viernes, 17 de octubre de 2025

CAMPAÑA SOLIDARIA DA RFGF CONTRA O CANCRO DE MAMA

Outubro é un mes moi especial para a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), que quere sumar o seu gran de area na loita contra o cancro de mama. A Real Federación Galega de Fútbol, dentro do seu marco de Responsabilidade Social Corporativa, pon en marcha dúas accións solidarias co obxectivo de apoiar á Asociación Española contra o cancro (AECC).

Xornada de goles solidarios:

Esta é unha iniciativa da que queremos facer partícipes aos clubs dunha serie de categorías co fin de que colaboren coa Federación na axuda contra o cancro de mama.

Fútbol masculino: Terceira Federación, Preferente Futgal e Primeira Futgal
Fútbol feminino: Terceira Federación, Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP
Fútbol Sala masculino: Terceira Federación e Preferente
Fútbol Sala feminino: Preferente

Na xornada do 18 e 19 de outubro cada gol marcado nestas competicións convertirase en 1€ que a  Real Federación Galega de Fútbol doará á AECC.

Unha maneira simbólica e emocionante de transformar cada gol nun xesto de esperanza.

Con estas iniciativas, a RFGF quere implicar a todo o fútbol galego (clubs, xogadores/as, árbitros/as e afección) nunha causa común, dar visibilidade, apoio e recursos á investigación e á loita contra esta enfermidade.

Na medida do posible gustaríamos que deades difusión a esta iniciativa da que tamén sodes partícipes con cada gol.

Camisola Solidaria

Ademais temos dispoñible na nosa tenda online unha camisola especial de “Terra Galega” de cor rosa, para apoiar a loita contra esta enfermidade, xa que o 100% dos beneficios obtidos coa súa venda irán destinados á Asociación Española contra o cancro.

As camisolas xa están á venda na nosa tenda oficial tenda.futgal.es onde poderán mercarse ata o vindeiro 31 de outubro

Animemos con todas as forzas aos nosos equipos para que nesta xornada marquen máis goles que nunca!

💗 Porque cando o fútbol galego se une marcamos o gol máis importante: o da solidariedade.