lunes, 23 de febrero de 2026

CRUZ NO RESTO DA XORNADA

Xornada complicada para os nosos equipos, onde o esforzo non se viu reflectido no marcador final. Toca analizar , corrixir e manter a cabeza alta , porque como ben dicimos: "E pobre do que queira quitarnos a ilusión".

 Segunda División – Feminino - Xornada 21
CULTURAL MANIÑOS  1 - 3 ORILLAMAR S.D.
Dura derrota  nun duelo directo na zona baixa da táboa. Era un partido marcado en vermello polo igualados que chegaban ambos conxuntos, pero o Maniños non puido amarrar os puntos na casa.

Malia o gol de Lorena Saavedra, o Orillamar estivo máis acertado e levou un botín que obriga ás nosas a traballar arreo para atopar a dinámica positiva.

Toca erguerse!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial - XORNADA 7
 S.D.C. Y R. NARÓN FREIXO 3 - 0 CULTURAL MANIÑOS 
O filial tamén sufriu a pegada do Narón Freixo nun encontro onde os locais non perdoaron. O equipo non acaba de atopar a súa mellor versión nestas últimas semanas; fáltalle esa chispa e solvencia coa que empezou a tempada, onde se amosaba como un bloque moito máis competitivo.

Toca seguir collendo experiencia nesta categoría tan esixente  para que os resultados comecen a chegar.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos  - XORNADA 17
 CULTURAL MANIÑOS  2 – 3 VIOÑO C.F.
O partido tivo dúas caras  moi diferenciadas. O Maniños comezou de forma inmellorable , dominando  e poñéndose por diante grazas á puntería de Javi Rico  e a un un gol de falta de Javi Pedreiras. Todo parecía controlado ata que un penalti en contra meteu ao Vioño no encontro.

Eses minutos non se souberon xestionar  e, nun visto e non visto, o Vioño aproveitou o desconcerto  para darlle a volta ao marcador. Tralo golpe, o Maniños non se rendeu: foi superior, mandou no xogo  e tratou de atacar a porta visitante  en busca do empate con máis corazón  que cabeza. A falta de claridade nos metros finais  impediu que o esforzo se transformase en gol.

Unha mágoa, toca reguir remando!! 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS