Javi González, "Gonza", seguirá unha tempada máis e será a partir de agora o primeiro capitán do equipo, collendo así o relevo do gran Rober. O central, que dende 2016 defende este escudo, é sinónimo de contundencia, compromiso e carácter.
Agora, co seu liderado natural, será clave neste novo capítulo.
O muro faise guía. Imos con todo, capitán!
GO MANIÑOS