lunes, 30 de octubre de 2023

VICTORIA DE MOITO MÉRITO DOS VETERANOS EN OSEIRO

Gran victoria dos nosos nun campo moi difícil e ante un rival moi compricado que ocupaba e ocupa un dos postos de privilexio cunha boa serie de resultados. Os nosos acudiron á cita moi minguado de efectivos (13 baixas) e coa moral tocada polos últimos resultados pero foron capaces de sacar a caste que teñen para sobrepoñerse a todo e traerse tres puntos vitais que permiten mirar o futuro doutra forma. 
Anotaron Ricardo e Ramón que voltearon o tanto inicial local.

Intre do partido
(Foto: Mercedes Lamas)

É o punto de inflexión que se precisaba. 

Como o mereciades!!! A seguir así!!!  

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí