lunes, 2 de junio de 2025

O NOSO GRAN CAPITÁN ROBER PAZOS NON CONTINÚA

Hai xogadores que pasan polos clubs, e hai outros que os marcan para sempre. Na Cultural de Maniños tivemos a sorte de contar, desde o 2013, cun deses que deixan pegada, tanto dentro como fóra do campo. Hoxe tócanos despedir —que non esquecer— a un dos nosos piares, o noso capitán, o noso capitán xeral.


O Pote
foi o seu escenario durante máis dunha década. Nese campo deu todo: entrega, carácter, compromiso, exemplo. Co brazalete no brazo, guiou ao equipo con orgullo e co respecto que só se gaña sendo auténtico. Representou o escudo coma poucos, e por iso levaba os galóns con merecemento. Pero se algo fixo que gañara o corazón de todos non foron só os seus méritos deportivos, senón a súa maneira de ser: próxima, xenerosa e sempre disposto a sumar.

Grazas por tanto Rober, as portas do Pote estarán sempre abertas para ti !!!

GO MANIÑOS