![]() |
Intre do gol de Raúl |
A primeira parte foi de tenteo sen grandes ocasións para ningún dos dous equipos que tentaron impoñer o seu estilo pero sen éxito por ningunha das dúas partes. Foi no segundo período onde sucederon cousas. Foron os visitantes a través dunha falta directa executada maxistralmente por Jacobo o que puxo o (0-1) no marcador. Case non le deu tempo aos equipos para asimilar o período de descanso. Tocaba remar. O equipo acusou o gol e os visitantes atopábanse cómodos e chegaban con facilidade as cercanías da área e aí Marcos, o meta local, estivo moi vivo para resolver as ocasións xeradas polo eumeses. Nunha xogada aparentemente intranscendente, un balón que parecía que se ía pola liña de fondo e que o meta eumés deixaba saír mansamente, Agras nun acto de fe, seguiu o balón, pelexouno e chegou tocándoo suavemente superando a liña de gol e poñendo as táboas no marcador ante a sorpresa de todos. (1-1) cando menos esperabase. Cambios ofensivos dos brancos para tratar de dar definitivamente a volta ao marcador que coincidiu cun paso atrás dos visitantes que lles custaba saír do seu campo e así e tras un saque lateral, o balón chega a Raúl que case sen espazo dispara con violencia superando pola escuadra ao meta eumés e poñendo o que ao final sería o resultado definitivo de (2-1). As últimas opcións foron locais con varias ocasións xeradas por un Raúl que saíu moi *enchufado que con todo non volveu atopar o premio do gol. Os visitantes apuraban as súas opcións a base de balón parado pero sen acerto co que o partido despóis de máis de 6 minutos de desconto e co típico nerviosismo destes partidos chegou ao seu fin co coñecido (2-1).
Tres puntos de ouro que deixan aos brancos e inmellorable posición para afrontar os últimos 6 partidos de liga (5 máis o aprazado). Hai que seguir traballando a lume de biqueira e concentrarse única e exclusivamente no seguinte partido ante o Ural CF que será na Grela o vindeiro domingo 13 ao 16.00 H. A por todas equipo!!!
Parabéns!!!