lunes, 29 de enero de 2024

A NOSA ALEVÍN CARMEN CONVOCADA PARA UN ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA

Unha moi boa nova se recibeu no Cultural Maniños este sábado 27 e foi a convocatoria para un adestramento coa Selección Galega SUB 12 da nosa xogadora do Alevín "A", Carmen Bermúdez

O adestramento será no Campo da Braña (Rois) o próximo mércores 31 as 16:30 H.

Sen dúbida un orgullo para toda a Familia branca!!!

Carmen, a disfrutar moito a experiencia!!!