lunes, 22 de septiembre de 2025

OS MODESTOS FIRMAN A SÚA PRIMEIRA VICTORIA NA PREFERENTE

Partido enorme do Maniños, que competiu de ti a ti cun dos grandes aspirantes da categoría. A primeira metade foi igualada, con moito ritmo e poucas concesións, ata que chegou a gran combinación que Miragaya mandou á rede. O Pote estoupou de ledicia, e aínda puido chegar o segundo pero o disparo de Marcos estrelouse no pau.  Na 2a parte o Sigüeiro acusou o desgaste físico, e o Maniños fixo un exercicio de madurez e oficio: soubo sufrir, soubo controlar e manter a vantaxe.  


Ao final, chegou a recompensa: os primeiros tres puntos en Preferente, un triunfo que sabe a gloria e que enche de ilusión a xogadores, corpo técnico e afección. 

Grazas de corazón á nosa xente, que unha vez máis empurrou e fixo sentir ao equipo que non estaba só. 

Orgullo, forza e moito futuro por diante.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí