Arrincamos unha travesía ilusionante por mares descoñecidos pero cargados de paixón. A nosa nave, o Cultural Maniños, bota ao mar coa firmeza de quen sabe ben o que custou chegar ata aquí… e co corazón cheo de ilusión por sempre cara adiante, nos días calmos e tamén nas tempestades.
Haberá días en que o vento sopre a favor e outros en que haxa que remar contra corrente. Pero nunca navegaremos sós. Somos unha tripulación unida, co escudo no peito e a paixón no corazón.