martes, 17 de junio de 2025

MARCOS AMADO, UN ANO MÁIS DEFENDENDO A PORTERÍA BLANCA

O traballo na sombra, a constancia no día a día e a seguridade cando lle toca saír á escena.

🔐 Marcos Amado continuará formando parte da portería do Maniños na tempada 2025/26.


⚽ Reflexos
💬 Comunicación constante coa liña defensiva
🧱 Solidez nos 1 contra 1

Con nos desde 2024 !!!

📈 Un gardameta que suma sempre, dentro e fóra do campo. Un seguro baixo paus que completa unha portería chea de compromiso e competitividade.

Go Marcos!!!

GO MANIÑOS

lunes, 16 de junio de 2025

JULIÁN PARDO, O TALENTO SEGUE DE BRANCO

Seguimos apostando polo que cremos...

Hoxe é a quenda dun dos nosos xogadores con máis talento.


🎩 A maxia queda no Pote, Julián Pardo continuará unha tempada máis defendendo o noso escudo.

💫 Calidade.
🎯 Rompe liñas, inventa espazos.
⚽ Sempre co balón no pé e a cabeza levantada.

Un xogador diferente. Dos que marcan a diferenza.

Go Juli!!!

GO MANIÑOS

domingo, 15 de junio de 2025

ADRIÁN GONZÁLEZ "LINDI", A PRECISIÓN NA BANDA SEGUE CON NOS

Seguimos construíndo o noso soño, e hoxe toca asegurar unha peza clave. Adrián González "Lindi" continuará unha tempada máis con nós.

Un lateral completo... deses que xa non se atopan todos os días.

⚙️ Serio e sólido en defensa.
⚡️ Valente para sumarse ao ataque.
🎯 Preciso cada vez que pisa liña de fondo.

Sempre concentrado 🧠, sempre competitivo 🏆

Go Lindi!

GO MANIÑOS

sábado, 14 de junio de 2025

CAIO CORREA, A SAMBA CONTINUARÁ NO POTE

 Sen descanso, coa ilusión por bandeira, seguimos construíndo o Maniños 25/26.

💥 Hoxe anunciamos a bombo e platillo a renovación de Caio Correa.


⚡ Rápidez
🎭 Ousadía
🎯 Regate

Cada finta é un verso. Cada xogada, unha historia contada cos pés.

A samba seguirá soando en O Pote... e nós, a gozar!

Go Caio!

GO MANIÑOS

DÍA DA FAMILIA CULTURAL

Un día para lembrar ⚽️

Hoxe vivimos unha xornada moi especial no Campo do Pote: familias compartindo o que máis nos une… o fútbol ⚽️.
Un auténtico éxito de participación 🙌, cheo de risas 😂, emoción 🥹 e, sobre todo, un ambiente inmellorable 🌟.


Grazas a todas as persoas que o fixeron posible 🙏

A Familia Cultural Maniños, tamén se constrúe con momentos coma este, onde o balón une xeracións.

Grazas, grazas e grazas, a nosa casa é a vosa casa!!!

#FamiliaCultural

GO MANIÑOS

viernes, 13 de junio de 2025

CHRISTIAN, O EXEMPLO PARA TODOS, UN ANO MÁIS DE BLANCO

📣 Hoxe toca anunciar a renovación de Christián, xogador sempre comprometido, sempre importante para o equipo, un exemplo dentro e fóra do campo.

🥅 Gol.

🎯 Disparo.

🚀 Gran chegada de segunda liña.

Christián continuará no Maniños unha tempada máis. Sempre preparado, sempre enchufado, sempre sumando. Un xogador serio e disposto a dar o 100% polo equipo.

⚪️ Orgullo de terte connosco!

Go Christian!!!

GO MANIÑOS

jueves, 12 de junio de 2025

HUGO COCIÑA, O HOME DO ASCENSO, UN ANO MÁIS DE BLANCO

Do 11 de maio de 2025, todos recordaremos para sempre o berro de Alfredo e os dous goles dun chaval que s presentou no terreo de xogo disposto a repartir desparpallo a raudais para decidir un partido memorable... 


O resto é historia. Hoxe estamos felices de anunciar  a renovación do home do ascenso, a de Hugo Cociña.
✨Calidade
🔥Personalidade
🎭Irreverencia

🎩 Un deses xogadores q nunca se agochan, que piden o balón cando queima, que sempre deixan algo diferente sobre o céspede 

Con nos desde 2023 e imos seguir desfrutando do seu fútbol en O Pote

Go Hugo!!!

GO MANIÑOS

OS CADETES POSARON COA SÚA COPA

Os nosos cadetes posaron onte para o recordó no Pote coa Copa de Consolación conquerida o pasado 31 de maio en Neda

Cadetes, campións da Copa Consolación da Del. Ferrol

Por encima de todo, quedamonos con voso traballo e compromiso durante todo o ano. 

Por suposto felicitar aos técnicos Diego e Jael

Parabéns!!! 

GO MANIÑOS

miércoles, 11 de junio de 2025

RAÚL ALBELA, O NOSO "BICHO", UNHA TEMPADA MÁIS DE BLANCO

Seguimos sumando boas novas! Hoxe anunciamos con gran ledicia a renovación de Raúl Albela.

⚡Velocidade
🎯 Desborde
🔥 Potencia

Ningún defensa pode estar tranquilo cando Raúl ven lanzado en carreira. Un pesadelo para os rivais, un espectáculo!

Con nos desde 2020 !!!

Despóis dun ano complicado, volve con ganas de demostrar todo o seu talento e de ser decisivo no campo. Sabemos que con confianza...será o seu ano

.💪💙 GO Raúl!

GO MANIÑOS

HOXE FAI 9 ANOS QUE NOS ENTREGARON A COPA DE CAMPIONES DE LIGA - 2ª REXIONAL

Un día como hoxe de fai nove anos que o noso capitán Fran Casteleiro "Caste" recibía no Pazo da Cultura de Narón a copa de Campións de Liga de 2ª Rexional tempada 2015/16.


Caras coñecidas entre elas a nosa presidenta Puri, a nosa directiva Elena... ADN blanco.

Grandes lembranzas!!! 

GO MANIÑOS

martes, 10 de junio de 2025

ÁLVARO ESPAÑA, A TRADICIÓN CONTINÚA NO POTE

Seguimos sen descanso, e hoxe estamos encantados de anunciar a renovación de Álvaro España.


⚡ Velocidade.
🎯 Desborde.
🔥 Desequilibrio.

Cando encara, atentos… sempre pasan cousas.

Este ano chega coas pilas 🔋cargadas e con máis ganas que nunca de aportar, tras dous anos sen poder participar como lle gustaría.

Con nos desde 2020 !!!

Confianza total no seu fútbol. ¡Imos, Álvaro!

GO MANIÑOS

lunes, 9 de junio de 2025

MATEO UN ANO MÁIS DEFENDERÁ A PORTERÍA BLANCA

Nas portas do éxito, sempre hai quen as pecha con seguridade...hoxe tócanos anunciar a renovación de Mateo.

🧤Salva.
🗣️Ordena.
💪 Transmite confianza.

Seguro coas mans e sempre un apoio na saída de balón, un porteiro moderno cun gran xogo de pés.


Con nos desde 2022 !!!

🔒 Un muro na portería, un líder desde atrás. 🧤Un dos nosos gardamallas de confianza!🧤

GO MANIÑOS

sábado, 7 de junio de 2025

DAVID VIDAL, BLANCO UN ANO MÁIS

Hoxe tócanos a renovación de David, no corazón da defensa, onde se loita sen tregua, el ergue o muro. 


Central de raza, mestre no corte, implacable nos duelos, o que apaga os lumes antes de que prendan.  

Un seguro atrás. 

Unha muralla con nome propio.

