Cultural Maniños 2 (Aitor e Adrián Valdés) - AD Miño "B"  3
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X21): Cultural Maniños 1 (Hugo) - Victoria CF 1

jueves, 6 de febrero de 2025

HORARIOS DO FIN DE SEMANA (7-8-9) FEBREIRO

O ARTE DE BUSCAR LUZ CANDO TODO PARECE OSCURIDADE

No apasionante mundo do fútbol afeccionado, as rachas malas son como as sombras que axexan ao solpor. Son inevitables e ás veces parecen interminables. Pero é nestes momentos escuros e onde brilla a verdadeira esencia dun equipo.

As malas rachas, eses períodos nos que o balón non entra e a sorte parece esquiva, poden ser desalentadores. Non obstante, cada desafío é unha oportunidade disfrazada. As lesións, os conflitos internos ou os compromisos persoais non son máis que probas que forxan o carácter e a resiliencia do equipo.

Cando o equipo tropeza e cae, é a unión e a determinación o que o levanta. Os xogadores deben aprender a apoiarse mutuamente, a atopar forza na adversidade e a manter viva a chama da esperanza. As voces dos afeccionados, eses amigos e familiares que animan desde a bancada, son un faro de alento no medio da tormenta.

miércoles, 5 de febrero de 2025

O FEMININO SEN OPCIÓNS NA TORRE ANTE O ORZÁN "B"

Derrota clara e contundente do Feminino na súa visita a Torre para enfrentarse ao potente Orzán, un dos equipos da estructura de canteira do Depor.

Primeiro partido post "Capi" a que se recordou nos prolegómenos do partido pola profunda huella que deixou no equipo e o cariño que se lle ten. 

Homenaxe do equipo a "Capi" na Torre 

A seguir pelexando !!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras en www.radiofusion.eu, preme aquí

O FILIAL CAE POLA MÍNIMA

Derrota do Filial nun partido no que se adelantou por duas veces pero non pudo manter a ventaxa ata o final.

Complícanse as opcións de ascenso pero queda unha volta enteira por diante así que ninguen baixe os brazos. 

Anotaron Juanlu e Hugo. 

Esto sigue!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí