Porque non, non foi un soño, estamos na Preferente, e facémolo coa mesma ilusión coa que empezamos todo isto.
Cada adestramento, cada partido, cada pinga de suor e cada aperta no vestiario teñen agora un sabor especial… porque sabemos o que custou chegar ata aquí.
Comeza a pretempada 25/26, e queremos vivila con vós. Como sempre.
Un equipo, unha familia, un pobo enteiro detrás.
Non é só fútbol. É a Cultural.GO MANIÑOS