lunes, 8 de mayo de 2023

DERROTA SEN PALIATIVOS EN CEDEIRA

A crónica desta semana do partido do noso primeiro equipo vai ser moi curta porque pouco hai que contar. Demasiado pouco. Nun contexto no que a efectos clasificatorio os brancos non se xogaban nada mentres os locais xogábanse unha das súas últimas bazas para meterse na promoción de ascenso a Preferente aínda que o ten francamente difícil, o factor motivación foi fundamental e aí empezou a decantarse o partido para o Cedeira

Minuto de silencio por Arsenio Iglesias

O traballo psicolóxico do adestrador de que todos os partidos son importantes e que hai que manter a tensión de fronte ao final de tempada non produciu efecto e a falta de tensión branca foi determinante. O
Cedeira sen facer practicamente nada se foi ao descanso cun claro (3-0). Tres tiros a portería tres goles, co mesmo protagonista que serviron para decantar a balanza a favor dun equipo local que non necesitou nin pisar o acelerador. Antes do primeiro gol local Grueiro estrelara un disparo desde fóra da área no traveseiro. Partido resolto para os locais no descanso. 

Un intre do partido de ida entre estos dous equipos
(Foto: Tono Santos)

4 cambios meteu Pablo Mesa no tempo de descanso. Tratábase de meter xente de refresco para acabar o partido sen recibir un castigo máis avultado. Foi empezar a segunda parte e caía o cuarto para os locais e de aí ao final o partido consistiu en deixar pasar os minutos ata o final como así foi finalizando o partido co claro, contundente e inapelable (4-0). 

A derrota máis contundente do Maniños na presente tempada ante un gran rival, favorito a priori da competición e que está a apurar as súas opcións que pasan por gañar no difícil campo do Eume e que pique a SD O Val ante o Crendes. Non parce fácil pero isto é fútbol. O Maniños encara a recta final da tempada esperando que recuperar o seu xene competitivo para poder loitar polos seus últimos obxectivos. Que complicado é xogar en terra de ninguén...

O próximo finde para terminar a tempada visita O Pote o CD Narón. Por acordo entre os dous equipos xogarase o sábado. A por os tres puntos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí