miércoles, 24 de diciembre de 2025
lunes, 22 de diciembre de 2025
CHOCOLATADA E XUNTANZA DA BASE DO CLUB
Onte luns despideuse o ano que non a tempada coas tradicionáis partido de pais contra nenos en todalas categorías da base acompañada dun quentiño chocolate para axudar a levar a desapacible tarde que sufrimos en Ferrolterra.
Ademáis dende a Cultural Maniños queremos felicitar a Ángel Porto e Manolo Mesa, afortunados gañadores das dúas cestas de Nadal do club aos que se entregou o seu premio aproveitando a xuntanza. Grazas a todas e todos os que participastes e colaborastes un ano máis Parabéns Manolo e Angel!
E así cesamos a actividade na base ata o próximo ano, con risas e alegría de tod@s os alí presentes.
Grazas a todos por participar!!!
GO MANIÑOS
MALA XORNADA DO RESTO DE EQUIPOS SENIOR
⚽ SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA
Cultural Maniños 0 – 2 Eirís, SDUn Maniños moi diezmado foi superado por un Eirís, SD que tamén veu en cuadro por o acerto en duas xogadas puntuáis aunque recoñecendo que o dominio do xogo foi das visitantes que fixeron más para levarse os tres puntos en xogo.
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
⚽ TERCEIRA FUTGAL · VETERANOS
Club Deportivo Ciudad 2 – 1 Cultural Maniños
Si fai unha semana a ledicia invadía O Pote cun triunfo nos derradeiros intres do partido, nesta oacasión a moneda saeu cruz. O importante es que estase a competir en todolos partidos o que se ve no apretado dos resultados.
DERROTA DOS MODESTOS PARA ACABAR O ANO
Non foi a mellor despedida do ano futbolísticamente falando ao caer ante o CD Lalín, un equipo cun gran historial deportivo, participando no seu momento na 2ª B do fútbol Nacional e do mesmo xeito que a semana pasada o SD Negreira con aspiracións a volver catar o fútbol nacional con primeira parada na 3ª Federación.
Vitoria xusta dos visitantes cun resultado quizais excesivamente avultado para o que se viu nunha desapracible tarde no Campo do Pote qu rexistró unha mala entrada xa que a tarde demandaba máis estar no sofá cunha manta que un campo de fútbol.
Adiantáronse os visitantes que aproveitaron un balón que parose no céspede pola gran cantidade de auga caída. Empataron os brancos cun lanzamento de penalti a través de Javi Miragaya. Con este resultado de táboas o partido foise ao tempo de descanso. O empate empezou a xerar certo nerviosismo nos visitantes aos que só lles valía a vitoria e un penalti de pillería dun xogador do Deza permitiu que o CD Lalín adiantásese no marcador. O terceiro gol matou o partido e xa o cuarto foi meramente testemuñal. (1-4) e os tres puntos marchan para o Manuel Anxo Cortizo.
O peor de todo sucedeu no primeiro minuto de partido coa lesión fortuíta do noso xogador Ángel López que tivo que trasladarse ao Hospital Juan Cardona para avaliar a mesma quedando pendente de probas para concretar o alcance. Ánimo Ángel !!!
Agora toca desconectar, respirar e coller folgos. A tempada non esta sendo doada e só con forza e traballando todos na mesma dirección de puede chegar ao esixente obxetivo da permanencia.
Ningún resultado nos vai facer esquecer que o 2025 foi o mellor ano deportivo do noso Club, da nosa Cultural.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (18-19-20-21) DECEMBRO
PREBENXAMÍN (1º FASE - X08): Cultural Maniños - SDR Canido (1)
BENXAMÍN "A" (1º FASE - X09): Cultural Maniños - SD O Val "B" (2)
BENXAMÍN "B" (1º FASE - X09): SD O Val - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (1º FASE - X11): Cultural Maniños - SD Portuarios (2)
INFANTILES (1º FASE - X13): DESCANSAN
CADETES (1º FASE - X10): Cultural Maniños 5 - CD Narón "C" 1
XUVENILES (1º FASE - X13): SD Libunca 2 - Cultural Maniños 12
VETERANOS (X11): CD Ciudad 2 - Cultural Maniños 1 (Javi Rico)
FEMININO (X14): Cultural Maniños 0 - Eirís, SD 2
FILIAL - 3ª FUTGAL (): DESCANSA
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X16): Cultural Maniños 1 (Miragaya) - CD Lalín 4
miércoles, 17 de diciembre de 2025
lunes, 15 de diciembre de 2025
BOA XORNADA NO RESTO DE EQUIPOS
⚽ SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA
S.D.C. Órdenes 1 – 1 Cultural ManiñosXurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
⚽ TERCEIRA FUTGAL · VETERANOS
Cultural Maniños 3 – 2 S.D.C. Pastoriza
Co 1-2 no marcador afrontáronse os últimos dez minutos, pero nun final cheo de épica, os de O Pote sacaron orgullo, fe e carácter e dous goles de novo dun estelar Javi Rico nos últimos cinco minutos, culminaron unha remontada espectacular para deixar os tres puntos na casa nun final inesquecible.
BAÑO DE REALIDADE EN NEGREIRA
A pesar da clara derrota, a sensación debe ser de vitoria: pola oportunidade de competir nun escenario deste nivel, onde a experiencia adquirida vale máis que os puntos. Un aprendizaxe que, sen dúbida, sumará resultados no futuro.
E pobre do que nos queira quitar a ilusión.
GO MANIÑOS
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (12-13-14) DECEMBRO
PREBENXAMÍN (1º FASE - X06): SD Portuarios - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "A" (1º FASE - X08): Estrella A Solaina - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (1º FASE - X08): Cultural Maniños - Libunca, SD (1)
ALEVINES (1º FASE - X10): Libunca, SD - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (1º FASE - X12): Meirás CF 2 - Cultural Maniños 4
CADETES (1º FASE - X09): SCRD Narón O Freixo "B" 1 - Cultural Maniños 8
XUVENILES (1º FASE - X12): Cultural Maniños 1 - SCRD Narón O Freixo "B" 4
VETERANOS (X10): Cultural Maniños 3 (Javi Rico (3)) - SD Pastoriza 2
FEMININO (X13): SD Órdenes 1 - Cultural Maniños 1 (Lara Gorgullo)
FILIAL - 3ª FUTGAL (): DESCANSA
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X15): SD Negreira 4 - Cultural Maniños 0
jueves, 11 de diciembre de 2025
martes, 9 de diciembre de 2025
VALIOSO EMPATE DO FEMININO NO POTE
Cultural Maniños 0 – 0 Brexo Lema S.D.
Nova portería a cero e boas sensacións dun equipo que non deixa de crecer.
Dous partidos, 4 puntos e moito mérito polo traballo colectivo. Moitas razóns para seguir crendo.
GO MANIÑOS
DERROTA DOS MODESTOS ANTE O BETANZOS CF
Derrota complicada pero con detalles positivos que invitan a seguir.
lunes, 8 de diciembre de 2025
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (5-6-7) DECEMBRO
ALEVINES (1º FASE - X07): Cultural Maniños - Galicia Caranza (2)
INFANTILES (COPA): Cultural Maniños 4 - CD Narón 2
FEMININO (X13): Cultural Maniños 0 - Brexo Lema, SD 0
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X14): Cultural Maniños 0 - Betanzos CF 2
viernes, 5 de diciembre de 2025
lunes, 1 de diciembre de 2025
V GALA DO DEPORTE DE FENE
Celebrouse o pasado sábado 29 no Pabellón da Xunqueira de San Valentín a V GALA DO DEPORTE DE FENE organizado pola Consellería de Deportes do Concello de Fene na que homenaxeouse aos mellores deportistas e Clubs nas diferentes modalidades.
O noso Club tivo o recoñecemento aos modestos polo campionato de Primeira Galicia. Tamén fixose unha mención a nosa presi, Puri Hermida pola sua traxectoria deportiva.
Grazas!!!
PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA PEÑA FENESA DO RACING "PEÑA EL CAMAROTE"
O pasado xoves 27 o Cultural Maniños representado pola súa presidenta, Puri Hermida, acudeu ao Salón de Plenos do Concello de Fene a presentación da primeira peña fenesa do Racing Club Ferrol, a "Peña El Camarote" sita no bar do mesmo nombre na Av. Naturais do Concello fenés onde recibeuse un agasallo pola súa parte e con motivo da data.
Moita sorte amigos!!!
DE TODO NO RESTO DA XORNADA
✅ FEMININO – SEGUNDA DIVISIÓN
A.D.N. Nicarariense 0 – 1 Cultural Maniños
⚽️ Gol: Andrea
Duelo fratricida 🔥 entre dous equipos necesitados, no que quen gañase daba un paso clave para saír da zona complicada da táboa. As nosas fixérono posible cun partido serio, valente e traballado 💪.
O gol de Andrea 💥 decidiu un encontro intenso no que o Maniños soubo sufrir, competir e defender o resultado ata o final. Tres puntos de ouro 🟡!!
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
❌ FILIAL – TERCEIRA FUTGAL
Xuventud Cabanas 3 – 0 Cultural Maniños
Derrota dura 😓 para o filial nun partido no que os locais estiveron máis acertados. O Maniños deixou boas fases de xogo 👏, pero varios erros puntuais pasaron factura.
Toca seguir traballando e non baixar os brazos ⚔️. O equipo ten marxe e actitude para mellorar!
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí
🟰 VETERANO – LIGA DE VETERANOS
Atlético Arteixo 1 – 1 Cultural Maniños
⚽️ Gol: P. P.
O gol chegou nun córner sacado por Mato, que un xogador do Arteixo desviou á propia portería ⚽️➡️🟥.
Na segunda metade os de O Pote foron mellores, tiveron ocasións claras ✨ e mesmo puideron gañar, pero o balón non quixo entrar 😤.
Gran punto e mellores sensacións! 🤍💪
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
GO MANIÑOS
EMPATE MOI VALIOSO DOS MODESTOS EN MIÑO
🔥 Derbi intenso en Gallamonde e punto moi valioso para o Cultural Maniños.
O Cultural Maniños sacou un punto de moito mérito no derbi local fronte ao Miño, nun partido cheo de emoción, pelexa e moitas alternativas ⚪️.
O encontro comezou cun Miño querendo levar o control, pero atopouse cun Maniños moi intenso, capaz de levar o partido ao seu terreo 💪. A pesares diso, os locais adiantáronse no 27’ cun tanto que puxo a situación costa arriba ❌.
Pero a reacción non tardou: no 30’, Hugo Cociña transformou con moita frialdade ☃️ un penalti que puxo o 1-1 no marcador.
Na segunda metade todo seguiu moi aberto 🔄. No 83’, o Miño aproveitou un erro puntual para facer o 2-1 😣. Apareceu entón o carácter dos de O Pote: líneas arriba, empuxe total e un rival que tivo varias contras que non aproveitou ⚠️.
E cando o partido xa morría… no 90’+3’, apareceu Marcos Piñeiro para rematar un córner no segundo pau e asinar o 2-2 definitivo ⚽️⏱️🔥.
Un empate agónico, traballado e cheo de personalidade, que sabe a punto valioso polo escenario e por como se produciu nun derbi sempre especial 🤍.
💯 Orgullo dos nosos. Seguimos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (28-29-30) NOVEMBRO
PREBENXAMÍN (1º FASE - X07): Cultural Maniños - SD O Val (2)
BENXAMÍN "A" (1º FASE - X07): Cultural Maniños - CD Narón "B" (2)
BENXAMÍN "B" (1º FASE - X07): Racing San Pedro - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (1º FASE - X07): SD Rápido Neda - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (1º FASE - X11): Cultural Maniños 3 - Cedeira, SD 6
CADETES (1º FASE - X09): Cultural Maniños 1 - Meirás CF 4
XUVENILES (1º FASE - X10): Galicia Caranza "B" 3 - Cultural Maniños 2
VETERANOS (X09): At. Arteixo 1 - Cultural Maniños 1 (Mato)
FEMININO (X12): AD Nicrariense 0 - Cultural Maniños 1 (Andrea)
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X09): Xuventud Cabanas 3 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X13): AD Miño 2 - Cultural Maniños 2 (Hugo e Marcos Piñeiro)
miércoles, 26 de noviembre de 2025
lunes, 24 de noviembre de 2025
SEGUIMOS NA MALA XEIRA DO RESTO DE EQUIPOS SENIORS
❌ FEMININO | Segunda División
CULTURAL MANIÑOS 2 – 8 VICTORIA FC “C”
⚽ Goleadora: Andrea (2)
As nosas afrontaban un duelo complicado ante un rival con moita pegada. A pesares da dificultade, o equipo non deixou de competir e Andrea conseguiu dous grandes goles que amosan o esforzo e a ambición das brancas.
A seguir medrando, aprendendo e loitando cada semana.
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
❌ FILIAL | Terceira Galicia
CULTURAL MANIÑOS 0 – 2 S.D.C.Y.R. NARÓN O FREIXO
Derrota do filial nunca partido de guante branco marcado polas expulsións de 3 xogadores, demasiado rigorosas a todas luces, que desvirtuaron o partido.
Un gol no primeiro minuto e outro na resta final do mesmo decidiron un encontro máis igualado do que reflicte o electrónico.
Toca seguir traballando e acumulando experiencia 💪
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Álvaro "Chiqui" Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
🟰 VETERANOS | Terceira Futgal
CULTURAL MANIÑOS 0 – 0 SPORTING CORUÑÉS
Empate sen goles nun partido no que os de O Pote foron claramente superiores durante boa parte do encontro.
Os brancos dominaron o xogo, chegaron con perigo e levaron a iniciativa, pero a falta de claridade nos metros fináis impediu atopar o gol. Un punto que sabe a pouco e deixa aos brancos ás portas de sumar 3 puntos moi necesarios.
Toca seguir insistindo e confiando no bo camiño tomado
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
GO MANIÑOS
EMPATE AGRIDOCE DOS MODESTOS NA POBRA DO CARAMIÑAL
Dominio sen premio nun campo difícil.O encontro estivo condicionado desde o inicio polo estado do terreo de xogo. A choiva caída converteu o céspede natural nun escenario pesado, onde o balón rodaba lento e dificultaba a circulación. A pesar diso, o Maniños mostrouse moi serio, sen pasar ningún apuro defensivo ante un Puebla que buscou balóns en longo esperando o fallo rival.
Ocasións claras e superioridade numérica. Na primeira metade, o equipo tivo o gol moi preto cunha espectacular chilena de Santi que marchou fóra por moi pouco. O partido púxose aínda máis de cara cando o Puebla quedou cun menos tras unha patada sen balón sobre Jaime Urbano no min 33 da primeira parte.
Tralo descanso, o Cultural deu un paso adiante. O equipo axustou o debuxo táctico e pechou ao rival no seu campo. Hugo tivo nas súas botas o gol en dúas ocasións, con dous disparos que marcharon rozando o pau. O control era dos visitantes, pero o Puebla resistía.
Con todo, o fútbol foi cruel. No minuto 66, nunha xogada illada, un centro dende a dereita sen perigo aparente rematou no fondo da rede tras unha acción desafortunada. O (1-0) foi un xarro de auga fría para un equipo que fixera méritos de sobra para levar os tres puntos.
Lonxe de virse abaixo, o Maniños seguiu insistindo, e no 72 Julián apareceu para empatar cun remate certeiro que poñía xustiza no electrónico.
Coas tablas no electrónico, o Maniños continuou empurrando, buscando a vitoria ata o final, pero faltou a concreción final para culminar un bo partido. O empate final deixa un sabor agridoce, xa que puido ser a vitoria, pero as boas sensacións mostran o camiño a seguir.
Empate que sabe a pouco, pero que deixa boas sensacións e mostra o camiño a seguir.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (21-22-23) NOVEMBRO
PREBENXAMÍN (1º FASE - X06): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (1º FASE - X06): SD Rápido Neda "A" - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (1º FASE - X06): Cultural Maniños - Galicia Caranza (1)
ALEVINES (1º FASE - X06): Cultural Maniños - Eume (2)
INFANTILES (1º FASE - X10): Racing San Pedro 1 - Cultural Maniños 4
CADETES (1º FASE - X08): Cultural Maniños 9 - CD As Pontes "B" 3
XUVENILES (1º FASE - X09): Cultural Maniños 1 - CD As Pontes 7
VETERANOS (X08): Cultural Maniños 0 - Sporting Coruñés 0
FEMININO (X11): Cultural Maniños 2 (Andrea (2)) - Victoria CF "C" 8
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X08): Cultural Maniños 0 - Narón Freixo 2
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X12): Puebla CF 1 - Cultural Maniños 1 (Julián)
miércoles, 19 de noviembre de 2025
OUTRA XORNADA PARA ESQUECER NO RESTO DE EQUIPOS SENIORS DO CLUB
Partido duro para as nosas, que loitaron ata o final ante un rival moi acertado de cara a portería. O Maniños buscou as súas opcións e mantivo a intensidade, pero esta vez non chegou o premio . Toca seguir traballando, aprendendo e medrando cada xornada. A ilusión non nola quita ninguén!
DURA E INXUSTA DERROTA DOS MODESTOS ANTE O BURELA
Partido de moitísimo ritmo e intensidade o vivido onte no Pote. O Burela entrou forte, con presión alta e buscando golpear primeiro, pero o Maniños soubo resistir, manter a orde e incluso saír con claridade ao ataque facendo dudar o rival
️.
A ocasión máis clara da primeira metade chegou tras unha espectacular chilena de Hugo, que puido poñer por diante aos brancos cun golpeo de mérito. Deixounos tamén accións polémicas. Primeiro, un penalti por man que o colexiado interpretou fóra da área, ante a protesta do Pote. Co (0-0) chegouse ao descanso.

.

