GO MANIÑOS

NÚMERO PREMIADO NO SORTEO DUNHA ESTANCIA PARAS DÚAS PERSOAS, 2 DÍAS, NUNHA CASA RURAL

O pasado venres 30 de maio celebrouse o sorto dunha estancia para dúas persoas, 2 días nunha casa rural. Recordemos que o número tiña que cadrar cas 4 últimas cifras do Primeiro Premio do Sorteo da ONCE.

O número premiado é:

2675

O afortunado pódese pasar polas oficinas do club a recoller seu premio !!!

GO MANIÑOS

viernes, 6 de junio de 2025

JAVI MIRAGAYA TAMÉN É DE PREFERENTE

Hoxe toca a renovación dun dos directores de orquestra do mediocampo do Cultural.
Javi Miragaya é calidade, ve o xogo antes ca ninguén e move ao equipo con calma e intelixencia.

Silencioso, eficaz e sempre no sitio.

Un deses xogadores que fan que todo encaixe.

GO MANIÑOS

OS CADETES GAÑAN A COPA CONSOLACIÓN CADETE EN NEDA

Gran alegría dos nosos cadetes tras derrotar na tanda de penaltis ao Racing San Pedro e acadar a Copa de Consolación de Ferrolterra


Parabéns!!! 

A disfrútalo!!! 

GO MANIÑOS

miércoles, 4 de junio de 2025

ÁNGEL LÓPEZ UN ANO MÁIS DE BLANCO

Hoxe estamos moi contentos de anunciar a renovación de Ángel López, Xogador de banda, pero capaz de adaptarse a case todo. Con nos desde 2017.


Comprometido, vertical, rápido como o vento e con ideas claras no campo.

Dentro ou fora do campo Ángel sempre suma, sempre aparece e sempre está para axudar os seus.

Un xogador deses que fan mellor ao equipo 💪

GO MANIÑOS

martes, 3 de junio de 2025

JAVI GONZÁLEZ RENOVA OUTRO ANO

Javi González, "Gonza", seguirá unha tempada máis e será a partir de agora o primeiro capitán do equipo, collendo así o relevo do gran Rober. O central, que dende 2016 defende este escudo, é sinónimo de contundencia, compromiso e carácter.


Agora, co seu liderado natural, será clave neste novo capítulo.  

O muro faise guía.  Imos con todo, capitán!

GO MANIÑOS

O NOSO ALEVÍN, "PLATA" EN CARANZA

Os nosos pequenos loitadores acadaron a medalla de prata no Torneo de Convivencia Copa Ferrol (Grupo G/H).Un orgullo ver como compiten, desfrutan e representan ao Maniños con entrega, compañeirismo e ilusión.


Seguimos medrando xuntos!
Parabéns, equipo! 👏⚽

GO MANIÑOS

lunes, 2 de junio de 2025

O NOSO GRAN CAPITÁN ROBER PAZOS NON CONTINÚA

Hai xogadores que pasan polos clubs, e hai outros que os marcan para sempre. Na Cultural de Maniños tivemos a sorte de contar, desde o 2013, cun deses que deixan pegada, tanto dentro como fóra do campo. Hoxe tócanos despedir —que non esquecer— a un dos nosos piares, o noso capitán, o noso capitán xeral.


O Pote
foi o seu escenario durante máis dunha década. Nese campo deu todo: entrega, carácter, compromiso, exemplo. Co brazalete no brazo, guiou ao equipo con orgullo e co respecto que só se gaña sendo auténtico. Representou o escudo coma poucos, e por iso levaba os galóns con merecemento. Pero se algo fixo que gañara o corazón de todos non foron só os seus méritos deportivos, senón a súa maneira de ser: próxima, xenerosa e sempre disposto a sumar.

Grazas por tanto Rober, as portas do Pote estarán sempre abertas para ti !!!

GO MANIÑOS

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (30-31) MAIO E (1) XUÑO

INFANTILES (2ªF - X22): Cultural Maniños 1 - CCRD Perlío 0
CADETES (COPA CONS - FINAL): Racing San Pedro 1 - Cultural Maniños 1
CAMPEONES POR PENALTIS