lunes, 27 de marzo de 2023

DERROTA DOS VETERANOS ANTE UN EQUIPAZO

Nada que obxectar á vitoria do Bribes CF na matinal do domingo ante un Maniños moi minguado de efectivos e que non puido dar réplica  á incuestionable superioridade visitante que foi mellor os 90 minutos.

Escena do partido dos veteranos ante o Bribes CF

Dominio e tempo do partido e un Maniños moi metido atrás que tentaba manter a orde ante o controlado acoso do Bribes CF que sen présa pero sen pausa foi maniatando aos brancos que practicamente só podían defenderse. Dous goles en cada tempo puxeron o definitivo marcador de (0-4) que reflicte o sucedido sobre o terreo de xogo.

Só queda felicitar ao Bribes CF, sen dúbida o mellor equipo que pasou por O Pote esta tempada e dar moitos ánimos aos brancos que ten que entender que para mellorar hai que recuperar xente.

Moitos ánimos aos lesionados e á xente que por motivos laborais non poden acudir ao partidos pero a maiores hai xente que non están a mostrar o compromiso que se debe de ter e se non é así o mellor é ser sincero e serio e deixar o equipo.

Imos equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí