lunes, 12 de febrero de 2024

GRAN VICTORIA DOS VETERANOS EN VISMA

Menudo final de 1.ª fase a que están a facer os veteranos que nesta ocasión superaron ao Silva, SD un dos equipos clasificados para o ascenso a segunda división. O equipo a pesar de ir xusto de efectivos, loitou e creu nas súas posibilidades e foi capaz de sumar tres puntos que lle permite chegar á última xornada con opcións de terminar na cuarta posición ligueira. 

Os goles brancos foron obra do Pichichi, Ricardo e do Capi, Caste de falta directa.

Agora a chegar nas mellores condicións para disputar a segunda fase e tentar o asalto á 2.ª B do fútbol veterano galego na provincia da Coruña.

O noso Pichichi Ricardo rodedo de rivales
(Foto: Mercedes Lamas)

Falta unha xornada e será no
Pote ante o Rodis FC, un rival ben coñecido que servirá para cerrar a 1ª fase coma se merece.

Parabéns a San Martiño, SD, Campanal de Loureda FC e Silva, SD pola súa clasificación para a fase de ascenso a 2ª división e parabéns igualmente ao resto de participantes pola sua ilusión e gañas.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí