martes, 11 de julio de 2023

ADRIÁN SANTALLA, REFORZO PARA AS BANDAS

Adri Santalla
Adrián González Santalla, Adri (Ferrol, 1999) súmase ao plantel do Cultural Maniños para a próxima tempada. Convértese na cuarta incorporación do primeiro equipo e vén a completar a liña defensiva pola súa polivalencia podendo xogar no lateral en ambas bandas o que permitirá ao adestrador ampliar as posibles combinacións á hora de facer o equipo.

Adri como tantos outros xogadores de Ferrolterra empezou a dar os seus primeiros pasos no fútbol nos benxamines da SD Portuarios subindo nas categorías do Club chegando a disputar a Liga Galega en categoría Infantil. En Cadetes pasa ao Racing de Ferrol xogando en División de Honra. Ascenso a Xuvenís tamén cos verdes competindo en Liga Nacional. Ao pasar a modestos, uns meses no Galicia de Mugardos pasando ao SDR Neda durante dúas tempadas para pasar á SD Valdoviño a tempada pasada en Primeira Galicia onde coincidiu co que será o seu novo Club o Cultural Maniños.  

Adri Santalla xoga preferentemente de lateral dereito aínda que xa da súa etapa no Racing de Ferrol disputou moitos partidos de lateral esquerdo por iso é polo que falamos de xogador polivalente que permite cubrir as dúas posicións segundo as necesidades do adestrador e do partido.

ADRI, BENVIDO A MANIÑOS 

GO MANIÑOS