lunes, 5 de junio de 2023

A DERROTA MÁIS DOCE, ESTAMOS NA NOVA 2ª DIVISIÓN GALEGA

Sangue, suor e bágoas foi o que lle custou ao noso feminino lograr o ascenso á reformada 2ª División do Fútbol Galego despois dun épico enfrontamento de 180 minutos contra o Eiris, SD que con esta derrota descende á 3.ª División a pesar de ocupar o 5.º posto na liga regular mentres o noso equipo foi 8.º. E é que o formato da competición foi un tanto estrano dado que ao haber unha restructuración ligueira houbo ata un total de 48 descensos e o que non houbo foi a xustiza dunha liga regular. De feito do grupo 1.º (o do Maniños) dos primeiros clasificados, descenderon os 3º (Unión Campestre), 5.º (Eiris), 6.º (Galicia Caranza) e 7.º (Orillamar). Impresionante criba!!!

Saúdo inicial dos equipos é árbitra

O partido de volta xogada no
Campo Víctor Fernández Alonso (antigo Leyma) no barrio coruñés de Elviña viña condicionado polo (3-0) do partido de Ida xogado unha semana antes en O Pote. A necesidade de marcar era das locais que necesitaban remontar un marcador moi adverso mientras as brancas tocáballes defender con orde o resultado pero sen montar un autobús senón buscar o seu momento.Que tiña que chegar...

Aí vamoooos!!!

O partido comezou baixo unha impresionante calor a unha hora moi temperá como son a 16.00 H. Gran entrada coas dúas afeccións que animaban sen parar aos seus respectivos equipos. O partido nesta primera parte tivo pouco ritmo e con escasas opcións de gol, de feito a primeira que tiveron as locais ao cuarto de hora de partido foi aproveitada por unha xogadora local nunha posición dubidosa dada por válida pola Colexiada e poñendo o (1-0) no marcador. Á media hora e tras unha falta lateral banda esquerda segundo ataque branco é sacada ao corazón de área pequena, o balón é blocado pola meta local á que sorprendentemente se lle cae das mans, metendo o pé
Lucía Calvo e o balón en vaselina entra mánsamente na portería do Eiris. (1-1) e duro golpe para as intencións locais de remontar. Nada reseñable ata o asubío que levaba ao descanso e co resultado coñecido o partido finalizaba na súa primeira metade. 

As locais saíron decididas na segunda parte presionando desde o saque de porta e adiantando liñas, arriscando en definitiva e neste contexto a defensa branca e unha espectacular Eva achicaban todas as opcións ofensivas locais. Eva moi segura en todo momento saca unha impresionante man nun cabezazo picado dunha dianteira local. A calor facía efecto nos dous equipos e mesmo empezaban a aparecer os problemas físicos. Así Olaya é substituída por un problema no xeonllo. A súa substituta Noe convértese en protagonista ao transformar un golpe franco directo a falta de 25 minutos nun favorable (1-2). E é aí onde se comete o erro que puido custar a eliminatoria, as xogadoras van celebrar á zona de público do Maniños e incoscientemente todas cruzan o medio campo e sitúanse no lado defensivo do Maniños o que habilitaba o saque de centro das locais que conscientes de eso non o desaproveitaron, sacaron de centro e plantáronse diante de Eva que só puido ver como entraba o balón na súa portería. Erro moi grave porque á marxe do empate, as locais colleron folgos e de aí en diante asedio total local que anotaron un terceiro gol e estiveron a punto do cuarto en varias ocasións....e foron pasando os minutos cun sufrimento máximo e con este resultado chegouse ao noventa e empezaron a pasar os minutos de desconto, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e no oitavo cuarto gol branco de novo nunha posición máis que dubidosa e co partido acabado e con máis de 9 minutos de desconto a Colexiado pitou o final. O Maniños lograba superar a eliminatoria e ascende á nova 2.ª División.


Felicitacións moi grandes ao equipo, Corpo Técnico, colaboradores, patrocinadores e afección que apoiaron incondicionalmente ao equipo nas boas, malas e regulares !!!

SOMOS DE SEGUNDA !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.espreme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion,eu, preme aquí